Resumen da morfosintaxe galega e da literatura galega de 1936 a 1976
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 14,37 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta os conceptos básicos de morfosintaxe galega (unidades lingüísticas, tipos de frases, funcións sintácticas e valores de "se") e despois repasa a literatura galega entre 1936 e 1976: contexto da Guerra Civil e do exilio, prosa, Nova Narrativa, teatro e poesía. Tamén trata a sociolingüística do galego nese período, coa represión, a desgaleguización, a diglosia e as iniciativas de recuperación.
Puntos clave
- A morfosintaxe estuda as clases de palabras (morfoloxía) e as relacións entre elas (sintaxe); o monema é a unidade mínima con significante e significado.
- A oración é a unidade sintáctica máis alta e realiza unha predicación, polo que necesita un verbo.
- A Guerra Civil (1936-1939) rompeu o movemento cultural galego e provocou exilio e censura, o que reduciu a prosa despois da guerra.
- A Nova Narrativa (1957-1970), da Xeración dos 50, incorporou temas sociais, monólogo interior, existencialismo e cambios no narrador inspirados en autores como Joyce, Kafka ou Woolf.
- Editorial Galaxia axudou a recuperar o teatro a partir de 1959, e o Teatro Independente e as mostras de Ribadavia impulsaron a profesionalización do sector nos anos 60 e 70.
- A diglosia define unha situación na que unha lingua queda relegada ao uso informal mentres a outra se usa en contextos formais.
- En 1978 o galego foi declarado lingua cooficial de Galicia, xunto coa creación das institucións autonómicas, a Radio Galega e a TVG.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Conceptos Fundamentais da Lingüística Galega
Morfosintaxe
Morfosintaxe: estudo das distintas clases de palabras (morfoloxía) e da relación que establecen entre si (sintaxe).
Unidades Lingüísticas
- Monema: unidade mínima dotada de significante e significado.
- Palabra: formada por monemas: substantivos, adx., pronom., artigos, verbos, adv., prep., conx.
- Frase: constituída por palabras, desenvolve unitariamente unha función sintáctica.
- Oración: unidade sintáctica máis alta constituída por frases. Realiza unha predicación, polo que é necesario un verbo.
Tipos de Frases
- Frase Nominal (FN):
- Determinante (ou núcleo da FN): Artigos, pronomes determinantes (posesivos, demostrativos, indefinidos, relativos, numerais).
- Núcleo: substantivo, pronome.
- Modificador: adxectivo, frase preposicional, oración subordinada adxectiva.
- Frase Adxectiva (F. Adx.):
- Modificador: adv.
- Núcleo: adx.
- Modificador: frase preposicional, frase adxectiva ou adverbial, oración subordinada substantiva.
- Frase Adverbial (F. Adv.):
- Modificador: adv.
- Núcleo: adv.
- Modificador: adv., frase prep., oración subordinada adverbial.
- Frase Preposicional (F. Prep.):
- Enlace: prep.
- Termo: frase nominal, adx., adv., prep., oración subordinada.
- Frase Verbal (F. Verb.):
- Núcleo: verbo / perífrase.
- Complementos: CD, CI, suplemento, CCirc., Atr., Predicativo, C. Ax.
Funcións Sintácticas
- Suxeito: FN, pronome persoal ou det., oración subordinada substantiva. Implícito ou explícito. Impersoal.
- Complemento Directo (CD): o, a, os, as. Unidades: FN, pronome átono, F. Prep.
- Complemento Axente (C. Axente): foron vistos, voz pasiva. Unidades: F. Prep. (por).
- Complemento Indirecto (CI): lle/lles.
- Complemento Circunstancial (CC): lugar, tempo, modo, cantidade, instrumento, compañía, negación. Unidades: FN, F. Adv., F. Prep.
- Atributo (Atr.): verbos copulativos. Unidades: FN, F. Adx., F. Prep.
