Conflito e diglosia: funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua: conflito e diglosia
O encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico denomínase conflito lingüístico e ten repercusións tanto no ámbito social e cultural como no individual e psicolóxico. O bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas. Distinguimos entre bilingüismo social e bilingüismo individual, aínda que estean relacionados. A sociolingüística ocúpase do bilingüismo social e o bilingüismo individual forma parte da psicolingüística.
Bilingüismo
Unha persoa bilingüe é aquela que, ademais da súa primeira lingua, ten unha competencia semellante noutra lingua e é quen de usar unha ou outra en calquera circunstancia con parecida eficacia. Este sería un bilingüismo...