Conceptos fundamentais de economía: sectores, mercado laboral e sistemas económicos

Economía7,56 KB

A actividade económica e os seus sectores

Chámase actividade económica a calquera proceso mediante o cal obtemos os bens e mais os servizos que cobren as nosas necesidades. As actividades económicas abranguen tres fases: produción, distribución e consumo. As necesidades e os desexos das persoas son infinitos, pero os recursos son limitados. A economía é a ciencia que estuda todos estes aspectos.

Os sectores económicos

  • Sector primario: actividade destinada a obter alimentos e materias primas vexetais e animais do medio natural.
  • Sector secundario: engloba as actividades económicas que transforman as materias primas extraídas da natureza en produtos elaborados.
  • Sector terciario: non produce un ben material, senón que presta un servizo á sociedade.

Problemáticas do ámbito socioeconómico

  • Economía somerxida: engloba as actividades económicas non declaradas oficialmente que se realizan á marxe da legalidade.
  • Discriminación da muller: sofren discriminación, reciben salarios por debaixo dos seus compañeiros homes e, nos países subdesenvolvidos, néganselles os préstamos para o inicio dun negocio.
  • A explotación infantil: a UNICEF considera explotación infantil aos nenos menores de 12 anos que traballan e aos que teñen entre 12 e 14 anos se o traballo non lles permite ir á escola, se é un traballo perigoso, se lles afecta social ou psicoloxicamente, ou se son escravizados (obrigados a realizar o traballo).

Axentes que interveñen na actividade económica

Na actividade económica interveñen diferentes figuras esenciais:

  • As persoas: participan na produción proporcionándolles ás empresas e ao Estado o seu traballo e o seu capital, e consomen os bens e servizos que se producen.
  • As empresas: dedícanse á produción de bens e servizos a cambio duns beneficios. Para iso necesitan o traballo dunha persoa. As empresas poden clasificarse segundo diferentes criterios:
    • Segundo a propiedade: poden ser públicas (se son propiedade do Estado ou doutras administracións) ou privadas (se pertencen a particulares).
    • Segundo o número de socios: poden ser empresas individuais (pertencen a unha persoa) ou sociedades se pertencen a varias persoas (hai sociedades limitadas e sociedades anónimas).
    • Segundo o tamaño:
      • Microempresas: teñen menos de 10 traballadores e facturan ata 2 millóns de euros anuais.
      • Empresas pequenas: de 10 a 50 traballadores e entre 2 e 10 millóns de euros.
      • Empresas medianas: ata 250 traballadores e ata 50 millóns de euros.
      • Empresas grandes: se superan esas cifras.
  • O Estado: elabora as normas que regulan a actividade económica do país, incentiva a actividade do sector privado mediante subvencións e outras axudas, crea empresas en sectores estratéxicos, presta servizos públicos e xera moitos empregos.
  • Os impostos: son un pago que os individuos e as empresas deben facer a un organismo público. Existen os impostos directos (que gravan directamente as rendas) e os impostos indirectos (que son os que se pagan ao adquirir bens e servizos).

Factores de produción e tecnoloxía

  • Recursos naturais: o proceso de produción utiliza moitos recursos que ofrece a natureza; algúns son renovables, pero outros non.
  • O capital:
    • Capital físico: está constituído polos elementos materiais.
    • Capital humano: fai referencia á formación ou cualificación dos traballadores e á súa experiencia.
    • Capital financeiro: é o diñeiro que se necesita para fundar unha empresa e manter a súa actividade.
  • A tecnoloxía:
    • Produción manual: é aquela na que o ser humano proporciona a forza e o manexo das ferramentas.
    • Produción mecanizada: é aquela na que a maquinaria proporciona a forza, pero é o traballador quen manexa as ferramentas.
    • Produción robotizada: é aquela na que as máquinas proporcionan a forza e controlan as ferramentas, mentres os traballadores se limitan unicamente a programar as máquinas e supervisar o seu correcto funcionamento.

O mercado de traballo e o desemprego

A poboación activa pode estar ocupada (é dicir, ten emprego) ou parada (que é a que non ten traballo, pero o busca e está dispoñible para incorporarse de forma inmediata).

Organización do mercado de traballo

Existen distintos tipos de traballadores remunerados:

  • Traballo por conta allea: son os traballadores asalariados.
  • Cooperativas: teñen un funcionamento democrático á hora de tomar decisións e de repartir os beneficios.
  • Por conta propia: son os traballadores autónomos.

Os empresarios están representados polas federacións empresariais (ese colectivo coñécese como patronal) e os traballadores están representados polos sindicatos.

O problema do paro

O desemprego clasifícase en: cíclico, estacional, estrutural e tecnolóxico.

As consecuencias do paro son diversas: se hai xente parada, o consumo diminúe e as empresas non poden vender toda a súa produción; diminúe a recadación de impostos e aumentan os gastos do Estado; aumenta a economía somerxida e inflúe negativamente no comportamento e benestar das persoas.

Sistemas económicos e estruturas de mercado

Modelos de sistemas económicos

  • O sistema de subsistencia: as familias producen todo o que necesitan para cubrir as súas necesidades; o que lles sobra véndeno ou intercambiano no mercado local.
  • O sistema comunista: non recoñece a propiedade privada dos medios de produción; o Estado controla todos os aspectos da economía.
  • O sistema capitalista: baséase na propiedade privada dos medios de produción, a procura do beneficio como motor da actividade económica, a regulación do número de produtos elaborados e a existencia de libre competencia.

Estruturas de mercado

  • Monopolio: dáse cando unha soa empresa controla a produción e venda dun produto.
  • Oligopolio: o control dun produto ou servizo está nas mans dunhas poucas empresas.

Descargar

PDF Word HTML