- Complemento de Réxime (C. Réxime): aspirar a, queixarse de... Unidades: F. Prep.
- Complemento Predicativo (C. Predicativo): substituír por así ou iso. Unidades: F. Adx., F. Prep.
- Complemento Indirecto Redobrado (CI Redobrado): deiche as chaves a ti.
Tipos de Oracións
- Oracións Atributivas:
- Caracterizadoras: o Atr. é un Adx.: "Ela é simpática."
- Identificadoras: o Atr. é un Subst.: "Eses homes son cooperantes."
- Oracións Pasivas:
- Pasiva perifrástica: perífrase + participio: "Ela foi xulgada por un xurado."
- Pasiva reflexa: "Aquí fixéronse moitas cousas."
- Segundo a actitude do falante: enunciativa, exclamativa, interrogativa, dubitativa, desiderativa, imperativa.
Valores de "Se"
- Conxunción:
- Completiva (preguntoume se tiña frío).
- Condicional (se ves comigo, dareicho).
- Pronome:
- Reflexivo (CD: lavou as mans).
- Recíproco (CD, CI: os mozos saudáronse).
- Pasiva reflexa: véndense pisos nese edificio, cómprase coche.
- Marca de impersonalidade: fálase da suba de prezos.
- Verbos pronominais: queixarse.
Panorama da Literatura Galega (1936-1976)
Contexto Histórico: A Guerra Civil e o Exilio
A Guerra Civil (1936-1939) supuxo a ruptura do movemento político e cultural iniciado coas Irmandades, Xeración Nós, Seminario de Estudos e o Partido Galeguista, os cales estaban no cárcere ou no exilio. Houbo unha forte represión de todo aquilo que puidese atentar contra a patria.
A Novela no Exilio
- Lorenzo Varela: Publica Lonxe e Catro poemas para catro gravados.
- Luís Seoane: Fardel de exiliado, Na brétema de Santiago, As cicatrices... Tema: emigración europea e americana e o pasado celta e medieval.
- Castelao: Sempre en Galiza: discrepancias cos políticos republicanos, concepto de Galiza como nación, antiimperialismo, federalismo, denuncia social anticentralista.
- Teatro: Os vellos non deben de namorarse: trazos innovadores, expresionistas e simbolistas.
- Eduardo Blanco Amor: director de publicacións, asesor literario de Emecé Editores. A esmorga: publicada en Bos Aires, a Editorial Galaxia intenta publicar a obra pero foi rexeitada pola ditadura franquista, polo que chega a Galicia de forma clandestina.
- Silvio Santiago, Ramón de Valenzuela: vivencias persoais no exilio e na Guerra Civil.
A Prosa (1936-1976)
A prosa sofre un retroceso despois da Guerra Civil pola causa do exilio e a censura que silencia os escritores.
Ánxel Fole
Libros de contos: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa... Temática popular con elementos parapsicolóxicos, premonicións, telepatía, supersticións, aparicións, crenzas tradicionais (meigas, Santa Compaña)... Contos de medo e misterio ambientados no Courel ou Lugo.
Álvaro Cunqueiro
Mestura de imaxinación, realismo e humor: Merlín e familia, Os outros feirantes... Recrea as crenzas e o pensamento do rural galego, plasmando a personalidade en personaxes reais ou imaxinarios.
Eduardo Blanco Amor
Os biosbardos, A Esmorga, Xente ó lonxe. Recrea o seu Ourense natal, dando cabida ás clases populares urbanas, obreiros, prostitutas e introducindo ambientes opresivos da cidade.
Xosé Neira Vilas
Recrea a Galiza nos anos 20 e 30. Obras centradas na emigración, mundo urbano ou inxustiza social: Memorias dun neno labrego, na que Balbino rebélase e abandona a casa tras sufrir do pai un castigo humillante a causa dun enfrontamento co fillo do señor.
