Abreviaturas e Siglas: Normas e Exemplos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,54 KB

A abreviación (I). Abreviaturas e siglas

Nos textos escritos empregamos as abreviacións como un recurso de economía lingüística que nos permite redactar con maior rapidez e evitar repeticións. Esta representación breve de palabras ou frases máis longas pode realizarse por medio de recursos diversos. Nesta unidade analizaremos dous deles: a abreviatura e a sigla.

A abreviatura é a representación das palabras na escrita con só algunhas ou unha das súas letras.

Para formar unha abreviatura, debemos ter en conta as seguintes regras:

Lembra

As abreviaturas lense como a palabra que representan (r/ > rúa).

  • As abreviaturas son de libre creación, isto é, calquera palabra é susceptible de ser acurtada cunha abreviatura. Porén, convén non empregalas abusivamente.
  • Nunca se deben abreviar os topónimos formados por varias palabras: Santiago de Compostela, e non *Santiago de C.
  • Cando unha oración acaba nunha abreviatura, o punto desta funciona como punto final: Apañou ameixa, berberecho, navalla etc.
  • As letras da palabra que se adoitan incluír na abreviatura son as do principio (teléfono > tel.) aínda que tamén se poden tomar do final (principal > ppal.).
  • Rematan sempre nun punto, agás as que se grafan con barra (s/n > sen número).
  • Admiten flexión de número. As abreviaturas que constan de varias letras engaden un -s ao final (sres. > señores); as que acurtan a palabra cunha soa letra, duplícana e gráfana en maiúsculas (AA. VV. > asociacións de veciños; estación de FF. CC. > estación de ferrocarrís).
  • Conservan o acento gráfico cando a vogal tónica acentuada forma parte do acurtamento: núm. > número; máx. > máximo.

A sigla é unha formación léxica que resulta da escolla de cada letra inicial dunha frase ou enunciado pleno.

As siglas axústanse, igualmente, a unha serie de normas:

  • Adecúanse ao xénero do substantivo principal da frase: a RAG (Real Academia Galega); a sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida); o BOP (Boletín Oficial da Provincia).
  • Nunca levan punto final nin teñen forma de plural: o DNI / os DNI; o CD / os CD.

Entradas relacionadas: