Prexuízos lingüísticos e poesía de vangardas na literatura galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 9,08 KB
Actualizado el
Resumen
O texto analiza os prexuízos sobre o galego, distinguindo os tradicionais e os novos, e logo presenta a poesía de vangardas galega (neotrobadorismo, hilozoísmo e vangardismo) e a poesía das Irmandades da Fala, con autores como Cabanillas, Noriega Varela e Manuel Antonio. O alumnado aprenderá as características, autores e obras principais de cada corrente.
Puntos clave
- Os estereotipos convértense en prexuízos cando se usan de forma negativa e sen xustificación, e aprendense durante a socialización.
- Os vellos prexuízos asocian o galego co rural e a incultura, e o castelán co urbano e o progreso; os novos afectan aos galegofalantes non tradicionais e á variante estándar.
- A poesía de vangardas galega cultivou tres liñas: neotrobadorista, hilozoísta e vangardista.
- Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza Brey e Luís Amado Carballo son representantes das tendencias neotrobadorista e hilozoísta.
- Manuel Antonio é o máximo representante do vangardismo; a súa obra fundamental é De catro en catro (1928).
- As Irmandades da Fala naceron en 1916 na Coruña para defender o galego fronte á represión, con Ramón Cabanillas como poeta máis destacado.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Prexuízos
As linguas son o pilar da vida en sociedade e, por isto, vense condicionadas polos factores sociais. É preciso remarcar tamén a influencia dos estereotipos e dos prexuízos no uso das linguas.
En primeiro lugar, os estereotipos son categorizacións aceptadas pola maioría da sociedade. Se estes estereotipos son empregados dunha maneira negativa, non recoñecendo a existencia de excepcións ou creendo ideas que non teñen xustificación, chegan os prexuízos. Estes xorden por un descoñecemento do xulgado e non son innatos, senón que se aprenden ao longo do proceso de socialización dos individuos. É importante destacar que, ao longo da historia, os prexuízos exercidos sobre o galego fixeron que se xerara un sentimento de autoodio que causou un rexeitamento do idioma por parte dos galegos.
Se nos centramos na evolución dos prexuízos, podemos distinguir dous tipos de prexuízos: os vellos e os novos prexuízos.
En canto aos vellos prexuízos, son aqueles que identifican o galego co rural, coa incultura e co atraso, e o castelán co urbano, coa cultura e co progreso. Así, desenvólvense en diversas áreas.
- Primeiro, atopamos os prexuízos estéticos, que consisten en referencias a algún dos seus trazos particulares.
- Atopamos tamén prexuízos socioeconómicos, que atribúen status económicos en función da lingua empregada.
- E prexuízos socioculturais, que sufriron unha enorme regresión, aínda que non están erradicados de todo, e que relacionan o uso do galego coa incultura e a falta de educación.
Por outra banda, atopamos os novos prexuízos, como o que afecta aos galegofalantes que non cumpren coas características tradicionais da persoa do rural e que, por tanto, son acusados de radicais ideolóxicos, ou o que afecta á variedade estándar do galego, á que se lle acusa de artificialidade, xa que se considera que o galego debe ser empregado na súa variante popular.
Así, podemos concluír que os prexuízos tradicionais foron sufrindo un retroceso, mentres que xurdiron outros prexuízos novos que seguen afectando á situación da lingua galega.
A Poesía de Vangarda
Características, Autores e Obras
As vangardas foron un movemento estético nacido en Europa no século XX, onde os vangardistas galegos, tales como Manuel Antonio ou Álvaro Cunqueiro, se encargaron de participar na renovación da literatura e arte galegas mediante o experimentalismo, a rebeldía e a liberdade creativa.
Se nos centramos na poesía galega de vangardas, cabe destacar que se cultivaron tres liñas (neotrobadorista, hilozoísta e propiamente vangardista), pero as tres tiñan como finalidade modernizar a estética da poesía galega, aínda que algunhas romperan en maior medida coa tradición.
Neotrobadorismo
En primeiro lugar, en canto á tendencia neotrobadorista, podemos remarcar que é un movemento poético que recrea as cantigas de amigo mediante a modernización da súa estética. Moitos dos autores que cultivaron esta liña pertencen ao Seminario de Estudos Galegos e, nas súas obras, combinan a temática (ausencia do amigo) e os elementos (leixaprén ou refrán) das cantigas de amigo con certos trazos do estilo vangardista.
Dentro deste grupo, atopamos autores como Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira (1933) ou Fermín Bouza Brey con Nao senlleira (1933) ou Seitura (1955).
Hilozoísmo
En segundo lugar, atopamos a tendencia hilozoísta (do grego hilo: “materia” e zoe: “vida”), que se caracteriza pola brevidade, a sinxeleza, a abundante prosopopea e a permanencia de esquemas de métrica e rima tradicionais.
Dentro deste grupo, destacamos principalmente a Luís Amado Carballo con Proel (1927) ou O galo (1928); aínda que tamén a cultivaron autores como Eduardo Blanco Amor ou Álvaro de las Casas.
Vangardismo
Por outra banda, en canto á tendencia propiamente vangardista, remarcamos que rompe case totalmente coa tradición, innovando mediante a introdución dos ideais principais da Europa do século XX (ismos).
