Ocio e espectáculo na Grecia clásica: teatro e xogos olímpicos
Ocio e espectáculo na Grecia clásica
O teatro era un feito social con sentido de entretemento educativo e relixioso. Nun principio era de madeira e podían desmontarse, pero co tempo fixéronse de pedra na falda dunha colina, aproveitando a inclinación para facer o graderío.
A orquestra
Tiña forma circular e nela situábanse as representacións e o coro, que tiña un papel moi importante, aínda que co tempo foi decaendo. O coro cantaba anticipando os sentimentos que iban suceder. Ás veces tamén bailaban ao son da frauta.
A escena
A escena era unha edificación situada detrás da orquestra, que servía de teón de fondo, pero que ao mesmo tempo contiña unha serie de dependencias. Diante da escena estaba o proscenio.
O proscenio
Era unha plataforma de 3 ou 4 m de altura sobre a que representaban os actores. Os actores levaban máscara, que variaba según o papel.
A organización das representacións, que tiñan lugar 3 veces ao ano, era competencia dos arcontes. Podían asistir todos os habitantes da cidade. Nun principio eran gratuítas, pero máis tarde cobrábase unha pequena cantidade para contribuír aos gastos.
O Estado costeaba os preparativos e organizaba concursos entre os cidadáns para escoller as obras que se representaban. Os gastos da representación corrían a cargo dun cidadán rico, que deste xeito cumpría coas súas obrigas fiscais.
Os 4 tipos de representación
- Traxedia: representábase nas festas en honor a Dionisio. Os argumentos eran de carácter mitolóxico, había partes cantadas e partes recitadas. Nunha traxedia grega había música, poesía e espectáculo.
- Comedia
- Mimo
- Drama satírico
Competicións atléticas
A práctica do deporte levábase a cabo por atletas espidos nas palestras e ximnasios. Estaba vetada aos escravos e aos metecos.
Os deportes máis comúns eran a carreira, a loita (tiña 2 modalidades: o pugilato, que non tiña límite de tempo, e o pancracio, que valía todo excepto meter os dedos), o salto, o lanzamento de disco e de xabalina.
Os xogos
Había 4 bloques: os olímpicos, os ísmicos, os píticos e os nemeos.
Os olímpicos
Eran tan importantes que, en caso de guerra, había unha tregua durante 3 meses. Eran en honor a Zeus e celebrábanse cada 4 anos no santuario de Olimpia. Tiñan carácter relixioso e deportivo, duraban 5 días e eran tan importantes que os gregos medían o tempo por olimpíadas.
Nun principio tiñan carácter local, pero co tempo foron participando atletas doutras pólis, e así deixaron de ser xogos panhelénicos. Segundo a tradición, foron fundados por Hércules.
Condicións
- Ser grego.
- Ser libre.
- Nacido dun matrimonio lexítimo.
- Non ser desonrado.
- Entrenar durante os 10 meses anteriores, o último deles en Elis.
O Consello Olímpico era o que organizaba os xogos. Os seus membros eran 10 elixidos cada 4 anos, debían residir en Olimpia e tiñan como misión administrar o tesouro de Zeus, seleccionar os atletas, supervisar os adestramentos, inscribir os participantes, conceder premios e sancións.
Dado o carácter relixioso dos xogos, un sacerdote encargábase dos sacrificios e das instalacións sagradas. O estadio era unha pista estreita e longa.
Os premios para os vencedores eran coroas de oliveira. O nome dos gañadores incluíase nas listas oficiais e, cando volvían ás súas cidades, eran recibidos con honores triunfais.
As sancións por algunha infracción eran económicas, políticas ou incluso corporais.
As mulleres non podían participar, o que non quería dicir que non practicasen deporte. En Esparta eran adestradas en lanzamento de disco, loita...
En Olimpia celebrábanse uns xogos en honor a Hera, nos que as participantes vestían unha túnica. O premio era unha coroa de oliveira e un anaco de vaca sacrificada.
Os xogos olímpicos desapareceron no século IV d.C. por orde do emperador romano Teodosio, e Olimpia quedou abandonada ata que no século XIX foi escavada por Pierre de Coubertin.