As vangardas en galicia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,15 KB
AS VANGARDAS EN GALICIA: Máis que movementos de vangarda propiamente ditos, o que se produce no campo literario é a apropiación de diversos repertorios dos movementos da vangarda europeos. Desenvólvense 3 liñas de renovación: VANGARDISTA: coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro; HILOZOÍSTA: coa obra de Amado Carballo; NEOTROBADORISMO: os representantes son Fermín Bouza- e Álvaro Cunqueiro.
A xeración de vangarda galega vén recibindo diversas denominacións. As características desta xeración vangardista pódense resumir en: ruptura coa tradición inmediata, labor de actualización e modernización da lírica galega,revistas literarias como posta das súas estéticas. Outros autores dividen o período vangardista nunha vangarda plena,matizada e unha reformulación da tradición medieval.
TENDENCIA VANGUARDISTA: MANUEL ANTONIOPreocupado pola súa forma intelectual e literaria. Caracterizouse polo seu anticonformismo, radicalismo político e monolingüismo. Firmou co debuxante Álvaro Cebreiro o manifesto Máis Alá que trata sobre un chamamento á mocidade intelectual galega, desde a rebeldía contra os vellos. Se ataca ós precursores, chamados "pollitos bien". Renégase a imitación, propúgnase o monolingüismo e a ruptura coa liña literaria anterior. A súa obra poética pódese dividir en 3 etapas: 1ª etapa: corresponde coa interiorización das vangardas e 1º anos de aprendizaxe literaria. "Con anacos do meu interior", "Foulas", "Sempre e mais dispois"; 2ª etapa: vangardista. Publica o único poemario: "De catro a catro". Distingue relacións entre os seguintes símbolos: o barco, a noite, o vento e o binomio terra/mar. Algúns trazos vangardistas máis destacados son a desaparición do ritmo e da rima. Os poemas constrúense como unha sucesión de imaxes impactantes; 3ª etapa: constituída por "Viladomar". Volve o ton da 1ª etapa. Reencóntrase coas imaxes popularizantes.ÁLVARO CUNQUEIRO: xunto con Manuel Antonio é o introductor das vangardas en Galicia. O seu 1º poemario é "Mar ao Norde" en 1932, onde introduce elementos futuristas. En 1933 publica "Poemas do si e do non" onde atopamos influencias do surrealismo.
TENDENCIA HILOZISTA: LUIS AMADO CARBALLO para a crítica é o máis destacado representante do hilozoísmo, onde só deixa 2 poemarios: "Proel" e "O galo". Proel é o libro fundacional do hilozoísmo. é un poemario breve, con textos curtos nos que a paisaxe recobra a súa dimensión plástica. Os elementos naturais aparecen personificados. En xeral tivo moi boa acollida por parte da crítica e do galeguismo.
TENDENCIA NEOTROBADORISTA: Unha das máis importantes consecuencias da recuperación da nosa tradición medieval foi o que se coñece como neotrobadorismo. É unha corrente literaria que recorre ás cantigas para recrealas. O poemario "Nao Senlleira" de Fermín Bouza Brey foi considerado como obra fundacional. Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro son o máximos representantes do neotrobadorismo. Nese ano editouse tamén "Cantiga nova que se chama Riveira" e "Poemas do si e do non" de Cunqueiro. En Cantiga nova que se chama Riveira aparece, por un lado, a cantiga medieval, e por outro lado, o seguimento da lírica tradicional popular.