Xeración Nós: Historia, Etapas y Figuras Clave de la Literatura Gallega
Xeración Nós
A Xeración Nós contribuíu ao progreso da nosa literatura. Aparecen grandes autores nesta xeración.
A Xeración Nós pódese dividir en tres partes:
1. Pregaleguismo
Coñecido como o cenáculo ourensán. As súas características son:
- Procedían dunha clase acomodada.
- Desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
- Defensa do individualismo.
2. Galeguismo
Establécense contactos coas Irmandades da Fala, así que se adhiren ao galeguismo case de forma inmediata. As súas características son:
- Asunción e coñecemento da propia cultura.
- Intenso labor político e cultural.
Interviñeron no movemento nacionalista a través das Irmandades da Fala; en 1931 participan na fundación do Partido Galeguista.
A revista Nós supuxo a actualización das nosas letras, e o Seminario de Estudos Galegos tamén foi fundamental.
3. Etapa de posguerra
Ruptura da unidade do grupo co remate da súa actividade a causa da formación da ditadura.
Figuras como Risco, Pedrayo e Castelao axudan a alcanzar a madurez definitiva da nosa prosa e do teatro.
Principales autores
Vicente Risco
Produción narrativa
Rompe os tópicos da tradición do século XIX e incorpora á literatura mundos como o máxico e o marabilloso.
A única novela de Risco é O porco de pé, na que a figura do protagonista está caracterizada como un porco, serve a Risco para criticar desde a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía. Os elementos que utiliza Risco nesta obra son as longas enumeracións e a imaxe caricaturesca.
Produción ensaística
Risco atopou no ensaio o mellor medio de expresión, debido ao seu afán didáctico e ao seu don teorizador. Destaca Teoría do nacionalismo galego (1920).
Ramón Otero Pedrayo
Foi de gran importancia no galeguismo ao instruír desde a súa cátedra ás novas xeracións durante o franquismo. Na súa obra observánse dúas liñas: a liña realista (como Os camiños da vida) e a liña cultural (como A romaría de Xelmírez).
Castelao
Presentaba características que o afastaban dos seus compañeiros, como unha orixe máis popular, e a súa obra está tamén máis próxima ao pobo galego, caracterizándose polo humor e a sinteticidade. Dentro dela destacan as obras Un ollo de vidro, Memorias dun esqueleto, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre e o ensaio Sempre en Galiza.