Sociolingüística en Galicia y Contexto Histórico e Literario do Primeiro Terzo do Século XX
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,7 KB
Conceptos Clave de Sociolingüística
- Bilingüismo: Uso alternativo de dúas linguas nun individuo e, por extensión, nun grupo social.
- Diglosia: Relación que se establece entre dúas variedades lingüísticas, pertencentes ou non á mesma lingua, segundo a cal unha delas reserva para si as funcións sociais máis elevadas ou formalizadas, mentres a outra queda relegada ás funcións sociais máis baixas e menos formais.
- Maioritarias: Son as que son utilizadas por máis falantes.
- Minoritarias: Son as que teñen un número reducido de falantes.
- Hegemónicas: Son as que teñen un gran prestixio social porque hai un poder político e económico.
- Minorizadas: Son as que están nunha situación de inferioridade dentro da propia comunidade lingüística e non teñen recoñecemento oficial.
Galicia no Primeiro Terzo do Século XX
A monarquía, coa Restauración borbónica, ten lugar en 1874 e prolóngase ata 1931.
A 2ª República é a etapa que se corresponderá co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario desenvolvemento da literatura.
A Guerra Civil trátase dun período de silencio e represión que suporá a paralización da vida política e cultural, así como o retroceso dos avances conseguidos durante a 2ª República.
A Galicia de comezos do século XX segue sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. As capas superiores da sociedade correspondían á igrexa e á fidalguía, que eran os propietarios da terra. O campesiñado, empobrecido, continuaba tendo que emigrar a América.
Cambios Socioeconómicos Relevantes
- O agrarismo: Campesiños que se organizan e crean sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para defenderen os seus intereses. O seu obxectivo principal era a abolición do sistema foral; a súa pretensión era converterse en propietarios das terras.
- A decadencia da fidalguía: Debido á desaparición do sistema foral, os fidalgos perden o seu papel predominante na sociedade.
- O nacemento dunha burguesía: Dedicada fundamentalmente ao comercio e á banca.
- O trasvase de poboación rural a espazos urbanos: Cambiando a agricultura e a pesca pola industria e polo desenvolvemento das cidades, como Vigo ou A Coruña.
- A creación das Irmandades da Fala: En 1916, por iniciativa de Antón Vilar Ponte, o seu obxectivo principal era a exaltación e a dignificación do idioma galego. A este movemento súmancelles os principais escritores e intelectuais do momento: Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, etc. En 1918, as Irmandades convértense nunha organización política que formulará as tese do nacionalismo galego; Galicia é definida como unha nación.
Reivindicacións do Nacionalismo
- Autonomía integral para Galicia.
- Cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán.
- Potenciación da cultura propia de Galicia.
En 1931, na VII e última Asemblea das Irmandades, fúndase o Partido Galeguista. En 1932 elabórase o Estatuto de Autonomía, aprobado en plebiscito pola poboación galega o 28 de xuño de 1936; pero o comezo da guerra impedirá que sexa ratificado polas Cortes Republicanas, o que non acontecerá ata 1938, en plena Guerra Civil, grazas ao esforzo de Castelao. A aprobación do estatuto suporía a oficialización da lingua galega, mais o remate da guerra e o inicio da ditadura franquista truncaron o seu desenvolvemento.
A Lingua Galega ata 1936
As Irmandades da Fala asumen o ideario nacionalista e persegue a dignificación e a normalización da lingua galega en tódolos niveis. No Estatuto de Autonomía defiéndense a cooficialidade do galego e do castelán, e reivindícase a presenza da lingua galega no ensino. En 1906 créase a Real Academia Galega co obxectivo de fixar e depurar o idioma.
Ramón Cabanillas
Naceu en Cambados, emigrou á Habana e publicou os seus dous primeiros libros de poesía. En 1916 regresa a Galicia e participa activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo. Despois da guerra civil volve escribir en galego.
A súa Obra
É moi extensa e variada. Cultiva diferentes xéneros; a súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria procedente dos escritores do século XIX coas novas correntes anovadoras.
Poesía Lírica
Nela diferéncianse tres liñas básicas:
- Poesía cívica: De carácter agrarista e anticaciquil.
- Poesía intimista: Na liña de Rosalía de Castro ou Bécquer. Exemplo: A rosa de cen follas.
- Poesía costumista: Que debuxa tipos con elementos humorísticos.
Poesía Narrativa
Destacan Na noite estrelecida e Samos.
Na noite estrelecida recolle os temas medievais célticos, as lendas da corte do rei Artur e a busca do Grial. Consta de tres sagas:
- A espada Excalibur, que se atopa na illa de Sálvora.
- O cabaleiro do santo graal, na que se atopa o cálice da derradeira cea no Cebreiro.
- O sono do rei Artur.
Cabanillas galeguiza este tema e establece varios paralelismos: o cálice co escudo, os cabaleiros da táboa redonda identifícanse coas Irmandades da Fala, e a procura do graal coa liberdade da nosa terra.
Características da Poesía de Cabanillas
Trazos modernistas que o distinguen do popularismo ou formalismo dos antecesores, tendencia ao sensual e colorista, preciosismo verbal e musicalidade.
Teatro e Prosa
- Teatro: A man da santiña é unha comedia de tema amoroso; O Mariscal é un drama en verso que recupera a figura do mariscal Pardo de Cela. O Mariscal é un símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos reis.
- Prosa: Antífona da cantiga é unha antoloxía de cantigas populares.
Noriega Varela
Exerceu como mestre en diversos lugares de Galicia. Uniuse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o tema. É autor dun único libro, Montañescas, que a partir da terceira edición cambia o seu título polo de Do Ermo.
Temáticas Principais
- O costumismo: As circunstancias da vida dos labregos.
- O lirismo da natureza: Canta os aspectos máis humildes da natureza.