Sujeto y predicado en gallego: tipos, omisión del sujeto y figuras poéticas
O suxeito
O suxeito é a parte da oración que indica quen realiza a acción expresada polo predicado. Pódese identificar:
- Mediante a concordancia: o suxeito concorda en número e persoa co verbo.
- Substituíndo o suxeito por un pronome persoal tónico.
- Pasando a oración a pasiva, de maneira que o suxeito da oración activa se converte en complemento agente na oración pasiva.
Omisión do suxeito
1. Cando se sobreentende porque o contexto e a forma verbal nos permiten identificalo, falamos de suxeito elíptico.
2. Nas oracións impersoais, que son aquelas que non admiten suxeito, distinguimos:
- Fenómenos naturais: formadas con verbos que aluden a circunstancias da natureza.
- Gramaticalizadas: formadas cos verbos haber, ser e ir en terceira persoa do singular, e con se acompañado dun verbo en terceira persoa do singular.
- Ocasionais: con un verbo en terceira persoa do plural para indicar que, nunha certa situación, non se coñece o suxeito ou non interesa dicilo.
O predicado
O predicado é a función fundamental da oración, xa que a súa presenza é imprescindible para que esta exista. O núcleo do predicado pode estar formado por unha forma verbal conxugada.
Tipos de predicado
- Predicado verbal (PV): constitúeo un verbo predicativo, un verbo con significado pleno que di algo acerca do suxeito. Pode estar formado por unha soa forma verbal, que funciona como núcleo.
- Predicado nominal (PN): constitúeo un verbo copulativo (ser, estar e parecer), un verbo que carece de significado e debe ir acompañado dun atributo, que é o que lle dá a significación léxica, posto que o verbo só informa acerca da persoa.
Uso da s e da x
- O grafema s representa sempre o fonema /s/: casa, saba...
- O grafema x pode representar:
- O fonema palatal: xente.
- O grupo consonántico /ks/: próximo, dúplex...
Os estranxeirismos
En ocasións utilízanse de maneira innecesaria palabras que proceden doutras linguas en lugar de termos apropiados que xa existen en galego.
A linguaxe poética
- Aliteración: repetición de fonemas iguais ou semellantes, vocálicos ou consonánticos, en palabras próximas para conseguir un efecto expresivo.
- Onomatopea: imitación fónica de sons reais.
- Anáfora: repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios versos, estrofas ou parágrafos.
- Paralelismo: repetición dunha mesma estrutura sintáctica.
- Hiperbato: alteración da orde lóxica das palabras dunha frase ou oración.
- Apóstrofe: apelación a un ser animado ou inanimado, real ou imaxinario.
- Hipérbole: esaxeración desmesurada de accións, calidades...
- Personificación: atribución de calidades humanas a elementos que non o son.
- Comparación: comparación entre dous termos expresos. Compara un feito real con outro imaxinario que posúe calidades semellantes.
- Metáfora: identificación entre elementos expresos que teñen algunha relación.
- Antítese: contraposición de dous elementos.
- Ironía: dar a entender o contrario do que se di, dicir o contrario do que se pensa pero deixando claro o significado desexado. Cando é cruel ou ferinte, chámase sarcasmo.