O Antigo Réxime: sociedade estamental, economía e monarquía absoluta no século XVIII

HistoriaActualizado el 4,7 KB

Resumen

O documento explica o Antigo Réxime, o conxunto de relacións sociais, económicas e políticas das monarquías europeas do século XVIII. Analiza a sociedade estamental formada por clero, nobreza e xente do común, a hexemonía do sector primario e o desenvolvemento da industria e do comercio. Tamén describe o absolutismo e o mercantilismo de Colbert, que sustentaban este sistema.

Puntos clave

  • O Antigo Réxime tiña como características a sociedade estamental de orixe feudal, unha economía baseada no sector primario e a monarquía absoluta.
  • A sociedade dividíase en tres ordes: clero, nobreza e xente do común, con inmobilismo vertical e privilexios para a nobreza e o clero.
  • A nobreza dividíase en alta e baixa nobreza, e o clero en alto e baixo clero.
  • O campesiñado, o grupo máis numeroso, estaba sometido ao réxime señorial e pagaba moitos impostos.
  • Os morgados impedían dividir as terras nobres, e as mans mortas do clero non se podían vender.
  • O absolutismo naceu en Francia e apoiábase no mercantilismo de Jean Colbert, que defendía acumular ouro e prata e aplicar proteccionismo.

Ponte a prueba

O Antigo Réxime é o conxunto de relacións sociais, económicas e políticas que caracterizaban as monarquías europeas do século XVIII. Tiña tres características principais:

  • O mantemento da sociedade estamental de orixe feudal.
  • Un sistema económico que se baseaba no sector primario (agricultura e comercio).
  • O sistema político era a monarquía absoluta.

O Mantemento da Sociedade Estamental

A sociedade estamental era a forma de organización social característica do Antigo Réxime. Orixinouse durante a Idade Media e dividía a sociedade en tres ordes ou estamentos: o clero, a nobreza e a xente do común. A sociedade estamental tiña dúas características:

  • O inmobilismo vertical: a xente do común non podía ascender e pertencer á nobreza.
  • A existencia do privilexio: permitía á nobreza e ao clero ter algún beneficio.

As Transformacións na Sociedade Estamental

A Nobreza

A nobreza dividíase en alta e baixa nobreza.

  • A alta nobreza tiña moitas propiedades no campo e recibía diñeiro polos seus dereitos señoriais.
  • A baixa nobreza non tiña moitos cartos e buscaba matrimonios coa burguesía de máis diñeiro, que á súa vez desexaba ser nobre.

O Clero

O clero dividíase en alto clero e baixo clero.

  • O alto clero estaba formado polos fillos menores das familias nobres e tiña os señoríos eclesiásticos.
  • O baixo clero estaba formado por persoas procedentes da xente do común e moitas veces vivía nun estado de miseria próxima á do campesiñado.

A Xente do Común

A xente do común estaba composta pola burguesía e os campesiños.

O Campesiñado

O campesiñado, o grupo máis numeroso, tiña unha influencia limitada na sociedade, xa que só unha porcentaxe moi pequena eran propietarios das súas terras, e o resto estaba sometido ao réxime señorial.

A Burguesía

A burguesía era a máis importante. Os burgueses estaban libres do réxime señorial, pero non podían acceder ao poder político, debido á alta nobreza e ao alto clero.

Centralización

Modelo de goberno e administración no que as decisións se toman por unha soa institución ou persoa, sen delegar autoridade.

Réxime Señorial

Sistema polo que os campesiños traballaban nos señoríos, terras pertencentes á nobreza e ao clero, a cambio dunhas rendas.

A Hexemonía do Sector Primario

No século XVIII dedicábase á agricultura, que era unha produción de subsistencia. A maior parte das terras dedicábanse a cultivar cereais e produtos destinados ao comercio (vide e oliveira). A agricultura dependía do clima.

A propiedade da terra estaba nas mans dos privilexiados: as terras da nobreza nunca se dividían debido aos morgados (lei que obriga a transmitirlle todo o patrimonio ao fillo máis vello do señor), e as terras eran cada vez máis grandes e difíciles de administrar. Parte das terras do clero, as mans mortas, tampouco se podían vender ao estar baixo a protección directa do rei.

Os campesiños que non tiñan terras estaban sometidos ao réxime señorial (eran servos dun señor). Ademais, os campesiños debían pagar moitos outros impostos á Igrexa e á monarquía.

O Desenvolvemento da Industria e do Comercio

A industria foi impulsada polos reis. A nobreza e o clero, que concentraban o capital, non podían investilo na industria e preferían investilo nas terras. Creáronse Reais Fábricas.

O comercio exterior creceu moito. A monarquía concedíalle o monopolio do comercio dunha zona a unha determinada compañía comercial. O comercio interior tiña problemas debido ao control dos gremios. A burguesía enriqueceríase.

O Mantemento do Absolutismo

O absolutismo era o sistema político que rexía na maior parte de Europa ao principio do século XVIII. O rei concentraba o poder lexislativo, executivo, xudicial, etc. O absolutismo naceu en Francia, apoiándose en teorías como as de Bossuet, que defendían a orixe divina da monarquía.

O absolutismo apoiábase no mercantilismo (sistema económico desenvolvido polo ministro de facenda de Luís XIV, Jean Colbert). Colbert defendía tres ideas principais:

  • Un estado era máis rico canto máis ouro e prata tivese.
  • Para captar os metais, había que desenvolver o comercio exterior e, para evitar que os metais saísen do país, implantar un proteccionismo económico.
  • O estado debía intervir noutros aspectos da economía.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é o réxime señorial?

É o sistema polo que os campesiños traballaban nos señoríos, terras pertencentes á nobreza e ao clero, a cambio dunhas rendas.

Que é o morgado?

É unha lei que obriga a transmitir todo o patrimonio ao fillo máis vello do señor, polo que as terras da nobreza non se dividían.

Que defendía o mercantilismo de Colbert?

Defendía que un estado era máis rico canto máis ouro e prata tivese, que había que desenvolver o comercio exterior e aplicar proteccionismo, e que o estado debía intervir na economía.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cales eran as tres características principais do Antigo Réxime?
2. Cantos ordes ou estamentos dividían a sociedade estamental?
3. Por que os burgueses non podían acceder ao poder político?
4. Que era o morgado?
5. Onde naceu o absolutismo segundo o texto?
6. Que defendía Jean Colbert?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.