Percorrido pola Literatura Galega: Movementos, Xeracións e Autores Clave (Séculos XX e XXI)

Lengua y literatura17,41 KB

Contexto Histórico e Cultural (1906-1936)

A comezos do século XX, Galicia vive un período de transformación social e política. O sistema da Restauración entra en crise, e xorden movementos como o agrarismo, o nacionalismo e organizacións como Solidaridad Gallega ou Acción Gallega. A ditadura de Primo de Rivera (1923) remata coa chegada da Segunda República (1931), que impulsa iniciativas como o Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía.

Neste contexto nacen as Irmandades da Fala (1916), que defenden a lingua galega e impulsan a súa normalización: cooficialidade, ensino en galego, edicións literarias, dicionarios e gramáticas. Fundan editoriais (Nós, Céltiga, Lar), publicacións como A Nosa Terra, compañías teatrais e o Seminario de Estudos Galegos (1923). Tamén destaca a Real Academia Galega (1906) que promove o proceso de estandarización lingüística cun galego diferencialista (enxebre).

A Poesía no Primeiro Terzo do Século XX

A poesía das Irmandades da Fala

A poesía iníciase como continuación do Rexurdimento pero busca renovación estética e temática. Destacan:

  • Antón Noriega Varela: en Do Ermo, combina poesía costumista (visión rural conservadora) e montañesa (amor á natureza, ton sinxelo).
  • Ramón Cabanillas: Poeta central do período, representa o "poeta da Raza". Evoluciona desde o modernismo (nostalxia, desterro en Vento Mareiro) ata a poesía cívica (Da terra asoballada) e mítica (Na noite estrelecida, O bendito San Amaro). Na posguerra publica obras intimistas como Da miña zanfona ou Samos.

Tamén destacan:

  • Gonzalo López Abente: con Nemancos, inspirado en Pondal.
  • Vitoriano Taibo: con influencias do saudosismo portugués, patriótico e descritivo.

A poesía de vangarda

As vangardas europeas (anos 20-30) rompen co tradicional e chegan a Galicia coa Xeración do 25, formada por autores influídos polas Irmandades e o Grupo Nós.

Características comúns da Vangarda
  • Liberdade creativa.
  • Arte deshumanizada.
  • Linguaxe poética renovada.
Movementos Vangardistas
  • Creacionismo (único -ismo galego auténtico): liderado por Manuel Antonio (De catro a catro), poesía de imaxes libres, versolibrismo, léxico mariñeiro, disposición visual novidosa.
  • Neotrobadorismo: recrea cantigas medievais con imaxes modernas (Nao senlleira de Bouza Brey, Cantiga nova... de Cunqueiro).
  • Imaxinismo/Hilozoísmo: poesía breve e paisaxística, con linguaxe metafórica (Proel, O galo de Amado Carballo).

A prosa no primeiro terzo do século XX

O Grupo Nós moderniza a narrativa galega, introduce correntes europeas e impulsa o ensaio.

Temas principais
  • Identidade galega.
  • Mundo rural en decadencia.
  • Defensa da lingua.
  • Narrativa etnográfica.
  • Crítica social, humor macabro, simbolismo e naturalismo.
Ensaios
  • Risco: visión de Europa, ensaio intelectual.
  • Otero Pedrayo: gran diversidade temática (xeografía, historia...).
  • Castelao: pensamento político galeguista e nacionalista (Sempre en Galicia).
Narrativa
  • Risco: novelas introspectivas (Arredor de si).
  • Castelao: estilo claro e humorístico (Cousas, Os dous de sempre), fusiona plástica e literatura.

O teatro no primeiro terzo do século XX

O teatro galego desenvólvese tarde pero medra grazas ás Irmandades da Fala, que o usan como medio de transmisión do ideario galeguista.

  • Irmandades: fomentan o teatro tradicional e tamén textos máis modernos como os de Cabanillas (O mariscal).
  • Grupo Nós: madurez teatral, mestura tradición e vangarda, simbolismo escénico e expresión artística.

Obra clave: Castelao, Os vellos non deben namorarse, cunha posta en escena innovadora e temática universal (amor a destempo).

