La literatura del exilio gallego (1936-1976): poesía, prosa y teatro en la diáspora
A literatura do exilio entre 1936 e 1976. Poesía, prosa e teatro
Co inicio da Guerra Civil comezou en Galicia un período de forte represión política, o que provocou o exilio de moitos intelectuais galegos, pasando a converterse deste xeito América no principal núcleo de actividade cultural galega.
Na cidade de Buenos Aires reuniuse un gran grupo de exiliados e emigrantes, entre os que se atopaban intelectuais como Castelao, Lorenzo Varela, Luis Seoane e Eduardo Blanco Amor, os cales deron continuidade á nosa literatura desde fóra de Galicia.
Foi na capital arxentina onde se publicaron obras fundamentais da nosa literatura, como Sempre en Galiza de Castelao e A esmorga de Eduardo Blanco Amor, ademais de representarse por primeira vez a obra teatral de Castelao Os vellos non deben namorarse. Ademais, tamén participaron na difusión da nosa lingua mediante a creación de editoriais, coleccións e revistas, como foi o caso da revista Galiza Emigrante.
A poesía
No tocante á poesía, foi un dos xéneros máis cultivados polos escritores do exilio, sendo os seus principais representantes Luis Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita.
O primeiro foi un autor moi polifacético, pois cultivou, ademais da poesía, o teatro, o gravado e a pintura. Nas súas obras realiza unha forte crítica social perante a situación na emigración, dándolle voz ao emigrante anónimo, como se pode observar en Fardel do eisiliado; e tamén ten un poemario que evoca a Galicia medieval, Na brétema, Sant-Iago.
Esta segunda temática, continuadora das Irmandades, foi moi usada por Lorenzo Varela, que buscou reivindicar o pasado histórico e lendario de Galicia en obras como Catro poemas para catro gravados.
A narrativa
No referente á narrativa, esta centrouse na denuncia e crítica da Guerra Civil e das súas consecuencias, ademais de facer referencia á saudade da terra, sendo os maiores escritores deste xénero Silvio Santiago e Ramón Valenzuela.
O ensaio
Tamén tivo moita importancia o ensaio, cuxos cultivadores seguiron a liña iniciada polo Grupo Nós, e entre os que destacou Afonso Daniel Rodríguez Castelao, quen publicou Sempre en Galiza, texto fundamental para o pensamento político galeguista.
O teatro
No tocante ao teatro, este tivo moita importancia grazas ás numerosas compañías teatrais que representaban obras na nosa lingua. Dentro del obsérvanse dúas liñas:
- Teatro culto, que incluíu obras como Os vellos non deben namorarse de Castelao, A soldadeira e O irlandés astrólogo de Luis Seoane.
- Teatro popular.
Conclusión
En definitiva, o exilio non supuxo o cese da actividade cultural de moitos intelectuais, senón que estes continuaron a fomentar e extender a nosa lingua desde o estranxeiro.