A Nova Narrativa (1957-1970)
Autores da Xeración dos 50 con formación universitaria e literaria que traen novas técnicas e temáticas da narrativa universal do momento con autores coma Joyce, Kafka, Woolf, Duras...
Características da Nova Narrativa
- Temas sociais: emigración a Europa, despoboamento rural, crítica social en clave simbólica e antirrealista.
- Cambio espazo-temporal: a lugares sórdidos. Espazo psicolóxico e angustioso, presenza de analepses.
- O heroe: personaxes con traumas e eivas físicas e psíquicas. Protagonistas inseguros e desequilibrados.
- Monólogo interior: discurso mental dos personaxes a través dunha sintaxe caótica, desaparece o narrador.
- Existencialismo e mundo absurdo: presenza da morte, falta de identidade, liberdade, violencia...
- Cambio no narrador: alternancia de narradores autodiexéticos con varias voces narradoras, focalizacións externas ou subxectivas.
- Cambio na linguaxe: a linguaxe narrativa galega innova.
O Teatro Galego (1936-1976)
Durante a Guerra Civil só houbo representacións politicamente inofensivas para o réxime franquista. Editorial Galaxia axuda á recuperación do teatro a partir de 1959 coa publicación de Vieiro choído de Franco Grande, a estrea de O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e o grupo teatral do coro Cántigas e Agarimos.
Tipos de Teatro
- Teatro costumista, desenvolto por un sector das Irmandades antes da guerra.
- Teatro simbolista e expresionista da preguerra.
- Teatro existencialista de fonda reflexión sobre a identidade da persoa.
A Xeración dos 50 no Teatro
Franco Grande, Arcadio López Casanova, Xoana Torres, María Xosé Queizán, Manuel María. A obra teatral inclúe: farsas, pezas infantís, autos, dramas épicos. Intención educadora e de concienciación nacional e social que fan reflexionar de forma crítica sobre o pasado e aspectos da realidade galega actual.
Rexurdimento das Actividades Teatrais (Anos 60)
Teatro Independente, iniciado co grupo de Manuel Lourenzo O Facho. Obras de axitación antifranquista e pronacionalista, teatro experimental.
Certames e Mostras de Teatro
Certames e mostras de teatro de Ribadavia, Agrupación Cultural Abrente (1973): Agrelo Ermo, Prego, Euloxio Ruibal, Manuel Lourenzo e Vidal Bolaño impulsan a profesionalización do sector, conseguen a normalización lingüística no teatro, promoveron premios, formación teatral, incorporaron recursos do teatro europeo, crearon un teatro actual e comprometido con denuncia social. As obras que escribiron foron encadradas no Teatro da derrota e da dignidade, con personaxes marxinais, antiheroes que mostran que os perdedores son o resultado dunha sociedade tóxica.
A Poesía Galega de Posguerra
Xeración do 36
- Luís Seoane: (exiliado en Arxentina: pintor, poeta e autor de teatro. Recolle na súa obra o mundo da emigración e o pasado celta e medieval: Fardel de exiliado, As cicatrices).
- Lorenzo Varela: (denuncia a situación do país na posguerra dende o exilio).
- Celso Emilio Ferreiro: (poeta social, intimista e autor de poesía satírica).
- Aquilino Iglesia Alvariño: (visión humanizada da natureza en verso libre, sonetos modernistas).
- Álvaro Cunqueiro: (surrealismo: Poemas do si e non; poesía deshumanizada cubista: Mar ó norde; neotrobadoresca: Dona do corpo delgado; poesía da nostalxia: Herba aquí ou acolá).
Promoción de Enlace
Poetas bilingües que se formaron nos primeiros anos da posguerra. Combinan compromiso social coa angustia existencial ou o erotismo vitalista.
- Luz Pozo Garza: O paxaro na boca: temática sensual, amorosa. Verbas derradeiras: morte, desamor e angustia existencial.
Xeración das Festas Minervais
Xurdiron a través de certames literarios nos anos 50 chamados así.
