A Nova Narrativa Galega: Temas, Técnicas e Autores Clave (Ferrín e Casares)
A NOVA NARRATIVA GALEGA
Entre os anos 60 e 70 xorde unha nova promoción de autores que, influenciados polas correntes literarias de Europa do momento, protagonizaron unha renovación importante da nosa narrativa. É a nova narrativa galega, e estes son os seus trazos básicos:
Temas
- A soidade e a angustia ante o absurdo da existencia
- O mundo do subconsciente: soños, pesadelos...
- Espazos urbanos imprecisos ou claustrofóbicos
Técnicas
- Narración en primeira persoa en forma de monólogo interior
- Ruptura da liña temporal: avances e retrocesos no tempo
- Pluriperspectivismo: diversas voces narrativas
Alguns dos autores da nova narrativa son Ferrín, Casares, G. R. Mourullo e María Xosé Queizán.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
Obras narrativas representativas
- Percival e outras historias (1958)
- O crepúsculo e as formigas (1961): relatos cos trazos propios da nova narrativa galega.
- Retorno a Tagen Ata (1971)
- Amor de Artur (1982)
- No ventre do silencio (1999)
Nestas obras aborda novas técnicas e novos contidos: a loita contra a ditadura, a materia de Bretaña...
Liñas temáticas
Hai tres liñas básicas. Por un lado, nas súas primeiras obras domina a exploración da angustia humana e do sometemento individual e colectivo ao ambiente opresor. Noutras obras afloran os contidos socio-políticos, como a loita nacionalista durante a ditadura, de forma realista (No ventre do silencio) ou de forma máis alegórica e simbólica (Retorno a Tagen Ata e Amor de Artur).
Forma
Ferrín posúe unha lingua de gran vigor e forza expresiva, desde os rexistros populares aos máis cultos. Utiliza un riquísimo vocabulario e manexa con maestría diferentes técnicas narrativas: monólogo interior, relato epistolar, pluriperspectivismo...
CARLOS CASARES
Este destacado narrador destacou tamén intensamente na vida cultural galega, desde o mundo editorial, político e xornalístico.
Obras
- Vento ferido (1967)
- Xoguetes para un tempo prohibido (1975): obras inseridas temática e formalmente na nova narrativa.
- Os escuros soños de Clío (1979)
- Ilustrísima (1980)
- Deus sentado nun sillón azul (1996): relatos e novelas que mesturan realidade e fantasía, momentos e personaxes históricos.
Evolución temática
Na traxectoria literaria de Casares hai unha clara evolución temática. Nas tres primeiras obras predominan os contidos propios da nova narrativa, con certa pegada autobiográfica: a angustia existencial, a soidade, a opresión... Nas obras posteriores decántase pola recreación de acontecementos históricos, centrándose en períodos máis afastados no tempo e cun ton teñido de humor e fantasía (Os escuros soños de Clío, Ilustrísima), ou ben na nosa historia recente, recreando os ambientes das vilas galegas na guerra e na posguerra (Deus sentado nun sillón azul).
Forma
Hai unha evolución paralela á temática. O experimentalismo das primeiras obras, con monólogo interior, ollo cinematográfico (descricións moi minuciosas) ou rupturas do espazo-tempo, dá paso, a partir dos anos 70, a narracións de estrutura máis sinxela, de ritmo áxil e de linguaxe clara e depurada.
PERFIL
Xinzo (1941) – Vigo (2002). Nos seus anos de estudante de instituto en Ourense coñeceu a Vicente Risco, quen iniciou na literatura galega. Fixo estudos universitarios en Santiago, e alí comezou a militancia política antifranquista. Foi deputado no Parlamento de Galicia na primeira lexislatura da democracia. Ata a súa morte residiu preto de Vigo, onde compaxinou o seu labor literario coa dirección da editorial Galaxia e do Consello da Cultura Galega.