Impacto e Realidade da Caza Furtiva en Ruanda

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,64 KB

A caza furtiva de animais protexidos en Ruanda

A caza furtiva, tamén coñecida como furtivismo, é a caza ilegal de animais ou a pesca ilegal de peixes. Os motivos polos cales a caza pode ser ilegal son varios:

  • Se se realiza fóra da tempada legal.
  • Se o cazador non posúe licenza.
  • O uso de armas ilegais.
  • Se a especie cazada está nunha área restrinxida.
  • O uso de medios de caza ilegais (tales como trampas, explosivos e outros).
  • Se o animal ou o peixe está protexido por leis ou está en perigo de extinción.

Contexto e situación en Ruanda

Neste caso, imos falar da situación da caza furtiva en Ruanda. Ruanda é un pequeno país situado en África suroccidental. Nel habitan indíxenas que practican a caza furtiva. Os indíxenas de Ruanda cazan animais protexidos para evitar pasar fame e estes tampouco posúen unha licenza para poder cazar.

Comprendo que a razón pola que cazan eses animais sexa un motivo imprescindible para vivir, a súa alimentación; non obstante, eles poderían evitalo se as autoridades do seu país proporcionasen axudas para obter alimentos por outros medios. Moitos indíxenas que realizan a caza de especies protexidas non son conscientes do dano ambiental que están causando, xa que eles só pensan en non morrer de fame.

Consecuencias para a biodiversidade

Para que os indíxenas deixasen de cazar animais protexidos, terían que ser conscientes das graves consecuencias dos seus actos: a posible extinción dalgunhas especies implica a perda de organismos e, con eles, algúns ecosistemas deixarían de ser sostibles, polo que levaría a un masacre dunha amplia diversidade.

Propostas de solución e alternativas

Por outra banda, tras esa suposta finalización da caza furtiva, estes individuos necesitarían contar con outro medio para a obtención de alimentos. O goberno ha de facilitar coñecementos e recursos para practicar a gandería e a agricultura, ademais de proporcionar alimentos en épocas de malas colleitas.

Conclusión

En conclusión, a caza das especies protexidas supón un perigo para o conxunto da vida e dos seres vivos, xa que todos dependemos de todos, directa ou indirectamente, e, polo tanto, os gobernos teñen que concienciar e dar alternativas a esa caza.

Entradas relacionadas: