Demostrativos e posesivos en galego: usos, valores e exemplos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,01 KB

Demostrativos en galego

AQUEL, -A poden funcionar como substantivos. O significado dependerá do contexto.

AQUELAR

Funciona como verbo e ten dúas variantes de significado. Tamén os participios AQUELADO e AQUELOUTRADO.1

DAQUELA

Ten dous valores:

  • Adverbio de tempo, con valor de entón, naquel tempo.
  • Conxunción consecutiva equivalente a entón, polo tanto.

NISTO, -A; NESTAS; NESAS

Teñen uso como locucións adverbiais: entón, nese mesmo momento, de repente, inmediatamente despois...

ESE

Acompañado ou substituíndo a un nome, sobre todo de persoa, asume un sentido despectivo ou distanciador, que se fai máis marcado cando vai pospost. O desinterese ou indiferenza poden vir pola forma neutra ISO.

  • A rapaza esa non ten arte ningunha.
  • O alumno ese non sabe o que é o esforzo.
  • ¿A iso ye xamais moto?

Expresións feitas

ESTAS (cruces); CON ESAS (lerias, desculpas); ISO XA; ISO SÍ (afirmativos); POR ISO (causa). Úsanse como expresións feitas.

Posesivos en galego

Valores generais

1.- As formas de MEU, TEU, SEU, NOSO, VOSO e SEU dan idea de pertenza exclusiva ou de calidade ou natureza. Teñen coxe de seu; está claro, e raposeiro de seu.

2.- O posesivo de terceira persoa contrae co distributivo CADA, dando as formas CADANSEU/S e CADANSUA/S, con valor distributivo: Veñen á clase con cadanseu caderno.

3.- O posesivo feminino precedido de certas locucións prepositivas e adverbiais equivale a pronome persoal precedido de preposición:

  • Detrás de nós: detrás nosa.
  • Fronte a ela: fronte sua.

4.- As formas de primeira persoa indican familiaridade ou afectividade: Meu neno! Miña xoia!!

Formas con artigo

5.- As formas O MEU, O TEU, O SEU... poden significar «o que é propio», «o que fai cada un» ou «o sentido adecuado», tamén un feito habitual ou que ocorre periodicamente: Toleou moito de novo, mais xa volveu ao seu. Xa volveu o Marcial coa súa teima.

6.- O posesivo masculino plural OS MEUS, TEUS, SEUS, NOSOS, VOSOS e SEUS ten o significado de familia: Esta semana irei de vacacións cos meus.

Valor aproximativo

7.- Usado precedendo a numerais, aporta un valor aproximativo: O seu avó terá os seus noventa anos.

Expresión «as súas»

8.- A forma AS SUAS pode significar «trasnadas», «falcatruadas» ou «o que acostuma a facer ou dicir un/unha persoa»: O meu cativo volve facer das súas. Como arme a das súas, desfágoo todo.