¿Qué é unha fonte de enerxía?
Unha fonte de enerxía é o medio natural ou artificial do que podemos extraer enerxía para utilizala. Existen diferentes tipos segundo a súa orixe e dispoñibilidade:
Tipos de fontes enerxéticas
Fontes non renovables
Son aquelas que non se rexeneran á escala humana do tempo. Formáronse ao longo de millóns de anos.
Fontes renovables
Rexénéranse de forma continua. Son exemplos claros de fontes renovables o sol, o vento, os ríos, entre outros.
Principais combustibles fósiles
Carbón
A formación do carbón comenzou hai millóns de anos, cando grandes cantidades de restos vexetais se foron depositando. A súa acumulación, sumada ao aumento de presión e temperatura, transformou a materia vexetal en carbón....