La prosa gallega entre 1936 y 1976: realismo popular, realismo mágico, realismo social y socio-costumbrismo

Lengua y literatura4,13 KB

A prosa entre 1936 e 1976

A primeira publicación é A xente da Barreira (1950), de Carballo Calero, que é un autor novo. Pero nese momento, hai autores maduros que crean a mellor prosa: Cunqueiro, Blanco Amor, Neira Vilas e Anxel Fole.

En 1950, créase a Editorial Galaxia, sendo impulsores Ramón Piñeiro, Fernández del Riego e García Sabell, que se caracterizan por:

  • a) tradición cultural de preguerra;
  • b) reintegrar á cultura galega autores que optaran polo silencio;
  • c) reivindicar o galego como vehículo de cultura;
  • d) incorporar novas xeracións ao labor galeguista.

Principais liñas temáticas

a) Realismo popular

Ambientación rural, marcado dialectismo lingüístico, sinxeleza argumental e humorismo. O seu iniciador é Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986), que cultiva relatos breves:

  • Á lus do candil: mitoloxía popular.
  • Terra brava: manifesta o sobrenatural.

Os relatos parten da tradición oral e reflicten a vida do agro. A súa lingua está ateigada de vulgarismos e dialectalismos.

b) Realismo máxico

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) crea un mundo literario persoal:

  • disgregación da novela;
  • predominio da oralidade no estilo;
  • entrecruzamento do extraordinario co cotián.

Merlín e familia (1955): personaxes de lendas bretoas instalados en Miranda. Trazos: fantasía, gusto polo mito, humor e sintaxe complexa.

Outras novelas: Se o vello Sinbad volvese ás illas, Escola de menciñeiros e Os outros feirantes. En todas predomina o realismo, a fantasía e o humor, impregnados de oralidade.

c) Realismo social: Blanco Amor

(Ourense, 1900-Vigo, 1979). Ourense está sempre presente na súa obra (Auria), e comezaría a súa andaina como poeta, pero acadará importancia como narrador.

  • A esmorga: un día de esmorga itinerante de tres persoas, a través da declaración dun deles perante un xuíz, onde os personaxes son marxinais e primitivos. Esta obra é un emblema da literatura galega.
  • Os biosbardos: 7 relatos breves en primeira persoa, con protagonismo adolescente a principios do s. XX.
  • Xente ao lonxe: acción complexa que trata da evolución socialista en Ourense e tamén é a crónica da familia Vilar, desde o nacemento do derradeiro fillo ata a morte do pai.

d) Socio-costumismo

Neira Vilas, desde o realismo crítico, reflicte a vida do neno rural e da emigración:

  • Memorias dun neno labrego (1961): novela de estrutura sinxela que afonda no subdesenvolvemento dun grupo de xentes aldeás.
  • Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho: teñen protagonismo infantil.
  • Xente no rodicio: sociedade campesiña condenada á emigración e á autodestrución.
  • Tamén son importantes Camiño bretemoso e Historias de emigrantes.

Descargar

PDF Word HTML