Gramática galega: artigo, pronomes, posesivos, demostrativos e perífrases verbais

Francés635,47 KB

Gramática galega: artigo, pronomes e perífrases verbais

ARTIGO: Artigo determinado: o, a, os, as. Artigo indeterminado: un, unha, uns, unhas.

Pronomes tónicos:
kiAAAAAElFTkSuQmCC

Formas átonas:
A3FGiGcNkwNtAAAAAElFTkSuQmCC

Contracción dos pronomes:
Bcy9RnOaZX8KdliiJdiW4nHu636H4XqIEmmyNVgiuzv8BmkZqS2yCBqQAAAAASUVORK5CYII=

Posesivos e demostrativos

POSESIVO: De meu, de noso, de teu, de voso, de seu. Os meus, os teus... Cadanseu, súa, seus, súas.

DEMOSTRATIVO: O demostrativo contrae coas preposicións de e en: deste, naquel, niso... E co indefinido outro: daqueloutra, nestoutro... Aquel, aquela, daquela, nisto, con estas, nestas.

Uso do infinitivo persoal, conxugado e flexionado

1.1. Debe usarse:

  • 1.1.1. Sempre que o infinitivo vaia introducido por unha preposición antes do verbo principal: Por estardes a enredar, botáronnos.
  • 1.1.2. Cando o infinitivo ten un suxeito propio, diferente do do verbo principal e vai despois: Chegou a policía ao chegaren os rapaces.

1.2. Non pode usarse:

  • 1.2.1. Nas perífrases verbais: Tedes que traballar moito para conseguilo.
  • 1.2.2. Con verbos modais (querer, poder, deber…) e de sentido (ver, sentir, oír)...

Perífrases verbais

Temporais

  • IR + INFINITIVO: movemento, futuro. Vai chover hoxe. Vou ir de vacacións este Nadal.
  • HABER (DE) + INFINITIVO: futuro. Han de chegar.
  • ESTAR A/PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. Olla, está para chover.
  • ANDAR PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. María anda para ter un neno.

Modais: obriga ou hipótese/probabilidade.

  • HABER (DE) + INFINITIVO: hipótese. Ha (de) andar por oitenta pesos. En pretérito: acción a piques de realizarse (ou imperfectiva). Tropezou e houbo caer.
  • HABER QUE + INFINITIVO: obriga. Hai que ser educados e saber comportarse.
  • TER QUE/DE + INFINITIVO: obriga. Síntoo, mais teñen que marchar axiña.
  • DEBER (DE) + INFINITIVO: obriga ou hipótese. Para aprobaren deben tirar un 5. Aquí debe vivir un gaiteiro.
  • PODER + INFINITIVO: hipótese. Podo facer un exame sorpresa en calquera momento.

Aspectuais

a) Imperfectivas: acción na súa duración, desenvolvéndose.

  • ESTAR + XERUNDIO (= A + INF.): Está a chover. Estaba cantando.
  • ANDAR + XERUNDIO: movemento continuado, prolongado. Anda a preparar oposicións.
  • LEVAR + XERUNDIO: incide sobre o inicio. Leva chovendo un mes.
  • SEGUIR + XERUNDIO: continúa un proceso anterior. O Teucro segue a xogar ben.
  • IR + XERUNDIO: progresivo. A cousa vai indo a mellor.
  • VIR + XERUNDIO: segue o anterior. E ti de quen vés sendo?

b) Perfectivas: acción acabada, proceso concluído.

  • ACABAR DE + INFINITIVO: Cando acabedes de charlar, poñédevos a estudar.
  • VIR DE + INFINITIVO: fin dun movemento. Viñen de cantar en París.
  • DEIXAR DE + INFINITIVO: Cando deixe de chover, sairemos dar unha volta.
  • DAR + PARTICIPIO en interrogativas e negativas: non se consegue rematar o proceso iniciado. Eu non dou chapado todo ese librote. Deches sabido onde vive?
  • LEVAR + PARTICIPIO: matiz reiterativo. Eu lévovos sufrido moito nesta vida, meus fillos.
  • TER + PARTICIPIO: matiz reiterativo. Xa che teño dito que non quero probar o tabaco.

c) Terminativas (fin dun proceso):

  • CHEGAR A + INFINITIVO: Nunca chegou a saberse quen foran os asasinos.
  • ACABAR POR + INFINITIVO: Os criminais acabaron por entregarse.
  • VIR A + INFINITIVO: E así foi como veu a saberse quen fora o autor da trasnada.

d) Reiterativas: acción que se repite.

