Lingua minorizada e lingua minoritaria: diferenzas e exemplos

Lengua y literaturaActualizado el 2,53 KB

Resumen

O texto explica a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria, dous conceptos que non deben confundirse. Tamén repasa a orixe do concepto de Estado-nación e a súa relación coa homoxeneización lingüística. Coa axuda de exemplos como o alemán, o sardo ou o grego, mostra que unha lingua pode ser maioritaria en número de falantes e aínda así estar minorizada.

Puntos clave

  • Lingua minorizada: lingua sen prestixio ou pouco normalizada, aínda que teña moitos falantes.
  • Lingua minoritaria: lingua con menor número de falantes nun determinado territorio.
  • Lingua maiorizada ou hexemónica: lingua oficial dun Estado, con prestixio e totalmente normalizada, que cumpre as sete funcións lingüísticas.
  • O concepto de Estado-nación do século XIX buscaba a homoxeneización idiomática, con unha única lingua oficial.
  • O plurilingüismo é o habitual en moitos Estados, como o español, mentres que o unilingüismo é a excepción.
  • As linguas minorizadas sofren a competencia doutra lingua allea, o que ameaza a súa supervivencia.

Ponte a prueba

Lingua minorizada e lingua minoritaria: Definición, semellanzas e diferenzas

En xeral, enténdese por linguas minorizadas todas aquelas que non son oficiais nun Estado ou que, sendo cooficiais, gozan de menor prestixio e están pouco ou nada normalizadas.

Opóñense a estas as linguas maiorizadas ou hexemónicas, que son as oficiais dun Estado, posúen prestixio sociocultural e están totalmente normalizadas; é dicir, cumpren as sete funcións lingüísticas.

Orixe histórica: O concepto de Estado-nación

Esta situación ten a súa orixe no concepto de Estado-nación xurdido no século XIX, que se entendía como gardián da defensa do que é común, potenciando os elementos integradores sobre os particularismos disgregadores.

O elemento fundamental é a homoxeneización idiomática, que supoñía a adopción dunha única lingua oficial para todo o territorio. Para esta consideración de Estado-nación, o plurilingüismo é un feito marxinal e anómalo.

Sen embargo, existen poucos estados en Europa que sexan lingüisticamente homoxéneos (por exemplo, Islandia). O Estado español ocupa un dos primeiros lugares en canto a estados plurilingües; polo tanto, o plurilingüismo é o habitual, mentres que o unilingüismo é o anormal.

Distinción entre lingua minorizada e minoritaria

Interesa aclarar que non debemos confundir lingua minorizada con lingua minoritaria:

  • Lingua minoritaria: é a que ten menor número de falantes nun determinado territorio.
  • Lingua minorizada: é a que sofre unha situación de falta de prestixio ou normalización, aínda que poida ser maioritaria en número de falantes.

Exemplos e casuística

Podemos atopar diferentes escenarios:

  • Unha lingua pode ser maioritaria nun Estado e minoritaria noutro (exemplo: o alemán).
  • Unha lingua maioritaria nun territorio pode estar minorizada (exemplo: o sardo).
  • Unha lingua pode ser maioritaria e maiorizada nun territorio (exemplo: o grego).

Os conceptos de lingua maioritaria e minorizada non explican sempre o prestixio que socialmente se lles atribúe aos distintos idiomas. Cabe sinalar que as linguas minorizadas sofren a competencia doutra lingua allea á comunidade, o que constitúe unha ameaza para a súa supervivencia. As solucións pasan ou ben por eliminar a diversidade lingüística, ou ben por protexela con todas as consecuencias.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal é a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria?

A lingua minoritaria é a que ten menos falantes nun territorio, mentres que a minorizada sofre falta de prestixio ou de normalización, aínda que poida ter moitos falantes. Unha lingua pode ser unha cousa e a outra á vez, ou só unha delas.

Que é unha lingua maiorizada ou hexemónica?

É a lingua oficial dun Estado, que goza de prestixio sociocultural e está totalmente normalizada, cumprindo as sete funcións lingüísticas.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que caracteriza a unha lingua minorizada?
2. Que é unha lingua minoritaria segundo o texto?
3. Que buscaba o concepto de Estado-nación xurdido no século XIX?
4. Que exemplo do texto mostra unha lingua maioritaria nun territorio que aínda así está minorizada?
5. Segundo o texto, que é máis habitual nos Estados?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.