A Unión Europea: Historia, Institucións e Retos Actuais

Ciencias sociales2,92 KB

A Unión Europea: Obxectivos e Historia

A Unión Europea ten dous propósitos fundamentais: consolidar a paz para evitar novas guerras e competir fronte ás grandes superpotencias mundiais.

Fitos históricos da UE

  • 9 de maio de 1950: Día de Europa.
  • 1951: Formación da CECA.
  • 1957: Tratado de Roma para construír a CEE e Euratom.
  • 1993: Entrada en vigor do Tratado de Maastricht.
  • 2002: Introdución do euro.
  • 2004: Constitución europea.
  • 2009: Tratado de Lisboa.

As institucións da UE

Consello da UE

É o principal órgano decisorio. As súas funcións son:

  • Lexislar e aprobar o orzamento en común co Parlamento.
  • Asinar acordos internacionais.
  • Desenvolver a política exterior e de seguridade común.
  • Coordinar a cooperación entre tribunais nacionais e a policía en materia penal.

Parlamento Europeo

É o órgano electo e de control democrático que representa aos cidadáns da UE. Os deputados son elixidos por sufraxio universal directo cada 5 anos e repartense en grupos políticos (máximo 751). Comparte co Consello responsabilidades lexislativas e orzamentarias: propoñer leis, aprobar normas e o orzamento comunitario.

Comisión Europea

É o órgano executivo que representa á UE nos foros internacionais e diríxea sen someterse ás instrucións de ningún goberno nacional durante 5 anos.

Retos da UE e Política Rexional

Para ingresar na UE, os países deben cumprir os tres criterios de Copenhague:

  • Incluír e aplicar as leis da UE no seu sistema xurídico.
  • Ter institucións estables que garantan a democracia, o estado de dereito, os dereitos humanos e a protección das minorías.
  • Posuír unha economía de mercado viable.

Política rexional

A súa finalidade é aproximar o nivel de vida e desenvolvemento das rexións máis pobres ao das máis ricas. Os seus obxectivos son:

  • Converxencia: Fomentar o crecemento e o emprego nas rexións menos desenvolvidas.
  • Competitividade rexional e emprego: Destinado a axudar ás rexións máis ricas a afrontar a modernización económica.
  • Cooperación territorial europea: Promove solucións comúns entre polo menos dous países membros en varios ámbitos.

O Estado español

España é un estado social e democrático de dereito:

  • Social: O Estado intervén na vida pública para conseguir unha sociedade máis xusta.
  • Democrático: Os cidadáns participan no goberno.
  • Estado de dereito: Todos os cidadáns teñen dereitos e deberes recollidos na lei.

Descargar

PDF Word HTML