Estratexias e Formas de Crecimiento Empresarial: Claves do Éxito Corporativo

Otras lenguas extranjeras3,29 KB

Motivos do Crecemento Empresarial

Hai moitas razóns que levan as empresas a crecer, pero en xeral, ter unha maior dimensión significa mostrar o éxito da súa actuación, o que para os directivos significa mellor remuneración e prestixio e, para os accionistas, conseguir un maior dividendo estable.

Estratexias de Crecemento

Na súa actividade principal, as empresas crecen mediante:

  • Crecemento interno: isto é, ampliando a súa capacidade produtiva por medio da ampliación das instalacións.
  • Crecemento externo: montando novas plantas de produción ou comprando ou asociándose con outras empresas do mesmo sector.

Outras formas de crecer son: diversificando as súas actividades produtivas, ampliando o seu ámbito de actuación, establecendo as súas propias redes de distribución, absorvendo outras empresas creadoras de materias primas ou produtos semielaborados relacionados coa súa actividade.

Crecemento Horizontal

É a ampliación da capacidade produtiva pola unión das capacidades doutras empresas no seo dunha industria ou sector. Pode facerse por medio de fususións, adquisicións e participacións en capital.

Formas Estables de Colaboración Interempresarial

  • Trust: asociación de empresas que producen os mesmos produtos ou servizos e operan na mesma industria, creando un monopolio mediante a fixación de prezos ou a cesión dun paquete de accións que supoñen control. Os trusts tamén poden ser verticais no caso de que as empresas asociadas efectúen actividades complementarias ou de distintas fases do proceso produtivo. Ex: Repsol.
  • Cartel: acordo entre varias empresas para fixar os prezos da venda do produto ou establecer unhas cotas ou niveis de produción co ánimo de controlar o mercado e así anular a competencia.

Crecemento Vertical

Son asociacións ou formas de concentración que controlan todas as cadeas dun produto.

Formas Mixtas de Crecemento

  • Holding: é unha sociedade que, sen ter unha actividade produtiva concreta, participa no capital doutras sociedades que controla e dirixe, e que á súa vez participan no capital doutras. Ex: Zara.

Outras Formas de Colaboración que Favorecen o Crecemento

  • Cluster: asociación de empresas que abarca a cadea de produción, incluindo nesta as firmas auxiliares. Neles pérsoguese a unión das actividades estratéxicas que compartan gastos comúns. En Galicia hai dous clusters importantes: o de acuicultura e o do automóbil.
  • Joint Venture: son acordos entre dúas ou máis empresas que achegan capital ou algún outro activo. En xeral, realízanse entre empresas de diferentes países cando unha delas quere operar nun país sobre o que non ten moita información. A empresa estranxeira achega capital e tecnoloxía, mentres que o socio local achega coñecementos sobre o mercado local e como acceder a el.

Descargar

PDF Word HTML