Cristòfol Despuig e Os col·loquis de Tortosa: Reivindicación do catalán
Cristòfol Despuig e Os col·loquis de Tortosa
05.1 Reivindicación do catalán
Unha das características da obra de Cristòfol Despuig que o diferencia da resto dos autores que estudamos ata agora é a elección do catalán como única lingua das súas obras. Optar polo catalán é unha acción premeditada, tal como explica no prólogo da súa obra máis famosa:
«No he volgut escriure-la en llengua castellana per no mostrar tenir en poc la catalana i també per no valer-me de llengua estranya per a defensar i il·lustrar la naturalesa pròpia, que és la principal intenció de mon treball, ni tampoc l’he volguda escriure en la llatina, perquè no pareguera ser tan generalment tractada i entesa per la nostra nació com jo volguera.»
Cristòfol DESPUIG
05.3 O diálogo, un xénero renacentista
O diálogo é un dos xéneros puramente renacentistas. A modalidade dialogada consiste nun texto en prosa no que varios interlocutores intercambian ideas e ideoloxías nun contexto de ficción creado polo escritor. Entre outros trazos distinguimos a verosimilitude e a imitación das condutas habituais cando dúas ou máis persoas dialogan espontaneamente. Nos territorios de fala catalá escribironse uns trinta diálogos por parte de ilustres da literatura como Joan Lluís Vives ou Antoni Agustí.
05.4 Os col·loquis
Os Col·loquis de la insigne ciutat de Tortosa (1557) compóñenos seis diálogos entre tres interlocutores que pasean pola cidade de Tortosa. Mentres camiñan abordan temáticas diversas que lles preocupan da realidade catalá do século XVI: a lingua, a política e o contexto eclesiástico e social. Os tres personaxes chámanse Pedro, Lívio ou Lúcio e Fàbio.
Los col·loquis de la insigne ciutat de Tortosa. A cura de Joan Tres
Curial
Despuig dá aínda un paso máis nesta defensa de Catalunya, criticando a actitude centralista da coroa de Castela: «Casi tots los historiògrafos castellans estan en lo mateix, de voler nomenar Castella per tota Espanya».
05.2 O papel da censura
Malia que Los col·loquis de la insigne ciutat de Tortosa foron redactados no ano 1557, non se publicaron ata o século XIX. O autor non o fixo por temor da censura da Inquisición.