Sistema político de España y Galicia: instituciones del Estado, provincias y comunidades autónomas

Otras lenguas extranjeras4,82 KB

O sistema político

A Constitución española de 1978 garante os dereitos, as liberdades e os deberes fundamentais dos cidadáns, define a organización do Estado como unha democracia parlamentaria e establece a separación de poderes en legislativo, executivo e xudicial. Estes son os dous primeiros artigos da Constitución de 1978:

Título preliminar

Artigo 1.2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.

Artigo 1.3. A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.

Características do Estado

Segundo a Constitución, España é un Estado:

  • Democrático, baseado na soberanía popular, no pluralismo político e no dereito á autonomía territorial.
  • Social, que lexitima as organizacións sindicais e patronais representativas de intereses económicos e sociais diversos e vela para que os cidadáns teñan unha calidade de vida digna.
  • De dereito, xa que suxeita os cidadáns e os poderes públicos á Constitución e ás demais leis.

A monarquía parlamentaria

O rei é a cabeza do Estado, a pesar de que a dirección política recae no Parlamento. O monarca recibe o cargo por herdanza e exerce de maneira vitalicia, coa función principal de representar o Estado.

As institucións do Estado

As principais institucións reflicten a separación de poderes:

  • As Cortes Generais, formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado, representan o poder lexislativo. Son elixidas directamente polos cidadáns e ocúpanse de elaborar as leis, tomar iniciativas políticas e exercer o control do Goberno. Os parlamentarios elixen e destitúen o presidente do Goberno.
  • O Goberno representa o poder executivo e ocúpase de aplicar as leis aprobadas polas Cortes, presentar proxectos e dirixir a Administración. Está formado polo presidente, elixido polo Congreso dos Deputados, e polos ministros, designados polo presidente.
  • Os Tribunais de Xustiza representan o poder xudicial e ocúpanse de administrar xustiza, aplicando as leis na resolución de conflitos. Os xuíces e maxistrados integran os seus principais organismos: Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo e Audiencia Nacional.

Os concellos

Os concellos son as unidades político-administrativas máis próximas á cidadanía, hai máis de 8.100. O goberno municipal correspondente aos concellos está formado polo alcalde e polos concelleiros. Mediante as eleccións municipais, os cidadáns escolcen os concelleiros, os cales, á súa vez, elixen o alcalde. Os concellos toman decisións que afectan ao municipio e aos seus habitantes, e prestan servizos diversos.

As provincias

España está dividida en 50 provincias, compostas por unha agrupación de concellos. As capitais provinciais concentran moitos servizos públicos. As provincias son administradas por medio das deputacións.

As comunidades autónomas

Aínda que pode variar a denominación, todas as comunidades teñen estas institucións:

  • Asemblea lexislativa ou Parlamento autonómico. Os membros son elixidos polos cidadáns da comunidade con dereito a voto. Elabora leis nas materias nas que ten competencias e controla o goberno autónomo.
  • Presidente e conselleiros. O Goberno está formado polo presidente, elixido pola Asemblea lexislativa entre os membros, e os conselleiros, nomeados polo presidente. Teñen funcións executivas e administrativas.
  • Tribunal Superior de Xustiza. Máximo órgano da administración de xustiza na comunidade.

O sistema institucional propio de Galicia

O sistema institucional de goberno propio de Galicia está integrado polas seguintes institucións:

  • O Parlamento de Galicia representa o pobo galego e é o órgano lexislativo: elabora e aproba as leis, e tamén controla a política do goberno e aproba os orzamentos.
  • A Xunta de Galicia é o Goberno de Galicia. Exerce o poder executivo e dirixe a política da comunidade. Está formada polo presidente da Xunta e varios conselleiros ou consellerias.
  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o máximo órgano xudicial galego. Nel culmina a organización xudicial no ámbito territorial galego.

Outras institucións

O Consello de Contas, o Consello Consultivo de Galicia, o Consello da Cultura Galega e o Valedor do Pobo son institucións autonómicas.

Descargar

PDF Word HTML