O Feudalismo: Historia, Sociedade e Cultura Medieval

Historia4,63 KB

O Feudalismo e a súa Orixe

O feudalismo é unha forma de organización económica, social e política baseada nun complexo sistema de relacións persoais.

O feudalismo xurde porque na Europa do século IX a poboación vivía do que producía, as comunicacións eran deficientes e os reis cedían poder á nobreza. Neste clima de inseguridade xurdiu o feudalismo.

O señor entregaba o feudo ó vasalo a cambio de protección. Os señores feudais asumíron funcións que ata daquela correspondían ó rei. Os reis concedéronlles ós nobres a propiedade territorial como feudo polos servizos que recibirían do vasalo. O feudo pasou de préstamo a cesión. As guerras feudais eran frecuentes, polo que existía inseguridade nos camiños e cidades que non tiñan protección dos nobres. Desde o século IX houbo invasións de pobos procedentes das estepas asiáticas (húngaros), Escandinavia (viquingos) e norte de África (sarracenos).

  • Húngaros: penetraban en Europa atravesando a fronteira do río Danubio; foron por Alemaña, Italia, Francia e Cataluña.
  • Viquingos: eran audaces mariños; foron cara ó sur de Europa.
  • Noruegueses: foron a Escocia, illas Feroe e Islandia.
  • Suecos: foron polos ríos de Rusia e chegaron ó mar Caspio e Constantinopla.
  • Sarracenos: eran musulmáns con base en Tunes e en Italia.

O imperio de maior prestixio era o xermánico. Inglaterra foi invadida polo duque de Normandía. Francia quedou dividida en grandes feudos. En España diversos reinos loitaban por ocupar Al-Ándalus. No leste de Europa xurdiron diversos reinos.

A Sociedade Feudal

Sociedade feudal dividida en 3 estamentos:

  • Estamentos privilexiados (nobreza e clero): eran bellatores e oratores.
    • Bellatores: grandes propietarios. Administraban xustiza e cobraban impostos.
    • Oratores: había alto clero (bispos) e baixo clero (sacerdotes e monxes). Dedicaban a súa vida a orar.
  • Non privilexiados (laboratores): eran os viláns, que eran campesiños que traballaban as terras e pagaban ó señor en especies.

Os servos non eran libres, pertencían ó señor; os viláns podían ser servos, xa que carecían de liberdade. As mulleres realizaban tarefas domésticas. A tregua de Deus consistía en evitar todo tipo de loitas desde o mércores ata a mañá do luns.

A Terra e a Economía

A terra: O dominio era a terra do señor, que vivía no castelo.

  • O dominio directo eran as mellores terras do feudo; producían para manter os servos e vendíase no burgo (centro urbano).
  • O dominio útil estaba dividido en parcelas para os viláns. Cada unha tiña unha horta.

Construíase o muíño, o forno e a ferraría para fabricar instrumentos. Os bosques tamén eran do señor. Os campesiños vivían en pobres cabanas illadas ou en aldeas de adobe, pedra ou madeira.

Ordes Monásticas, Educación e Cultura

Ordes monásticas: tiñan como finalidade o afastamento do mundo e unha vida de retiro e recollemento.

A educación: Nos mosteiros ensinábase a teoloxía, aínda que tamén a ciencia, a literatura e a historia. Neles copiaban e difundían manuscritos. Os libros eran en latín.

  • Trivio: gramática, retórica e dialéctica.
  • Quadrivio: aritmética, xeometría, astronomía e música.

A Medicina

Os sufrimentos constantes e o medo á morte desmoralizaban á poboación. Había desconfianza cara ós médicos e empezaron a crer en ritos máxicos e en milagres sobrenaturais.

A Arte Románica

A arte románica era unha arte relixiosa, desenvolvida en Europa occidental. Recuperou o arco de medio punto e a bóveda de canón. A súa difusión deuse pola estabilidade política e o desenvolvemento económico, a introdución de melloras técnicas en arquitectura e a vontade da Igrexa de preservar a unidade de todo o Occidente apoiando unha arte homoxénea.

Os artistas eran artesáns, a maioría anónimos. Consérvanse só castelos, igrexas e mosteiros en zonas rurais, e ten un gran simbolismo.

A pintura era decorativa porque estaba ó servizo da arquitectura, e didáctica porque amosaban escenas da Biblia coa intención de instruír á poboación, que era analfabeta. As formas deformábanse para realzar o valor simbólico.

Descargar

PDF Word HTML