Podemos destacar, dentro deste grupo, a dous autores:
- En primeiro lugar, atopamos a Álvaro Cunqueiro coas súas obras Mar ao norde (1932) ou Poemas do si e non (1933), aínda que xa remarcamos anteriormente que tamén cultiva a tendencia neotrobadorista.
- Podemos atopar tamén ao vangardista Manuel Antonio, destacable pola súa rebeldía, o seu compromiso nacionalista e os seus ideais anarquistas. Escribe o manifesto ¡Máis alá! (1922), onde expón a súa opinión sobre a renovación da literatura e arte galegas. En canto á súa evolución poética, atopamos tres etapas: a de formación (estilo próximo ao modernismo), a de ruptura vangardista (presenta trazos da liña hilozoísta) e a de retroceso na audacia vangardista (ton desesperanzado). A súa obra fundamental é De catro en catro (1928), composta por 19 poemas, na cal podemos observar diversas liñas interpretativas: estrutura de viaxe marítima real, reflexión existencial porque o navío non navega, reflexión psicolóxica pola presenza de experiencias traumáticas, como a morte do seu pai, ou análise poética pola presenza de frustración e desorientación.
Así, podemos concluír que as vangardas realizaron unha labor de modernización da poesía galega, combinando a tradición coa innovación.
A Poesía das Irmandades da Fala
Características, Autores e Obras
O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, tras o fenómeno da emigración e o movemento obreiro. A calidade das obras literarias está moi por debaixo da das obras do Rexurdimento, aínda que o número de producións sexa maior. A poesía segue a ser o xénero dominante do panorama literario, pero ante esta situación, nacen no 1916, na Coruña, as Irmandades da Fala, que tiveron como principal obxectivo mellorar a situación de represión vivida polo galego naquel momento.
Para isto, levaron a cabo a tradución de obras universais ao galego, crearon editoriais como Lar ou Nós, fomentaron o aumento da diversidade literaria na produción e promoveron o cultivo literario en galego.
Se nos centramos nos poetas integrantes das Irmandades da Fala, podemos destacar aos seguintes:
Ramón Cabanillas
En primeiro lugar, o poeta máis significativo deste grupo é Ramón Cabanillas (1876-1959). Cabanillas entrou en contacto coas ideas galeguistas grazas á súa estancia en Cuba, onde publicou os seus dous primeiros poemarios correspondentes á súa etapa pregaleguista (1910-1915), onde os poemas expresan a nostalxia do desterrado e introduce a temática agrarista: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Tras regresar a Galicia, colaborou na formación das Irmandades da Fala e adoptou o alcume de “Poeta da Raza”, continuando así a súa labor como activista, defendendo as ideas galeguistas mediante a publicación doutras dúas obras principais: Da terra asoballada (1917), que corresponde á súa etapa galeguista (1916-1920), onde transmite as ideas que caracterizan o discurso político das Irmandades, e Na noite estrelecida (1926), que corresponde á súa etapa mítico-saudosista (1921-1930), onde realiza unha reconstrución mitificadora do pasado nacional. En 1920 ingresou na Academia Galega e, no 1929, foi elixido como representante da lingua galega na Real Academia Española e, na etapa de posguerra (segunda madurez, 1939-1959), foi o escritor que elaborou a primeira obra publicada pola editorial Galaxia: Antífona da cantiga (1951), seguindo publicando así obras ata o seu falecemento, como as traducións de Versos de alleas terras e de tempos idos (1955) ou o poemario Samos (1958).
Antonio Noriega Varela
En segundo lugar, podemos destacar a participación de Antonio Noriega Varela (1869-1947) nesta etapa, que escribiu unha soa obra que foi actualizando ao longo da súa vida, dende a súa primeira versión publicada (Montañesas, 1904) á definitiva, titulada Do ermo, publicada en 1946. En canto á temática da obra poética de Noriega Varela, podemos distinguir dous tipos de poesía: a costumista, onde describe a paisaxe de Galicia e a dura vida dos campesiños galegos, e a lírica da montaña, onde describe, dende o impresionismo, as paisaxes montañesas (corrente franciscana).
Outros Poetas
Finalmente, aínda que menos destacables, participaron nas Irmandades da Fala poetas como Gonzalo López Abente (1878-1963), que colaborou en revistas e periódicos do momento, como A Nosa Terra ou Nós, e Vitoriano Taibo (1885-1966), que en vida só publicou un poemario titulado Abrente (1922) e un folleto titulado Da miña roseira (1925), onde podemos observar a súa temática característica: saudosismo, descritivismo e reivindicación patriótica.
Preguntas frecuentes
Cales son os vellos e os novos prexuízos sobre o galego?
Os vellos prexuízos identifican o galego co rural, a incultura e o atraso, e o castelán co urbano e o progreso. Os novos prexuízos afectan aos galegofalantes que non encaixan no estereotipo rural e á variante estándar, á que se acusa de artificialidade.
Cales son as tres liñas da poesía de vangardas galega?
O texto distingue a tendencia neotrobadorista, que recrea as cantigas de amigo; a hilozoísta, caracterizada pola brevidade e a prosopopea; e a propiamente vangardista, que rompe case totalmente coa tradición.
Que foron as Irmandades da Fala?
Foron un grupo fundado en 1916 na Coruña que buscaba mellorar a situación de represión do galego. Promoveron traducións de obras universais, crearon editoriais como Lar ou Nós e fomentaron o cultivo literario en galego.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.