Ciencias Sociais: Definición, Contorno e Teoría das tres velocidades
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10,38 KB
Que son as ciencias sociais?
Aplica con carácter xeral a multidisciplinaridade (xografía, historia, economía, turismo etc). Conxunto amplo e diverso de saberes/coñecementos que sitúa no seu centro os comportamentos e actitudes humanas (económicas, políticas, etc). Teñen unha serie de leis, teorías e métodos que son as ferramentas básicas para poder afirmar que é unha ciencia (enquisas, observación). Estuda tamén a relación da humanidade coa natureza através da evolución temporal do impacto da humanidade na natureza e a evolución xeográfica (distribución espacial da humanidade sobre a natureza).
O contorno:
Concepto clave que sintetiza a pluralidade das ciencias sociais na etapa da idade infantil. As ciencias sociais están referenciadas no decreto 330/2009 na área: Coñecemento do contorno. Contorno: Conxunto de todos os elementos que poden ser naturais ou sociais (culturais) que poden ter vida ou non. Estes elementos están relacionados entre si. Destas relacións podemos obter información de dúas maneiras: Obxectivas (grande, pequeno, verde) e subxectiva (a través dos sentimentos das experiencias propias, aromas, temperaturas). O contorno prodúcese tamén no plano histórico (tempo) e no plano xeográfico (espacial). Área do contorno: Bloque 1 (medio físico: elementos relacións e medida, aproximación ás matemáticas) Bloque 2 (Aproximación á natureza a través da xeografía fauna e flora) Bloque 3 (cultura e vida en sociedade: historia, economía).
Teoría das tres velocidades/velocidades múltiples (sociedade, ciencia e cultura, escola)
Na vida social transitan feitos que se dan através das velocidades. MOMENTOS DE CAMBIOS NA SOCIEDADE. 1ª velocidade: sociedade (1950-1968-1973 caída do muro de Berlín-189-2009 torres gemelas). A teoría das tres velocidades afirma que hai un retraso entre a primeira velocidade e a terceira (escola). No medio está a segunda velocidade (ciencia e cultura) son portadores da información (televisión, medios de comunicación) e publicidade. Antecedentes 1ª velocidade: Ao redor de 1968 tambalease o mundo contemporáneo: Aparecen movementos revolucionarios para cambiar o mundo (chegue vara, guerra de Vietnam, movementos polos dereitos civís da raza afroamericana: Martín Luther King, en Europa, París, estudantes, movemento obreiro, guerra fría. 2ª velocidade: primeiros escritores protestan da actualidade da sociedade. Aparecen cancións reivindicativas e os primeiros ensaístas saídos da universidade. No ano 2001, no cambio de século na era informática permite unir máis a primeira velocidade coa segunda.
Relación goberno → Ensino/educación:
Neste binomio as ciencias sociais foron a ferramenta para otorgarlles a lexislación que coñecemos agora. En España desde o século XVI, o ensino non é tan transparente como se quixera.
Etapa histórica | Función das CCSS | Características-Obxectivos didácticos |
Antigo réxime | Función ideolóxica | Chauvinismo Androcentrismo Conservadorismo |
Finais século XIX principios XX | Estado-nación | Acientificismo Inmadurez Memorística |
1920-1940 (Cambio fleve) | Escola nova ou activa, xeografía posivilista/rexional Institución libre de enseñanza (ILE) | Aprendizaxe útil Metodoloxía |
1940-1960 (Crise dictadura) | Ideoloxización anacr Escaso desenvolvemento didáctico Consumismo Crise estado-nación | Pouca utilidade Nula aplicación cotiá |
1960-1970 | Mari-ización | Medios de comunicación Escaso desenvolvemento didáctico |
ILE (1876). No século XIX España en comparación co resto de Europa estaba máis atrasada social e economicamente. O gran analfabetismo no rural (desigualdade entre as cidades e o campo: Non sabían ler, escribir, cálculos, tanto a xente maior como os nenos e nenas. A igrexa católica tiña moita influencia nos asuntos do Estado. Fronte a todo esto nace o ILE que é un proxecto educativo para cambiar a dinámica socioeconómica. Gine de los Ríos (fundador) basarase nunha influencia humanista. Principios didácticos do ILE *Educación universal: Todos os cidadáns teñen dereitos a educarse en igualdade de condición. *Aconfensionalidade do ensino: Ensino baseado nun método científico non dogmático (afastado da relixión). * “INTER”: Interxeracional (varias idades na mesma aula), interdisciplinar (distintos coñecementos relacionados), interxenro (nenos e nenas compartindo a mesma aula), interclasista (pobres e ricos na mesma aula) = convivencia/historia = tolerancia. * Os protagonistas do proceso ensinanza/aprendizaxe son os nenos e nenas (o estudante vai seleccionar os contidos e como os ten que aprender) * O mestre como catalizador do coñecemento. O mestre axuda/acelera/dinamiza/ensina a buscar coñecementos. Non é un mestre que impoña o alfabeto, por exemplo = relación horizontal entre mestre e alumno, non hai xerarquía. Estratexias educativas da ILE: * O contorno educativo: Contorno próximo como lugar de aprendizaxe = sair da aula. Aprender mediante as emocións e os sentidos. Búsqueda de experiencias. A observación é imprescindible para dotar os coñecementos (a observación é fundamental como estratexia didáctica) * O diálogo: O mestre da ILE tiña moita capacidade para falar cos seus alumnos. * O caderno: Realización propia dos cadernos, estes serían os libros de texto onde se inclúen todos os coñecementos adquiridos polos nenos e nenas. * A resolución de problemas en grupo (aprendizaxe colaborativa). Entrar nos contidos a partir de dúbidas que xorden na vida cotiá. Ferramentas educativas da ILE: * Instituto-escola: Lugar onde se dá clase aos nenos/as pero tamén para formar aos futuros mestres (baixo os principios da ILE). Escolas modernas onde se unían innovación e educación. De primeiras creouse unhas en Madrid, despois Barcelona nos anos 30 Sevilla e Valencia. * Museo pedagóxico: Centro de innovación científica (investigación de ciencia). Repositorio metodolóxico de materiais didácticos (mapas, esqueleto humano, globos terráqueos). Tiñan relación con outros centros de Alemaña. Tiña a primeira biblioteca de libros de texto para prestarlle aos nenos durante o curso. Apoio indispensable aos mestres rurais. * Xunta de ampliación de estudos: Axuda/becas aos mellores estudantes para que foran a Alemaña a ampliar coñecementos. * Residencia de estudantes: Centros de intercambio de experiencias e coñecementos entre os estudantes, profesores e persoas intelectuais. * Misión pedagóxicas (1931): Proxecto de Gine de los Ríos que propuña ao goberno pero só as aceptaron coa chegada da república. Democratizar a educación (levar a educación a todo o recanto do país, no rural).