Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas: Narrativa, Teatro e Ensaio do Grupo Nós

Otras lenguas extranjeras3,41 KB

Otero Pedrayo, un dos narradores máis prolíficos das Irmandades da Fala

Otero Pedrayo é un dos narradores máis prolíficos do tempo das Irmandades da Fala. A súa obra narrativa podémola agrupar temáticamente en dous grandes apartados: as obras que teñen como tema Galicia e as obras de tema non galego.

Obras de tema non galego

Neste segundo grupo só escribiu Fra Vernero, obra que narra a vida dun personaxe histórico, Zacarías Werner.

Obras de tema galego

O resto da súa produción xenuinamente galega pódese agrupar en:

  • Narracións realistas, nas que ofrece unha visión obxectiva da sociedade galega do século XIX.
  • Novelas culturalistas, nas que expón as súas ideas e demostra unha ampla erudición.

A produción teatral

A produción teatral de Otero Pedrayo segue a mesma finalidade modernizadora que xa aplicara na súa narrativa. O seu teatro é moi experimental e novidoso, centrándose na presentación de espazos simbólicos e na posta en escena de todo tipo de personaxes. A súa produción dramática está constituída por A lagarada, O libro dos amigos e Historia de Galicia.

Vicente Risco

Outro dos membros destacados da X.Nós é Vicente Risco. O autor ourensán segue unha traxectoria semellante á dos seus compañeiros, Otero Pedrayo e Cuevillas. Partindo dunha primeira etapa de inadaptados, na que as súas miradas se dirixen cara ao exterior, chegan a descubrir a realidade galega.

No caso de Risco, a Guerra Civil supuxo un abandono do galeguismo e da escrita en galego. O didactismo é o eixe fundamental da súa produción.

Produción literaria

A súa produción literaria inicíase coa publicación en 1919 de Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros. En 1935 publica O lobo da xente e A trabe do ouro e De alquitrán, dúas obras relacionadas moi directamente coas lendas tradicionais galegas. Anos antes apareceran algúns fragmentos na revista Nós de Os europeos en Abrantes, unha crítica á sociedade ourensá do momento.

A súa obra narrativa máis sobranceira foi O porco de pé, sátira do ascenso da burguesía foránea en Galicia a través da figura de don Celidonio. O seu labor literario complétase coa obra O bufón de El-Rei, peza na que, a partir da figura do bufón, o autor reflexiona sobre a relación entre a beleza física e a bondade moral.

Produción ensaística

A súa produción ensaística constitúena tres obras: Teoría do nacionalismo galego, Mitteleuropa e Lería.

Florentino Cuevillas

Non esquecemos a Florentino Cuevillas, que formou parte do cenáculo ourensán e foi arqueólogo e historiador do Grupo Nós. Evolucionou desde unha perspectiva cosmopolita ao descubrimento e reintegración da cultura galega.

Na súa produción literaria destacamos Dos nosos tempos, ensaio que relata a evolución intelectual dos homes do grupo ourensán. Alude ao desengano ante a civilización moderna e industrial, que os leva ao orientalismo intelectual, e aos efectos que van ter nas súas conciencias a Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa.

Tamén na súa obra Prosas galegas reúne breves ensaios, homenaxes a escritores galegos e estudos varios.

Descargar

PDF Word HTML