Cantigas de Santa Maria y Prosa Medieval Gallego-Portuguesa: Estructura, Temas y Características

Otras lenguas extranjeras4,33 KB

Estructura

As cantigas agrúpanse en series en que as nove primeiras son cantigas narrativas e a décima de loor. O número 10 tiña no código simbólico medieval o valor da perfección e da totalidade. As cantigas que aparecen nas centenas expresan favores que o Rei solicitou á Virxe, e as que rematan en cinco van acompañadas polo dobre de miniaturas que as restantes.

As cantigas narrativas

  • Epígrafe: resume o contido da cantiga e aparece ás veces complementada cunha estrofa que serve para detallar o que vai ser contado ou para demandar a atención do público.
  • Refrán: condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir.
  • Cobras: co refrán final de cada unha.

O contido das cantigas narrativas

  1. Un resume do que narra a cantiga, que se expresa na epígrafe.
  2. Unha breve presentación do protagonista e do seu contexto.
  3. Unha formulación do problema que afecta a ese protagonista.
  4. Unha intervención milagreira da Virxe que resolve o problema e que responde á seguinte casuística:
    • a) A Virxe socorre a alguén que está en perigo, cativo ou enfermo.
    • b) A Virxe castiga a delincuentes, pagáns, mouros, xudeus e pecadores.
    • c) A Virxe interven para premiar a fidelidade, a devoción e a virtude.
    • d) A Virxe defende algún santuario ou igrexa da súa advocación.
  5. Unha lección moralizante final, acompañada de agradecementos á Virxe.

As cantigas non narrativas

De carácter himnico. Expresan devoción á Virxe e están cheas de tópicos sobre as súas virtudes. Abordan motivos como o contraste entre Eva e María e a glosa do significado das letras que forman o nome da Virxe.

A prosa medieval

A prosa literaria galego-portuguesa medieval é máis escasa, máis serôdia e menos orixinal que a lírica. Os primeiros textos en prosa escritos en galego-portugués foron versións de textos bíblicos, feitas con afán divulgativo, e escritos de tipo notarial. O texto prosístico máis antigo escrito no noso territorio é o Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas. A prosa literaria aparece máis tarde e nace vinculada ás Cortes reais ou nobiliarias. Monarcas e nobres exerceron o seu mecenado para que copistas, tradutores e cronistas se dedicasen a copiar, facer versións, traducir ou crear textos de carácter narrativo. A imposición do castelán a partir do século XV puxo fin a este emprego do galego.

1) Prosa propiamente literaria: tres grandes ciclos temáticos

  • a) Ciclo bretón: o máis importante desde o punto de vista cuantitativo e tamén o de maior influencia na literatura posterior. Obras e fragmentos do século XIV como A Demanda do Santo Graal ou o Livro de Tristán. Todas elas desenvolven e clave cabaleiresca e cristiá as lendas de orixe céltica relacionadas coa figura do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda.
  • b) Ciclo clásico: Crónica Troiana e a incompleta e bilingüe Historia Troiana. Ambas ofrecen unha visión fantasiosa do mundo clásico construída a través do prisma ideolóxico medieval.
  • c) Ciclo carolingio: fragmentos do Pseudo-Turpin incluídos nos Milagres de Santiago, que relatan aspectos da historia lendaria de Carlomagno.

2) Prosa historiográfica

Prosa de clara finalidade propagandística e lexitimadora, adoita intercalar elementos bíblicos e fantásticos:

  • a) Os Livros de Linhaxes: catro catálogos de xenealoxías nobiliarias escritos en Portugal, elaborados para fomentar a unión dos membros dunha mesma casta e evitar casamentos consanguíneos.
  • b) As traducións galegas de dúas obras do rei Afonso X: a General Estoria, que aspiraba a ser unha historia universal desde a creación do ser humano ata o reinado do propio rei citado, e a Crónica Xeral, que pretendía recoller a historia peninsular ibérica.
  • c) Outros textos que intentan dar conta dos feitos e períodos históricos, como a Crónica Xeral de 1344.

3) Prosa hagiográfica ou xacobea

4) Prosa tabeliónica

Descargar

PDF Word HTML