Literatura galega: vangardas e Xeración do 25

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 4,81 KB
Actualizado el

Resumen

O texto presenta as vangardas artísticas do século XX en Galicia e o grupo literario da Xeración do 25, que renovou a poesía galega con influencias europeas. Recolle as súas revistas, as liñas poéticas (hilozoísmo, neotrobadorismo e creacionismo), os principais autores e obras, así como a prosa de vangarda de Rafael Dieste. Serve para situar a renovación literaria galega entre 1920 e 1930.

Puntos clave

  • As vangardas buscan renovar a arte nas primeiras décadas do século XX, con liberdade creativa, arte pola arte e unha linguaxe literaria renovada.
  • A Xeración do 25 xorde nos anos 20 e renova a poesía galega con novidades traídas de Europa.
  • Publicou revistas como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol e Yunque, e participou na creación do Seminario de Estudos Galegos.
  • A poesía de vangarda en Galicia agrúpase en dúas liñas: a que renova sen romper coa tradición (hilozoísmo e neotrobadorismo) e a que rompe con ela (creacionismo).
  • O hilozoísmo ten a natureza como tema principal, con poesía sensual, versos curtos e rima asonante.
  • O neotrobadorismo recupera formas da lírica medieval galego-portuguesa grazas aos cancioneiros de José Joaquim Nunes.
  • Manuel Antonio é o principal poeta da vangarda galega e o creacionismo é a súa estética, con De catro a catro como obra destacada.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Autores e Obras Destacadas

Noriega Varela

Montañesas, Cambia ao do ermo

Ramón Cabanillas

Poesía: Na noite estrelecida, O bendito de San Amaro, Samos

Teatro: A man da santiña, O mariscal

Vicente Risco

Narrativa: O porco de pé, Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros, O lobo da xente, A trabe de ouro, Os europeos en Abrantes

Ensaio: Teoría do nacionalismo galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa

Teatro: O bufón de el-Rei

Ramón Otero Pedrayo

Os camiños da vida, Arredor de si, A romaría de Xelmírez, Síntese xeográfica de Galicia, Ensaio histórico sobre a cultura galega, A lagarada, O desengano do Priorio

Florentino López Cuevillas

A idade de ferro na Galiza, Catálogo dos castros galegos, Prehistoria e folclore do Barbanza

As Vangardas

As vangardas son movementos artísticos que queren renovar a arte nas primeiras décadas do século XX. As características destes son:

  • Actitude romántica e antisentimental.
  • Defensa da total liberdade creativa.
  • Defensa da arte pola arte.
  • Renovación da linguaxe literaria.

Destacan o futurismo, cubismo, surrealismo...

A Xeración do 25

Xorde nos anos 20, grupo de escritores que renovan a poesía galega incorporando novidades traídas de Europa. Manteñen relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Participan na creación do Seminario de Estudos Galegos e na formación do partido Galeguista. Publicaron revistas literarias de creación propia como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Yunque... Nelas dan a coñecer os principais representantes da vangarda española e mundial (Lorca, Picasso, Dalí, Borges).

A Poesía de Vangarda en Galicia

As vangardas galegas centráronse sobre todo na poesía. Agrúpanse en dúas liñas:

  • A que renova a poesía sen romper coa tradición. Inclúense aquí dous ismos: o hilozoísmo e o neotrobadorismo.
  • A que renova a poesía rompendo coa tradición literaria galega: o creacionismo.

Hilozoísmo

O tema principal é a natureza. A poesía é sensual, con métrica de versos curtos e de rima asonante.

Representantes do Hilozoísmo

Luis Amado Carballo (Pontevedra 1901-1927). Publicou dous libros de poemas, Proel e O Galo, e unha novela Os pobres de Deus.

Os máis destacados na poesía hilozoísta son: Blanco Amor, Eugenio Montes, Manuel Luís Acuña.

Neotrobadorismo

Escola poética que nace tras o descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, grazas aos cancioneiros de José Joaquim Nunes.

Os poetas novos introducen formas da lírica medieval, temas amorosos, o paralelismo, o refrán...

Representantes do Neotrobadorismo

Os principais representantes son:

  • Fermín Bouza Brey (Na Senlleira)
  • Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Riveira, e Dona do corpo delgado)
  • Xosé María Álvarez Blázquez (Cancioneiro de Monfero)

Creacionismo

O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio da Xeración do 25. A súa obra inclúese dentro da estética do creacionismo, e rompe coa tradición literaria galega apostando pola renovación temática e formal.

Obra de Manuel Antonio

As súas obras: De catro a catro, 19 poemas dunha viaxe con tres etapas: partida, aventura e regreso.

Outros poetas vangardistas

  • Eduardo Blanco Amor: Romances galegos, Poema en catro tempos.
  • Manuel Luís Acuña: Fírgoas.
  • Luís Pimentel: só publicou uns poucos poemas na revista Ronsel e un folleto de oito poemas, Triscos.

A Prosa de Vangarda

Rafael Dieste é o máis importante prosista. Escribiu Dos arquivos do trasno, relatos de misterio, un deles é Sobre a morte do Bieito. Tamén publicou a obra de teatro A fiestra valdeira.

Preguntas frecuentes

Cales son as características das vangardas literarias?

As vangardas caracterízanse por unha actitude romántica e antisentimental, a defensa da total liberdade creativa, a defensa da arte pola arte e a renovación da linguaxe literaria. Destacan o futurismo, o cubismo e o surrealismo.

Quen foron os principais poetas da Xeración do 25?

Entre os poetas citados están Manuel Antonio, principal poeta da vangarda galega, Eduardo Blanco Amor, Manuel Luís Acuña e Luís Pimentel. No neotrobadorismo destacan Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Álvarez Blázquez.

Que é o neotrobadorismo?

É unha escola poética que nace tras o descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, grazas aos cancioneiros de José Joaquim Nunes. Os poetas introducen formas da lírica medieval, temas amorosos, o paralelismo e o refrán.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que década xorde a Xeración do 25?
2. Cal é o principal poeta da vangarda galega segundo o texto?
3. Que estética segue a obra de Manuel Antonio?
4. Que tema é principal no hilozoísmo?
5. Grazas a que fontes se coñece a poesía medieval galego-portuguesa que inspira o neotrobadorismo?
6. Cal das seguintes revistas foi publicada pola Xeración do 25?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.