Sistema político de España y Galicia: instituciones del Estado, provincias y comunidades autónomas
O sistema político
A Constitución española de 1978 garante os dereitos, as liberdades e os deberes fundamentais dos cidadáns, define a organización do Estado como unha democracia parlamentaria e establece a separación de poderes en legislativo, executivo e xudicial. Estes son os dous primeiros artigos da Constitución de 1978:
Título preliminar
Artigo 1.2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
Artigo 1.3. A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Características do Estado
Segundo a Constitución, España é un Estado:
- Democrático, baseado na soberanía popular, no pluralismo político e no dereito á autonomía territorial.
- Social, que lexitima as organizacións sindicais