Vangardas: en teatro, destaca Risco con A fiestra baldeira, que introduce simbolismo e arte plástica nun ambiente popular.

A Literatura Galega na Posguerra e o Franquismo

Promoción de Enlace

Esta promoción serve de nexo entre a Xeración do 36 e a Xeración das Festas Minervais. Nace na década dos 20 e desenvólvese en plena represión cultural galega.

Características xerais
  • Visión negativa do mundo.
  • Actitude resignada e desesperada.
  • Desorientación estética.
  • Carencia de unidade creativa.
  • Ausencia de órganos literarios en galego (revistas, xornais, editoriais...).
Autores destacados
  • Luz Pozo Garza: Poesía culta con referencias artísticas e literarias. Vitalismo dominado polo amor. Visión nostálxica e tendencia erótica.
  • Antón Tovar: Poemarios intimistas. Temas: soidade e desánimo. Estilo: sinxelo e musical.
  • Manuel Cuña Novás: Fundador da “Escola da Tebra”. Existencialismo. Visión pesimista e angustiada da vida.

Xeración das Festas Minervais

Nacemento: Entre 1930 e 1940. Diferéncianse da promoción anterior en que non viviron a Guerra Civil.

Actividade cultural
  • Restauración das Festas Minervais.
  • Colaboración no diario La Noche.
  • Publicación na colección Illa Nova.
  • Fundación da editorial e grupo “Brais Pinto”.
  • Inicio do nacionalismo revolucionario.
Obxectivos e influencias
  • Resposta ao illamento da ditadura.
  • Influencia do mundo cultural francés.
  • Búsqueda de novas formas artísticas.
Estilo e contribución
  • Rupturismo (rompemento coas normas artísticas tradicionais).
  • Renovación poética galega.
  • Fusión de vangardismo e tradición galega:
    • Poesía cívica.
    • Existencialismo rosaliano.
    • Celtismo pondaliano.
    • Paisaxismo.

Literatura de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Contextualización

A morte de Franco (1975) marca o inicio da Transición (1975–1981) e o proceso cara a un Estado democrático. Galicia obtén o Estatuto de Autonomía, logrando un importante grao de autogoberno. A censura persiste ata 1978.

  • Mellora da situación da lingua galega: presenza na escola e nos medios.
  • Aumento dos espazos de liberdade: impulso das publicacións en galego.
  • Nacemento de novas editoriais: Edicións Xerais de Galicia (1980).
  • Premios literarios que favorecen a produción e calidade das obras.

Esta etapa corresponde á terceira fase da época contemporánea segundo Francisco Rodríguez: “Na encrucillada: a loita polo futuro...”

A Poesía dos Anos 80 e 90

Características xerais

  • Volta ao “eu” e á identidade individual.
  • Dinamización poética favorecida pola eclosión da escrita feminina e feminista, a coincidencia de varias promocións activas e a pluralidade de estilos e tendencias.
  • Cambios de rumbo importantes.

Estética do Socialrealismo (Anos 60–70)

Autores nados entre 1940 e 1955. Contexto: loita antifranquista, nacionalismo. Escrita con:

  • Carga ideolóxica.
  • Denuncia e reivindicación.
  • Defensa da lingua.
  • Oposición á opresión social e nacional.
  • Desexo de liberdade.
Autores destacados do Socialrealismo
  • X. Vázquez Pintor.
  • Darío Xohán Cabana: Verbas a un irmao (socialrealismo), Romanceiro da Terra Chá (paisaxismo). Uso de formas clásicas para tratar erotismo e patria.

Poesía Galega desde 1976: A Renovación

Reacción contra o socialrealismo (desde 1976). Obra destacada: Con pólvora e magnolias (Méndez Ferrín). Renovación consolidada na primeira metade dos 80, iniciando a chamada “idade de ouro” da poesía galega.

Xeración dos 80

Contexto: Participación en revistas (Luzes de Galiza), premios literarios e publicacións en coleccións poéticas.

