Evolución da Literatura Galega Contemporánea: Poesía, Narrativa e Teatro desde 1975
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 20,15 KB
A Poesía Galega desde 1975
A publicación, en 1976, de tres obras poéticas novidosas na temática e na forma, supón un cambio de época na poesía galega. Trátase de Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín; Serafina, de Alfonso Pexegueiro; e Mesteres, de Arcadio López Casanova. Estes tres autores, que comezaron a escribir na época sociorrealista, son considerados os iniciadores do cambio poético en Galicia.
Diferentes antoloxías publicadas na época tratan de nomear os autores desta primeira xeración de poetas, aos que adoitan chamar os "Novísimos". As características que os definen como xeración son:
- Sen deixar de tratar temas sociais, evitan trasladar á poesía o compromiso político.
- Preocupación pola forma e a linguaxe,
catalán con un tamaño de 11,34 KB