Glosario de Xéneros e Subxéneros Literarios e Dramáticos en Galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,37 KB
Glosario de Xéneros e Subxéneros Literarios e Dramáticos
Este glosario recolle as definicións dos principais xéneros e subxéneros literarios e dramáticos, desde as formas poéticas clásicas ata as representacións teatrais.
Formas Líricas e Poéticas
Elexía
Subxénero que designa polo xeral a todo poema de lamento.
Canción
Composición lírica italiana, dividida en estancias longas, de versos hendecasílabos e heptasílabos, agás a última.
Égloga
Subxénero que dialoga ás veces como unha pequena peza teatral nun só acto, de tema amoroso.
Sátira
Subxénero que expresa indignación cara a alguén ou algo, con propósito moralizador, lúdico ou burlesco. Pode ser en prosa ou verso.
Epístola
Escritura dirixida ou enviada a unha persoa ou grupo de persoas con forma de carta, con intención didáctica, moral ou de distracción.
Epigrama
Composición poética breve que expresa un só pensamento principal, festivo ou satírico, de forma intelixente.
Pranto
Tipo de elexía de carácter culto, propio da Idade Media, en que o poeta lamenta o óbito dun ser querido.
Epitafio
Texto que honra o defunto inscrito nunha lousa ou placa. Tradicionalmente un epitafio está escrito en verso, pero hai excepcións.
Epitalamio
Subxénero lírico grego imitado despois polos romanos, destinado aos cantos nunha voda. Actualmente é usado para resaltar a solemnidade dun acto calquera, como vodas, enterros, misas, etc.
Xéneros Dramáticos e Teatrais
Traxedia
Forma dramática cuxos personaxes protagónicos se ven enfrontados de maneira misteriosa, inexpugnable e inevitable contra o destino ou os deuses, movéndose cara a un desenlace fatal por unha forza cega. As traxedias acaban na morte ou noutro desastre.
Comedia
Xénero dramático que se caracteriza porque os seus personaxes protagonistas se enfrontan ás dificultades da vida, movidos polos seus propios defectos, cara a desenlaces felices onde se escarnece a debilidade humana.
Ópera
Obra musical que designa un xénero de música teatral no que unha acción escénica é cantada e ten acompañamento instrumental.
Opereta
Representación teatral que, a diferenza da ópera, non é totalmente musical, xa que alterna partes faladas e partes musicais.
Autosacramental
Peza teatral relixiosa alegórica dun só acto, de tema preferentemente eucarístico, que se representaba o día de Corpus entre os séculos XVI e XVIII ata a súa prohibición no 1765.
Melodrama
Xénero non realista con anécdotas complexas onde os personaxes son simples. Busca que o espectador teña unha resposta emocional superficial ante os sucesos da escena.
Traxicomedia
Xénero non realista. O protagonista, xeralmente un arquetipo, está en busca dun ideal: amor, amizade, a fraternidade... A anécdota é complexa.
Farsa
Obra teatral baseada en situacións e personaxes extravagantes.
Entremés
Peza dramática choqueira dun só acto, protagonizada por personaxes de clases populares, que se representaba durante o Século de Ouro español ata a súa prohibición no 1780.
Loa
Breve composición dialogada laudatoria en verso que se escenificaba antes do primeiro acto ou xornada dunha comedia.