Trazos principais
  • Renovación estética.
  • Culturalismo: referencias literarias, musicais e míticas (celtas, gregos, etc.).
  • Diálogo entre modernidade e tradición (ex.: Cunqueiro e Pessoa).
  • Contracultura urbana e marxinal (ex.: Lois Pereiro, Xela Arias).
  • Erotismo e introspección.
  • Coidado lingüístico, rítmico e formal: a poesía como arte da linguaxe.
Autores destacados
  • Álvarez Cáccamo.
  • Xela Arias: rebeldía, experimentación, discurso antipatriarcal (Darío a diario → maternidade).
  • Ramiro Fonte.
  • Pilar Pallarés.
  • Lois Pereiro: expresión expresionista, irónica.
  • Manuel Forcadela: barroquismo, sensualismo, metapoesía, rigor formal.
  • Ana Romaní.
  • Xavier Seoane.
  • Luísa Villalta: coidado formal, referencias musicais, reflexión sobre a condición feminina.

Crise poética a finais dos 80

Perda de acollida por parte do público, peche de coleccións poéticas e predominio da narrativa nas editoras. Mudanza de xénero por parte de moitos poetas. Fernán Vello funda Espiral Maior (comezos dos 90), editorial relevante para a poesía posterior.

Xeración dos 90 (Poesía)

Reacción contra a estética dos 80. Nace nun contexto de relativo estancamento da poesía. Moitos autores con estudos de lingua, literatura ou filoloxía galega, o que lles confire maior dominio da lingua e da tradición literaria.

Características xerais
  • Continuidade con respecto aos 80, pero con trazos propios.
  • “Intimismo da experiencia”: tratamento vivencial de temas tradicionais (amor, vida, morte, patria).
  • Linguaxe coidada, pero máis directa e coloquial.
  • Versolibrismo predominante e afán experimental, rompendo coas formas poéticas tradicionais.
  • Redución da carga culturalista.
  • Recuperación da poesía comprometida, desde ópticas alternativas (feminismo, ecoloxismo, anticapitalismo), cun diferente enfoque do socialrealismo clásico.
Poetas representativos
  • Fran Alonso, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Lupe Gómez, Carlos Negro, Olga Novo, Enma Pedreira, Rafa Vilar, Francisco Souto.

Novísima Poesía (Novo Milenio)

Contexto: Diversidade de voces nos 90 leva a tentativas de clasificación. Novas promocións a partir do 2000, ligadas á desaparición de editoriais e coleccións.

Características comúns
  • Continuidade do peso da escrita feminina e feminista.
  • Compromiso social: feminismo, ecoloxismo, violencia de xénero, etc.
  • Experimentación formal e temática: fragmentarismo, intertextualidade, simboloxía, relación con outras artes.
  • Poesía da experiencia: ton directo, forma tradicional, temas da épica cotiá.
Novas formas de difusión
  • Ciberliteratura.
  • Performances músico-poéticas (Exemplo: Aldaolado, con Lucía Aldao e María Lado).
Autores/as destacados/as
  • Rosalía Fernández Rial, María Lado, Daniel Salgado.

Teatro Galego de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Tendencias principais

  • Teatro crítico e comprometido coa realidade: Uso do humor e da sátira. Temas: conflitos de parella, soidade, marxinalidade social.
  • Culturalismo: Uso do teatro dentro do teatro. Reflexión sobre vida e escena. Intertextualidade. Adaptacións de novelas contemporáneas (O lapis do carpinteiro, A esmorga...).
  • Teatro experimentalista: Renovación das linguaxes escénicas. Multidisciplinariedade.
  • Teatro lúdico (comedia): Representantes: Pazó, Cadaval. Modalidades: comedia de enredo, musical, policial...

Autores principais (Xeración Post-Abrente)

Promoción dos 80
  • Manuel Guede Oliva, João Guisán Seixas, Miguel Sande.
Promoción dos 90
  • Quico Cadaval, Teresa González Costa, Cándido Pazó, Rubén Ruibal Armesto.

Narrativa Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Evolución

Pasa da narrativa realista con preocupación social a fórmulas máis complexas e experimentais: construcións alegóricas, multiperspectivismo, fragmentarismo. A literatura serve como medio de reflexión sobre a identidade colectiva e as eivas históricas de Galicia (menor presenza nos anos 80).

