Características dos Textos Descritivos, Narrativos e Dialogados en Galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 3,27 KB

Texto Descritivo

Trazos básicos: predomina a frase nominal e o adxetivo en particular. Verbos de estado, como haber, ser, estar, semellar... Presente de indicativo e pretérito imperfecto de indicativo (era, usaba, tiña...). Adverbios, preposicións e expresións locativas (na cara, no medio, por alí...). Oracións comparativas, enumeracións, tecnicismos, etc.

Tipos de descricións de persoas

  • Prosopografía: só trazos físicos.
  • Etopeia: trazos psicolóxicos.
  • Retrato: físicos e psicolóxicos.
  • Caricatura: esaxéranse trazos físicos e psicolóxicos.

Descricións de lugar

De ambiente e doutros seres ou obxectos.

Texto Narrativo

Trazos básicos: verbos de acción e proceso (poñer, chamar, dicir...). Pretérito perfecto ou pluscuamperfecto (puxo, viu, chamou...). Adverbios e expresións temporais (mentres agardaba, pooco despois...). Ritmo narrativo con oracións breves e un ritmo rápido (as oracións longas daríanlle un ritmo lento á narración).

Elementos da narración

  • Introdución: preséntanse os personaxes e os feitos.
  • Nó: relátanse os acontecementos.
  • Desenlace: remate da historia.
  • In media res: iníciase o relato cuns feitos para logo ofrecer acontecementos posteriores e anteriores.
  • Flash-back: a narración comeza polo final.

O narrador

  • Omnisciente: usa a 3ª persoa e coñece o que pensan e senten os personaxes.
  • Protagonista: emprega a 1ª persoa e relata como se fose o protagonista.
  • Testemuña: usa a 1ª ou 3ª persoa, é un simple espectador e conta o que ve.

Personaxes, espazo e tempo

  • Personaxes principais: son o motor da acción.
  • Personaxes secundarios: participación menos relevante.
  • Espazo: é o lugar onde se sitúan os feitos.
  • Tempo: é o tempo cronolóxico ou o xeito no que se ordenan temporalmente.

Texto Dialogado

Pronomes e verbos en 1ª e 2ª persoa de singular ou plural (ti, me, empecei, darías...). Oracións curtas e simples. Rexistro oral coloquial (tío, molón, guai...). Interrogacións e exclamacións.

Estilos de diálogo

  • Estilo directo: reprodúcese literalmente. Adoitan aparecer os verba dicendi como dicir, contestar, preguntar; introdúcense guións e comiñas.
  • Estilo indirecto: asume no seu discurso as palabras dos personaxes, emprega o verba dicendi, sen guións e sen signos.
  • Estilo indirecto libre: variante do anterior, pero neste caso introdúcese no discurso palabras sen verba dicendi nin guións, e co vocabulario e estilo deste personaxe.