- Poesía intimista existencial: a morte, a soidade, desesperanza (Poetas da Escola Tebra).
- Socialrealismo, poesía de denuncia: opresión, solidariedade, futuro de Galiza.
Uxío Novoneyra
Poeta antibelicista, reclama a liberdade ante as represalias de Franco, defensa da lingua, reivindicación nacionalista.
Méndez Ferrín
Poesía de denuncia (ton menos panfletario), erótica, existencial (nostalxia do pasado e reflexión sobre a vida).
- Atópome coa testa contra o muro: lembranza da infancia desde a desolación dun recordo que mostra a dor da represión franquista vivida. Poema existencialista e intimista á vez que de denuncia social, traumática experiencia da represión franquista que leva ao poeta a recordar a súa infancia con dor.
Sociolingüística: O Galego (1936-1975)
A Represión Franquista e a Desgaleguización (Anos 40)
O franquismo reprimira a diversidade lingüística no seu obxectivo de uniformización cultural de España, considerando antipatriótico e separatismo a quen se exprese en galego.
A desgaleguización: promovida polo Estado e a Igrexa, o Exército, o sistema educativo, a emigración e os medios de comunicación. Prexuízos diglósicos sociais, aumento do monolingüismo castelán. No exilio promóvese a publicación de libros e a emisión de programas de radio en galego, creación de grupos teatrais e celebración de actos culturais coa intención de manter viva a cultura galega.
Iniciativas de Recuperación (Anos 50 e 60)
- Anos 50: Editorial Galaxia abandona a loita política clandestina, publicando a revista Grial e editando libros en tódolos xéneros e sacando á luz a Revista de Economía de Galicia.
- Anos 60: Recuperación da cultura coa creación de Edicións Castro, nacemento de organizacións políticas nacionalistas, cátedra de Lingua e Literatura Galega na USC, Instituto da Lingua, aparición da nova canción galega ou emisión de programas en galego na TVG.
Conflito e Diglosia
Definición de Diglosia
Diglosia: prodúcese cando dentro dunha comunidade que se desenvolve en dous idiomas, créase un desequilibrio para unha das linguas, quedando relegada para uso informal e a outra para uso formal.
Prexuízos Lingüísticos
Minusvaloración do noso idioma debido á discriminación que sufriu dende o s. XV. Os prexuízos provocan un retroceso na lingua galega, identificándoa cunha clase e nivel económico baixos. Sectores hexemónicos presentan o proceso de normalización lingüística coma unha agresión para o castelán como lingua dominante. Insistencia na educación aos galegofalantes por "falar mal", os neofalantes son considerados radicais ou que o fan por modismo.
Situación Actual do Idioma
O galego vive un proceso de normalización coa adquisición de novos ámbitos e unha nova consideración social. O castelán segue a gañar máis falantes nas zonas urbanas e xeracións máis novas, e a progresiva desaparición da sociedade tradicional acelera a desgaleguización.
- 1978: o galego é lingua cooficial de Galicia, creación de institucións autonómicas no marco constitucional, aparición da Radio Galega e da TVG.
Certos sectores manteñen un discurso galegofóbico, opoñéndose ás medidas normalizadoras do galego.
Preguntas frecuentes
Que é a diglosia?
A diglosia prodúcese cando, nunha comunidade que usa dúas linguas, unha queda desequilibrada e relegada ao uso informal, mentres a outra se emprega para o uso formal.
Que caracteriza a Nova Narrativa galega?
Recolle temas sociais como a emigración e o despoboamento rural, espazos psicolóxicos e angustiosos, protagonistas traumatizados e o monólogo interior, con influencias de autores como Joyce, Kafka, Woolf ou Duras.
Cal foi o papel de Editorial Galaxia na recuperación do teatro galego?
A partir de 1959 Editorial Galaxia axudou a recuperar o teatro coa publicación de Vieiro choído de Franco Grande e a estrea de O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.