Efectos e métodos de contención e limpeza de vertidos de petróleo
Efectos dun vertido
A curto prazo
1. Por revestimento e asfixia
- Redución da transmisión da luz.
- Redución do osíxeno disolto.
- Danos ás aves acuáticas: as plumas reducen a súa flotabilidade e o seu poder illante.
- Asfixia de algas e líquenes intermareais.
2. Por toxicidade do petróleo
- Anestesia e narcose a baixas concentracións.
- Danos celulares e morte a altas concentracións.
A longo prazo
- Alteración dos procesos biolóxicos mediados por mensaxeiros químicos diluídos na auga do mar.
- Bioacumulación: son estables dentro dos organismos.
Métodos de contención dun vertido
- Botalóns flotantes: tubo flotante cun faldón lastrado. Son máis efectivos con auga calma e vertidos pequenos.
- Barreiras de burbullas: liberación de aire comprimido desde unha mangueira perforada e submerxida. Fórmase unha cortina de burbullas que impide os movementos do petróleo. Non é efectiva se hai correntes ou ventos.
- Aditivos químicos que xelifican o petróleo, que se poderían aplicar nos bordos da mancha para contela. Está aínda en investigación. A resistencia do xel é afectada por: baixas temperaturas, presenza de impurezas, etc.
Métodos de limpeza
- Métodos mecánicos: retirar por succión o petróleo da auga. Son máis efectivos cando a auga está en calma e as manchas están contidas.
- Degradación biolóxica acelerada ou biorremediación. O problema é que aumenta moito a cantidade de osíxeno requirido para degradar o petróleo e podería danar outros organismos.
- Combustión: a fracción máis fácil de queimar evapórase de inmediato. O residuo tras a combustión é máis difícil de recoller que o petróleo líquido. Produce contaminación do aire.
- Absorbentes (palla): o petróleo adhírese á fibra e despois exprímese.
- Axentes de afundimento: fan que o petróleo se afunda ao combinarse con eles. Morren os animais do fondo. É difícil de degradar (pois requírese osíxeno). O fondo convertería en fonte de contaminación a longo prazo.
- Emulsionar o petróleo con auga (detergentes): permiten mesturar o petróleo e a auga, mellorando a degradación natural por microorganismos.
A calidade da auga
Un parámetro é un indicador das características e propiedades que os contaminantes proporcionan á auga.
1. Parámetros físicos
- Turbidez (transparencia), presenza de partículas ou microorganismos.
- Características organolépticas (cor, sabor e olor).
- Conductividade eléctrica: depende da cantidade de sales disoltas e é proporcional aos sólidos disoltos e en suspensión.
2. Parámetros químicos
- Presenza de ións: bicarbonato, cloruro, sulfato.
- Osíxeno disolto (OD): esencial para a vida acuática. Diminúe se hai vertidos orgánicos, que se gastan en descomposición.
- DBO5: cantidade de osíxeno que necesitan os microorganismos para oxidar a materia orgánica en 5 días (a 30 ºC). Neste tempo, os compostos sinxelos (como a glicosa) oxídanse case completamente, mentres que os complexos se oxidan nun 40%.
- DQO: cantidade de osíxeno necesario para oxidar os compostos orgánicos sen a participación de seres vivos, en medio ácido. Actúan axentes químicos.
- COT (carbono orgánico total): rómpese en unidades de C e posteriormente oxídase a CO2. É facilmente medible.
- pH: afecta ás reaccións químicas e biolóxicas.
- Alcalinidade, debida á presenza do ión carbonato ou hidroxilo.
- Dureza: concentración de CaCO3.
- Nitróxeno orgánico e amoníaco: indican contaminación recente.
3. Parámetros biolóxicos
Cantidade de microorganismos na auga.
- Virus, bacterias coliformes e fungos: ocasionan olores e sabores.
- Algas verde-azuladas e protozoos: transmiten enfermidades.
Índices
- Físico-químicos: consideran as características da auga.
- Bióticos: sinalan variacións na biocenose.