Conceptos de narratoloxía e literatura galega de vangarda
Narratoloxía e análise textual
Tipos de narrador
Narrador: pode situarse dentro da diéxese (se tamén é personaxe) ou fóra da diéxese.
Variedades diafásicas e rexistros
Variedades diafásicas: distintas maneiras de expresarse que ten unha persoa segundo as circunstancias ou situación. Dependen de:
- Intención
- Tema
- Destinatario
- Situación comunicativa
- Canle
Rexistros lingüísticos: modo de expresarse en función das circunstancias.
Variedade estándar: modelo ideal para todos os falantes.
O tempo do discurso
O tempo do discurso pode ser:
- Lineal
- Con anacronías:
- Analepse: salto ao pasado.
- Prolepse: salto ao futuro.
Procedementos de ritmo temporal:
- Resumo: ritmo rápido; abrangue un período longo nunhas poucas liñas.
- Elipse: ritmo rápido; suprímense partes pouco interesantes.
- Digresión: ritmo lento; moitos detalles e adxectivación innecesaria.
- Descrición: ritmo lento; dase información pero non se avanza.
- Ralentí: ritmo lento.
Tipoloxía de percorridos
- Percorrido circular: o protagonista afástase do lugar inicial para sufrir aventuras e regresar sentíndose diferente.
- Percorrido de desterro: afastamento do lugar inicial sen posibilidade de regreso.
- Percorrido labiríntico: a acción desenvólvese nun espazo do que o protagonista non logra escapar.
Vangardas na literatura galega
Vangardas: movementos artísticos do século XX que pretenden unha renovación total da arte. Son unha ruptura coa tradición literaria e defenden a creatividade e a orixinalidade.
A Xeración do 25
Xeración do 25: os autores máis importantes son Manuel Antonio, Luís Amado Carballo e Álvaro Cunqueiro.
Revistas principais: Alfar, Ronsel, Yunque, Papel de color.
Correntes vangardistas galegas
Hilozoísmo ou imaxinismo
- Tema: natureza animada, humanizada e con personificacións.
- Métrica sinxela.
- Elementos visuais e auditivos: o iniciador foi Luís Amado Carballo (Proel, O galo).
Neotrobadorismo
Recuperación de numerosos elementos da lírica medieval: tema amoroso, paralelismo, refrán...
- Fermín Bouza Brey: Nao senlleira.
- Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira e Dona do corpo delgado.
Autores destacados
Manuel Antonio: creacionista. Supón unha ruptura coa tradición literaria galega (De catro a catro, Follas sen data dun diario de abordo = crónica dunha viaxe con tres etapas: partida, aventura e regreso). Escribe o manifesto Máis Alá, xunto con Álvaro Cebreiro, no que defenden a liberdade creativa e a orixinalidade. Manuel Antonio a miúdo fala de barcos e do mar.
Rafael Dieste: autor de Dos arquivos do trasno (un conxunto de relatos de misterio).