Sector Terciario y Comercio Global: Funcionamiento, Tipos y Deslocalización Económica

Economía2,43 KB

O Sector Terciario e a súa Evolución Económica

Os servizos son actividades que non producen bens materiais e que van destinadas a atender necesidades das persoas e de empresas. O sector 3 ou servizos cobrou importancia no século XX. En xeral, a máis desenvolvemento, maior importancia do sector.

Tipos de Servizos

  • Públicos: Finánciaos o Estado co diñeiro dos impostos; o seu obxectivo é satisfacer as necesidades básicas da poboación.
  • Privados: Ofrécenos empresas privadas ou persoas particulares. A principal finalidade é obter un beneficio económico.

A Deslocalización de Servizos

Tradicionalmente, os servizos concentráronse en áreas urbanas. O desenvolvemento das comunicacións e do transporte permitiron que empresas dos países desenvolvidos se trasladasen a países menos desenvolvidos, onde a man de obra é máis barata. Así, estamos asistindo a unha deslocalización dos servizos.

O Comercio

O comercio é o conxunto de actividades de intercambio de bens e servizos entre os produtores e os consumidores. Os factores que influen no comercio son:

  • O desenvolvemento dos transportes e das súas infraestruturas.
  • A densidade de poboación.
  • O nivel adquisitivo das persoas.

Comercio Interior e Exterior

Existen dous tipos de comercio:

  • O comercio interior: Son as actividades comerciais que se fan dentro dun país e nel interveñen dous tipos de comerciantes: os minoristas ou retallistas e os maioristas ou comerciantes por xunto.
  • O comercio exterior: É o que comprende as actividades comerciais entre países.

Organización do Comercio Mundial

O comercio está regulado por acordos entre os países e na Organización Mundial do Comercio (OMC). Para facilitar o comercio, moitos países únense formando bloques comerciais. Estes poden ser de dous tipos:

  • Área de libre comercio: Zona integrada por distintos países onde o comercio está exento de taxas e as mercancías poden circular libremente.
  • Unión aduaneira: É unha área de libre comercio onde se establece unha política aduaneira común fronte a países non membros.

Tamén hai asociacións creadas para o comercio dun produto en concreto, como a OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo).

Descargar

PDF Word HTML