  • VOLVER (A) + INFINITIVO: Se volves (a) tusir, estragarás o concerto.
  • TORNAR (A) + INFINITIVO: Foi recompensado por tornar (a) facer saídas difíciles.

e) Incoativas: proceso no seu inicio.

  • BOTARSE A + INFINITIVO: Cando se botou a chover, fuximos a fume de carozo.
  • PONERSE/PÓRSE A + INFINITIVO: Púxose a cantar unha pandeirada no medio do paraninfo.
  • ROMPER A + INFINITIVO: Ponlle un dente de allo cando rompa a ferver.
  • DAR EN + INFINITIVO: Era marabilloso, ata que deu en pincharse.
  • EMPEZAR A + INFINITIVO: Tápalle a boca, xa empeza a berrar.
  • COMEZAR A + INFINITIVO: Xa comezo a aborrecerme con tanta perífrase.

Relativos, interrogativos e exclamativos

RELATIVO:
CsWTAP8HIzHljf327UIAAAAASUVORK5CYII=

INTERROGATIVO E EXCLAMATIVO:
Axxj5Ze1eAdwAAAAAElFTkSuQmCC

Conxuncións

Conxuncións:
g0FxcbGmXMWP9xX2L28zKAL6GTPpfoM6R5olEQgzApcmjPwDNHEOvYiRaZkAAAAASUVORK5CYII=

Posición do pronome átono

O pronome átono vai despois do verbo, agás se hai un elemento que indique o contrario. O pronome nunca pode iniciar a oración.

Anteposición do pronome átono: o pronome antepóñese nos seguintes casos:

  • En oracións negativas: Non me dixo nada.
  • En oracións interrogativas ou exclamativas con partículas como «que» ou «cando»: Cando che falou?
  • En oracións desiderativas: Oxalá me chamase hoxe.
  • En oracións subordinadas: Dixo que se acordou de min.
  • Con adverbios como xa, só, moito, etc.: Xa o vin.
  • Con indefinidos como ninguén, alguén, todos, etc.: Ninguén me informou.

O pronome átono nas perífrases verbais:

  • Perífrases de infinitivo: pode ir co auxiliar ou despois do infinitivo, dependendo da presenza dun elemento de unión: hei chamarte / hei de te chamar.
  • Perífrases de xerundio: o pronome vai co verbo auxiliar ou despois do xerundio: estouche falando / estou falándoche.
  • Perífrases de participio: o pronome vai co verbo auxiliar: deinas feito.

Estruturas coordinadas

Poden ter máis de dous membros.

  • Copulativas (e, e mais, nin...): Vai á escola e estuda moito.
  • Disxuntivas (ou, ou ben, xa...): Queres té ou café?
  • Distributivas (ou...ou, ben...ben, xa...xa...): Ou estudas agora, ou non haberá tempo despois.

Oracións bipolares

  • Adversativas: TESE / ANTÍTESE (pero, mais, así e todo, senón, non obstante): Quería ir á festa, pero non podía.
  • Concesivas: OBXECCIÓN / CONCESIÓN (aínda que, a pesar de que, malia que...): Aínda que chovía, fomos ao parque.
  • Condicionais: CONDICIONANTE / CONDICIONADO (se, con tal que, sempre que...): Se estudas máis, aprobarás.
  • Causais: CAUSA / CONSECUENCIA (porque, pois, a causa de que, por mor de...): Non fixo os deberes porque se sentía mal.
  • Consecutivas: ANTECEDENTE / CONSECUENTE (tan/tanto...que, así que, de modo que, xa que logo...): Estaba tan nervioso que non puido falar.
  • Comparativas: 1.º TERMO / 2.º TERMO (tanto...como, máis...ca/que, menos...ca/que): É tan alto como o seu irmán.

Entre as unidades establécense distintos tipos de relación.

Descargar

PDF Word HTML