As Vangardas na Literatura Galega: Renovación e Movementos Poéticos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 2,81 KB

As Vangardas na Literatura Galega

En Galicia, durante os anos vinte e trinta, xorde un grupo de escritores que constitúen a Xeración do 25, tamén chamada Das Vangardas ou Novecentistas. Este grupo de autores leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas.

As vangardas galegas centráronse principalmente na poesía. Podemos distinguir tres movementos ou escolas poéticas principais:

1. O Hilozoísmo

Ten como tema principal a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. É descrita por medio de imaxes moi plásticas nas que se reúnen elementos visuais e auditivos, cun predominio de cores fortes e vivas.

  • Luis Amado Carballo (1901-1927): Foi o iniciador e principal cultivador desta tendencia. Publicou dous libros de poemas, Proel e O galo, ademais da novela Os pobres de Deus e algúns relatos.

2. Neotrobadorismo

A principios do século XX comezáronse a difundir as cantigas medievais. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas composicións, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, o paralelismo, o refrán, etc.

  • Principais representantes: Fermín Bouza-Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).

3. Creacionismo

Desachegada a poesía da realidade para crear imaxes poéticas que, unidas, forman un poema como unha realidade autónoma.

  • Manuel Antonio (1900-1930): É o seu principal representante. A súa obra caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega e por unha aposta pola renovación temática e formal.
  • De catro en catro: O seu poemario xurdiu da experiencia persoal do poeta durante a navegación nun veleiro entre 1926 e 1927. Fórmano 19 poemas estruturados, en aparencia, como a crónica dunha viaxe con tres etapas (partida, aventura e regreso).

Simbolismo e estrutura en Manuel Antonio

A obra forma un universo simbólico no que o poeta efectúa un diálogo íntimo co cosmos e co mar. A navegación da embarcación remíteo a dous espazos opostos:

  • O mar: Símbolo da aventura e a unión coa natureza.
  • A terra: Espazo onde a vida carece de sentido e a saudade do mar é frecuente.

Ao mesmo tempo que o veleiro navega, o poeta experimenta unha navegación interior na que xorden os seus sentimentos e o seu mundo interior. Un Nós poético protagoniza esta singladura, que está chea de estranxeirismos e tecnicismos náuticos no léxico.