O Teatro Galego no Século XX: Posguerra, Renovación e Xeración Abrente
Clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 4,66 KB
Actualizado el
Resumen
O texto repasa a evolución do teatro galego no século XX, desde o silencio editorial da posguerra e a actividade no exilio ata a renovación dos anos cincuenta e setenta. Explica as principais liñas temáticas e estilísticas, os autores máis destacados e o nacemento do chamado novo teatro, vinculado á Mostra de Teatro de Ribadavia e á Xeración Abrente.
Puntos clave
- Entre 1936 e 1952 só se publicaron tres obras teatrais orixinais en galego, por mor da Guerra Civil e da censura franquista.
- Castelao estreou en Bos Aires en 1941 a peza Os vellos non deben de namorarse, con grande éxito e importancia simbólica.
- A Editorial Galaxia, coa revista Grial e a colección «Illa Nova», foi un impulso decisivo para a recuperación do teatro galego.
- Entre 1950 e 1970 o teatro galego buscou a universalidade, con cinco liñas: costumismo, modernización, existencialismo, teatro histórico e teatro social crítico.
- Autores destacados desta etapa son Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Xenaro Mariñas del Valle, este último iniciador do teatro social.
- A Mostra de Teatro de Ribadavia (1973-1980), organizada pola Asociación Cultural Abrente, deu nome á Xeración Abrente, que inclúe a Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Teatro Galego no Século XX: Da Posguerra á Renovación
O resultado da Guerra Civil orixinou un prolongado silencio editorial e literario, que comezou a superarse a comezos dos anos cincuenta. O xénero teatral non foi unha excepción: entre 1936 e 1952, só se publicaron tres obras teatrais orixinais en galego. Esta penuria editorial acompañouse coa existencia de espectáculos teatrais en galego da man dos Coros Populares. Estas entidades, toleradas ou tuteladas polo franquismo, representaron algunhas pezas. Boa parte desas pezas foran escritas xa antes da guerra e resultaban politicamente inofensivas. Mesmo así, exercíase a censura sobre as situacións máis comprometedoras.
Ata mediados da década dos 50, a actividade teatral desprazouse ao exilio, onde conseguiu unha continuidade fundamental para a recuperación do discurso literario galego. Foi precisamente en Bos Aires onde se estreou, en 1941, a peza Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, cun considerable éxito e cunha grande importancia simbólica. A posta en marcha da Editorial Galaxia, coa súa revista Grial e coa colección «Illa Nova», significou un pulo decisivo no proceso de recuperación do teatro galego.
O Teatro Galego entre 1950 e 1970: Universalidade e Novas Correntes
Entre os anos 1950 e 1970, aparece en Galicia un teatro que presenta como trazo característico o desexo de transcender a propia realidade física e social na que viven para presentar conflitos, situacións e personaxes cunha proxección universal. Non hai lugar para o realismo, nin existe un compromiso político de denuncia directa.
Liñas Temáticas e Estilísticas do Teatro Galego (Anos 50-70)
A partir dos anos 50, o teatro galego desenvólvese, basicamente, en cinco liñas principais:
- As pezas que proseguen os xeitos do teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos antes da guerra por un sector das Irmandades da Fala.
- As pezas que continúan as tendencias modernizadoras do teatro de preguerra, escritas por autores como Otero Pedrayo.
- As pezas existencialistas que traducen teatralmente as angustias, problemas filosóficos e o pesimismo característicos do que, en poesía, recibiu a denominación de «Escola da Tebra».
- As pezas históricas, centradas en feitos decisivos do noso pasado.
- As pezas de teatro social crítico.
Autores Destacados da Etapa (1950-1970)
Os autores máis relevantes desta etapa son:
Álvaro Cunqueiro
Como obras independentes, escribiu O incerto señor don Hamlet. Outra obra súa é A noite vai coma un río. Ás veces integra un labor dramático dentro das súas obras narrativas, como é o caso da Función de Romeo e Xulieta.
Ricardo Carballo Calero
Compuxo diversas pezas que aparecen recollidas no volume Teatro Completo, que contén: A sombra de Orfeu, A farsa das zocas e Auto do prisioneiro, entre outras. A súa obra dramática é experimental e está composta por pezas próximas ao teatro do absurdo ou de orientación psicolóxica e existencial, nas que predomina o simbolismo.
Xenaro Mariñas del Valle
Serve de ponte entre esta xeración e a seguinte, pois é o verdadeiro iniciador do teatro social, co volume A revolta e outras farsas. A súa creación dramática presenta catro ámbitos ben diferenciados.
O Novo Teatro Galego e a Xeración Abrente
Ao remate dos anos sesenta, empezan a constituírse en Galicia colectivos teatrais cunha clara actitude de ruptura respecto das prácticas escénicas que viñan desenvolvendo as agrupacións do teatro de cámara, as de carácter folclórico e recreativo. Con estes grupos nace o que se coñece como «novo teatro». Este novo período iníciase arredor de 1969, ano no que Manuel Lourenzo estrea a súa primeira obra.
A Mostra de Teatro de Ribadavia e o seu Legado
Un feito de gran importancia foi a celebración da Mostra de Teatro de Ribadavia, que se inicia en 1973 baixo a organización da Asociación Cultural Abrente, e que se prolongará ata o ano 1980. Foi tal a importancia destes encontros que se adoita empregar a denominación Xeración Abrente para agrupar autores que se deron a coñecer grazas ás distincións recibidas na Mostra, como Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal ou Roberto Vidal Bolaño.
A iniciativa da Mostra de Ribadavia estendeuse a outras cidades e vilas de Galicia, como A Coruña, cidade na que O Facho convoca o Concurso Nacional de Teatro Infantil, ou o Concurso de Teatro do Ateneo Ferrolán.
Preguntas frecuentes
Por que houbo tan poucas obras teatrais en galego durante a posguerra?
O resultado da Guerra Civil provocou un longo silencio editorial e literario, e entre 1936 e 1952 só se publicaron tres obras teatrais orixinais en galego. A censura franquista limitou tamén as representacións.
Quen foi Xenaro Mariñas del Valle?
Foi un autor que serviu de ponte entre a xeración anterior e a seguinte, e é considerado o verdadeiro iniciador do teatro social, co volume A revolta e outras farsas.
Cando comezou o chamado novo teatro galego?
Arredor de 1969, ano no que Manuel Lourenzo estreou a súa primeira obra, cando comezaron a constituírse colectivos teatrais que rompían coas prácticas anteriores.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.