Variación Dialectal, Morfoloxía e Semántica da Lingua Galega
Variación dialectal do galego
Áreas dialectais e léxico
Occidental
Occidental: amigho, des, sinco, irmán, chan, xamóns, cans, ti
Central
Central: amigho/amigo, des/dez, cinco, irmán/irma, chao, xamós, cas, ti/tu
Oriental
Oriental: amigo, dez, cinco, irmao/irmá, chao, xamois, cais, tu
Fenómenos meteorolóxicos
Chuvia e vento
- Chuvia feble: babuña, barbaña, chuvisca, orballo, parrumada, poalla, zarzallo.
- Cando a chuvia é forte: arroiada, ballón/balloada, chuvasco, dioivo.
- Tormenta: chispa, raio, trono, lóstrego, relampo, alustro, tronada, treboada, trebon.
- Néboa: borraxeira, brétema, bruma, mera, neboeira.
- Para de chover: delampar, escampar, estiñar.
- Chuvia e sol: o arco da vella.
- Cando hai neve ou xeo: auganeve, carambelo, folerpa, farrapo, nevada, nevarada, nevisca, pedrazos, sarabia, xeada.
- Cando hai vento: borrasca, brisa, corisco, refacho, temporal, vendaval, xistra.
Conxugación verbal
O verbo ser
O verbo: (ser)
- Presente: son, es, é, somos, sodes, son.
- Copretérito: era, eras, era, eramos, erades, eran.
- Pretérito: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron.
- Antepretérito: fora, foras, fora, foramos, forades, foran.
- Futuro: serei, serás, será, seremos, seredes, serán.
- Pospretérito: sería, serías, sería, seriamos, seriades, serían.
- Presente (Subxuntivo): sexa, sexas, sexa, sexamos, sexades, sexan.
- Pretérito (Subxuntivo): fose, foses, fose, fósemos, fósedes, fosen.
- Futuro (Subxuntivo): for, fores, for, formos, fordes, foren.
O verbo estar
(estar)
- Presente: estou, estás, está, estamos, estades, están.
- Copretérito: estaba, estabas, estaba, estabamos, estabades, estaban.
- Pretérito: estiven, estuches, estivo, estivemos, estivestes, estiveron.
- Antepretérito: estivera, estiveras, estivera, estiveramos, estiverades, estiveran.
- Futuro: estarei, estarás, estará, estaremos, estaredes, estarán.
- Pospretérito: estaría, estarías, estaría, estariamos, estariades, estarían.
- Presente (Subxuntivo): estea, esteas, estea, esteamos, esteades, estean.
- Pretérito (Subxuntivo): estivese, estiveses, estivese, estivésemos, estivésedes, estivesen.
- Futuro (Subxuntivo): estiver, estiveres, estiver, estivermos, estiverdes, estiveren.
Semántica e relacións léxicas
A antonimia
A antonimia: é a relación entre dúas palabras que teñen significados opostos (alto-baixo).
- Relacións privativas: a afirmación dun dos elementos implica a negación do outro (cala-non fala).
- Relacións graduais: oposición entre palabras que se caracterizan por posuíren o mesmo trazo semántico en distinto grao (vello-novo, grande-pequeno).
- Relación de reciprocidade: afirmar un significa afirmar o outro (comprar-vender, pai-fillo).
A sinonimia
A sinonimia: relación lingüística que supón que para un significado existan varios significantes.