Tres momentos clave

  1. Autores da Transición (fins dos 70 e inicios dos 80): Xavier Alcalá, Paco Martín, Anxo Rei Ballesteros, Marina Mayoral, Carlos Casares.
    • Primeira etapa: renovación formal, ambientación na Galicia franquista, elementos autobiográficos, modernidade narrativa (Vento ferido, Cambio en tres).
    • Segunda etapa: abandono da Nova Narrativa Galega, regreso a técnicas tradicionais, ambientación histórica.
  2. Eclosión dos 80 (autores nados nos 50): Publican as súas primeiras obras a finais dos 80. Fomento da novela pola presenza do galego no ensino e a orientación comercial das editoriais. Aumento da narrativa infantil e xuvenil.

Narrativa Galega de Finais do Século XX e Comezos do XXI

Contexto xeral: Abandono dos estilos experimentais da Nova Narrativa. Fin das temáticas ruralistas debido á nova realidade sociolóxica. Aumento de títulos e autores/as con tendencias diversas.

Tendencias principais
  • Narrativa de xénero: Ficción científica, erótica, sentimental, misterio, western, piratas, novela negra... Crítica social e costumismo urbano. Destacado: Suso de Toro.
  • Narrativa humorística: Humor combinado con crítica social e de costumes.
  • Novela histórica.
  • Narrativa memorialística sobre o 36: Aborda a Guerra Civil.
  • Narrativa fantástica e marabillosa: Segue a liña de Cunqueiro e a tradición artúrica/cabaleiresca.
  • Narrativa lírica: Estilo poético, sentimentalidade e exploración connotativa da linguaxe.
  • Narrativa de evocación: Evocación do mundo tradicional galego, pasado das comunidades costeiras ou Compostela universitaria.
  • Narrativa urbana e experimental: Estilo contracultural e posmoderno. Aparece a literatura bravú: Xurxo Souto e Santiago Jaureguízar.
  • Narrativa sociolingüística: Explora o conflito idiomático da sociedade galega.
Autores destacados

Marilar Aleixandre, Darío Xohán Cabana, Agustín Fernández Paz, Manuel Rivas, Suso de Toro.

Manuel Rivas: gran proxección mediática e editorial. Obras clave: Un millón de vacas, Que me queres amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal.

Narrativa do Século XXI

Contexto adverso: Crise económica de 2008, pandemia da COVID. Redución de axudas institucionais e presión editorial.

Fenómeno salientable: Eclosión da narrativa de mulleres
  • Protagonismo feminino e autoafirmación.
  • Relacións persoais (nai-filla, amigas...).
  • Cuestionamento do patriarcado e roles tradicionais.
  • Reivindicación de figuras femininas históricas.
  • Exploración de temas sociolóxicos e psicolóxicos (doenzas mentais, etc.).

Pioneiras: Xohana Torres, Mª Xosé Queizán, Helena Villar.

Novas voces: Rosa Aneiros, Anxos Sumai, Ledicia Costas, María Reimóndez.

Outros autores: Agustín Agra, Diego Ameixeiras, Manuel Darriba, Séchu Sende, Manuel Núñez Singala.

Ensaio Galego Contemporáneo

Evolución

Nacemento co Grupo Nós, recuperación co Grupo Galaxia. Nos anos 80-90: eclosión grazas a revistas, coleccións e traballos institucionais.

Tipos e temas principais

  • Económico: X. Manuel Beiras.
  • Político, histórico, sociolóxico, psicolóxico.
  • Cultural e artístico: Mª do Cebreiro, Antón Figueroa, Luísa Villalta.
  • Lingüístico e sociolingüístico: R. Carvalho Calero, X. Alonso Montero, Núñez Singala.
  • Antropolóxico.
  • Feminista: Teresa Barro, Mª Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez.
  • Biografías e memorias: Autores como Neira Vilas, A. Fernández Paz, Álvarez Cáccamo, Mª Xosé Queizán.

Descargar

PDF Word HTML