Xeración do 36 e a Nova Narrativa Galega: Autores, Características e Obras
Enviado por Brais y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,81 KB
Xeración do 36. Características xerais
- Os seus escritores naceron entre os anos 10 e 20 e sufriron a Guerra Civil.
- Comezan a publicar nos anos 50.
- Continúan a xeración dos anos 30 e as vangardas.
- Presentan diversas liñas poéticas: hilozoísmo en Aquilino Iglesia Alvariño, neotrobadorismo en Álvaro Cunqueiro, intimismo en Xosé María Díaz Castro e en Pimentel, e socialrealismo en Celso Emilio Ferreiro.
- Tendencias: divídese en voces do exilio e voces do interior.
- Voces do exilio: Luis Seoane, Lorenzo Varela e Blanco Amor.
- Voces do interior: Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro.
Escritores do exilio e características
Luis Seoane
Foi fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1910 e morreu no 79 na Coruña. No 63 volveu a Galicia. Coa Guerra Civil exiliouse a Bos Aires. Foi pintor, gravador, ilustrador, ensaísta, escritor e periodista. Estudou Dereito e tivo atracción pola arte. Os temas das súas obras eran a emigración e o exilio, con poesía de denuncia social.
- Obras poéticas: Fardel de exiliado, Na bretema de Santiago, As cicatrices.
- Obras teatrais: A soldadeira, O irlandés astrólogo.
Lorenzo Varela
Naceu na Habana en 1916 e morreu en Madrid en 1978. Foi homenaxeado nas letras galegas en 2005. Ten unha poesía reivindicativa. Participou con Seoane nos proxectos que este puxo en marcha.
- Obra: Catro poemas para catro gravados.
Blanco Amor
Naceu en Ourense en 1892 e emigrou a Bos Aires en 1910. A Guerra Civil colleuno en Bos Aires. Escribiu poesía, teatro e narrativa.
- Obras poéticas: Seis poemas galegos, Romances galegos, Poema en catro tempos.
Escritores das voces do interior
Aquilino Iglesia Alvariño
Naceu en Lugo e morreu en Santiago. Estudou no seminario de Mondoñedo e tivo unha formación clásica. Foi docente, poeta e tradutor. Os temas da súa obra son a soidade, o paso do tempo e a morte, cunha paisaxe humanizada. Está na corrente do hilozoísmo. Na preguerra escribiu Señardá e Corazón do vento, e tivo influxo do saudosismo portugués.
- Obras da posguerra: Comaros verdes.
- Características: versolibrismo e hilozoísmo.
Celso Emilio Ferreiro
Naceu en Celanova e morreu en Vigo. Representante da poesía social, con compromiso político e galeguista. Loitou no bando franquista. Encarcerado en Celanova, así naceu a obra Longa noite de pedra. Dirixiu a colección Benito Soto na posguerra. Nos anos 50 estivo en Vigo e no 66 emigrou.
- Obras: Viaxe ao país dos ananaos, Cantigas de escarnio e maldicir.
Promoción de enlace. Características
Nacidos entre 1920 e 1930. Padecen as consecuencias da guerra: a ditadura, a falta de liberdade, a pobreza cultural e económica. Carecen de información sobre o nacionalismo. Reciben formación en lingua castelá e sofren o influxo das vangardas galegas. Presentan unha poesía de desesperanza. Son poetas de enlace entre a xeración precedente e a seguinte, con escasa utilización do galego como lingua literaria.
Autores
Antón Tovar
Poesía de temática intimista, con temas como o desacougo, a desesperanza, a soidade e a dúbida existencial. Poesía cunha visión traxica e resignada.
- Obras: Arredores, Non, Calados esconxuros, Berros en voz baixa.
Luz Pozo Garza
Poesía intimista, de amor e de paisaxe. Poesía comprometida coa renovación dos anos 80 e 90. A luz, a música e a natureza son referentes.
- Obras: O paxaro na boca (con influxo intimista de Pimentel), Verbos derradeiros, Concerto de outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, Vida secreta de Rosalía.
Manuel Cuña Novás
Poesía cargada de angustia obsesiva, antecedente da Escola de Tebra. Influxos surrealistas de Cunqueiro. Temas recorrentes: as tebras, a escuridade, o desacougo e o hermetismo.
- Obras: Fabulario novo, Frauta na noite (con influxos do hilozoísmo e do neotrobadorismo).
A nova narrativa galega. Características xerais
- Son escritores con formación universitaria.
- Nados arredor dos anos 30.
- Coñecen as restricións dos anos 40.
- Teñen coñecemento das tendencias narrativas europeas.
- Comezan a escribir a finais dos anos 50.
- Teñen unha ideoloxía nacionalista.
- Teñen un forte compromiso coa lingua galega.
- Os temas principais son a inadaptación dos personaxes ao medio. As obras caracterízanse polo intimismo e a retrospección, sitúanse nun mundo simbólico e exáltanse e descríbense moito os obxectos, o que se denomina obxectualismo.
Autores e características
Xosé Luis Méndez Ferrín
Home moi vinculado á cultura e á política do país. A súa obra caracterízase por desenvolverse en espazos asfixiantes, con personaxes angustiados, violentos ou destrutivos.
- Obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabalde no norte.
Carlos Casares
Naceu en Xinzo. Home moi vinculado á cultura e á política do momento. Licenciouse en Filoloxía Románica, foi académico da lingua, deputado do Parlamento de Galicia, presidente do Consello da Cultura Galega e dirixiu a editorial Galaxia en Vigo.
- Obras: Vento ferido, relatos nos que predominan as frustracións, a violencia, a soidade e a angustia. Cambio en tres, novela na que un emigrante regresa para asistir ao enterro dun amigo morto e vai lembrando a súa vida, ligando vivencias pasadas co presente.
Xosé Neira Vilas
Naceu en Grés. Emigrou a Arxentina aos 19 anos e volveu no 72.
- Obras: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho.
María Xosé Queizán
Naceu en Vigo e estivo ligada aos movementos literarios. Foi teórica do movemento feminista, con obras como A muller en Galicia.
- Obras narrativas: A orella no buraco, A semellanza, Non o abras como unha flor, Cólera.