Vocalismo en galego: clasificación de vogais, fenómenos fonéticos e variedades dialectais

Otras lenguas extranjeras7,4 KB

Clasificación das vogais

As vogais pódense clasificar segundo o grao de abertura ou segundo a localización.

Segundo o grao de abertura

  • Pechadas: a lingua elévase contra o padal: /i/, /u/.
  • Abertura media: a lingua elévase un pouco contra o padal. Divídense en semipechadas /e/, /o/ e semiabertas /ɛ/, /ɔ/.
  • Abertas: a lingua non se eleva: /a/.

Segundo a localización

  • Anteriores: pronúncianse na parte anterior da boca: /i/, /e/, /ɛ/.
  • Posteriores: pronúncianse na parte posterior da boca: /u/, /o/, /ɔ/.
  • Centrais: localízanse no centro da boca: /a/.

Fenómenos orais que afectan ao vocalismo

Vocalismo tónico

Metafonía, cerrazón ou abertura das vogais medias tónicas por influencia dun fonema /o/ ou /a/ ao final da palabra.

Vocalismo átono

Son comúns os fenómenos de vacilación vocálica:

  • Harmonización vocálica: as vogais tónicas /u/ e /i/ e o ditongo /ei/ pechan as vogais átonas de abertura media da sílaba precedente.

Labialización

Cámbiase a o unha vogal cando vai en contacto con consoante labial.

Outros fenómenos comúns

  • Aférese: perda dunha vogal ao principio (inda = aínda).
  • Síncope: perda de vogal no medio (vran = verán).
  • Apócope: perda dunha vogal ao final (quer = quere).
  • Prótese: engadir unha vogal ao principio da palabra (abidueiro = bidueiro).
  • Paragoxe: engadir unha vogal ao final (mullere = mullere).
  • Epéntese: intercalación dun iode entre dúas vogais que forman hiato (a ialma = a alma).

Variedades dialectais

Todas as linguas presentan diferenzas segundo a zona onde se fale. Estas diferenzas denomínanse variedades dialectais. No caso do galego clasifícanse en catro grupos: fonética, morfoloxía, sintaxe e léxico.

Fonética

  • Gheada: pronuncia do g como unha aspirada, xeralmente farínxea /h/.
  • Seseo: substitución do son /θ/ polo son /s/. Se é inicial denomínase seseo explosivo; se é final, seseo implosivo.
  • Evolución dos grupos latinos -ULT-, -UCT-, -OCT- e -ORI-: en galego oi, varía en ui.

Morfoloxía

  • Evolución das terminacións latinas -anum, -anos, -anam, -anas, -án para masculino e feminino (a irmán, o irmán); -ao para masculino, -á para feminino (irmao, irmá).
  • Os demostrativos presentan tres paradigmas: este(s), esta(s), esto / iste(s), esta(s), esto / este(s), esta(s), isto.
  • Pronome suxeito de 3ª persoa do singular: el ou il. Pronome suxeito de 2ª persoa do singular: ti ou tu.
  • Sistema verbal: a terminación verbal -des deriva en -is, -s ou -ndes. No pretérito de indicativo varían a segunda e a terceira persoa do singular: colleches e colleste(s) fronte a colliche(s); colliu emprégase no occidente coruñés por colleu. Na 1ª persoa do singular do indicativo da 1ª conxugación: levén/levín, cantén/cantín.

Sintaxe

  • Cheísmo: emprego do pronome che para obxecto directo e indirecto no occidente da Coruña.
  • Teísmo: uso do pronome te tanto para acusativo como para dativo.

Léxico

Existe léxico específico segundo a zona, como os verbos mirar e cheirar.

Castelanismos

Castelanismos léxicos

Hai varios graos:

  1. Existen en galego dous termos sinónimos e emprégase o que coincide co castelán.
  2. A forma galega vai restrinxíndose a ámbitos máis específicos e o termo castelán é máis xeral.
  3. Substitución total do termo galego por un castelán.

Castelanismos semánticos

A unha forma castelá lle corresponden dous termos en galego con significados diferentes (ex.: sueño / sono, soño).

Castelanismos fónicos

  • Perda de distinción entre vogais medio abertas e medio pechadas.
  • A consoante nasal velar pode pronunciarse como alveolar.
  • O son fricativo palatal xordo /ʃ/ realízase como alveolar.

Castelanismos morfosintácticos

  • Alteración do xénero dos substantivos.
  • Alteración das formas da conxugación verbal.
  • Uso da preposición a ante infinitivo e complemento directo.
  • Erros na colocación dos pronomes átonos.
  • Elisión do artigo definido diante do adxectivo posesivo.
  • Uso de formas plurais dos demostrativos masculinos en -os.
  • Ausencia da flexión de xénero (dous/dúas).
  • Confusión das formas te e che correspondentes a obxecto directo ou indirecto.
  • Emprego de pronomes reflexivos en casos como *compreime un cadro, *comicheste o xamón.
  • Uso de formas verbais compostas co auxiliar haber.
  • Ausencia do infinitivo conxugado.

Estereotipos, prexuízos e bilingüismo

Os estereotipos e os prexuízos afectan ao bilingüismo que se dá nunha sociedade. Os prexuízos son un tipo de actitude que inflúe no comportamento, tamén lingüístico. Poden xurdir por dous motivos:

  1. Porque non se aceptan as excepcións, polo que as propiedades dun grupo aplícanse a todos os membros e non se admiten excepcións, que se categorizan como negativas.
  2. Porque parten dunha percepción casual errónea: determinadas circunstancias históricas, sociais, políticas ou económicas non deberían influír no idioma; falar galego non implica ser ignorante ou pobre.

Nos prexuízos o estereotipo vai sempre acompañado dunha tendencia á discriminación. Empréganse para xustificar a posición dominante duns grupos sobre outros. O grupo dominante e privilexiado en Galicia eran os castelanfalantes, que podían manterse no monolingüismo, mentres que os galegofalantes se viían obrigados a empregar outra lingua (o castelán) en determinadas ocasións. Isto é o que se denomina bilingüismo asimétrico.

Descargar

PDF Word HTML