Literatura galega de posguerra: exilio, narrativa, poesía y teatro del siglo XX

Otras lenguas extranjeras13,94 KB

A literatura galega no exilio

Como consecuencia da vitoria dos militares sublevados, o labor literario ten que trasladarse. O centro de actividade literaria galega trasládase a México e a Bos Aires. Os emigrados cos exiliados comezaron a desenvolver un amplo traballo intelectual. Castelao foi unha das grandes referencias do galeguismo en América. Podemos destacar os poetas Emilio Pita, Luis Seoane ou Lorenzo Varela, todos eles moi marcados pola Guerra Civil en poemarios como Jacobo Buland, Fardel do exiliado, Na bretema Sant-Iago, As cicatrices ou Lonxe. A poesía de Seoane é un reflexo do seu mundo artístico. A problemática da Guerra Civil vai estar presente tamén na produción de Ramón Valenzuela ou Silvio Santiago en novelas como Non agardei por ninguén, Era tempo de apandar ou O silencio redimido. No ámbito teatral temos que destacar a estrea en Bos Aires da obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, representada pola compañía de Varela Buxán. Foi un dos autores do teatro galego de maior éxito, e autor de A taberna do demo, O ferreiro de Santán, etc.

Tendencias da lírica na segunda metade do século XX. Grupos de poetas

Na segunda metade dos anos 40, e cando se produce o rexurdir da poesía galega, coa aparición das primeiras revistas poéticas bilingües (Alba, Posío) e coleccións poéticas (Benito Soto e Xistral), a primeira obra é Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. Nesta mesma década saen poemarios que representan a continuidade das liñas poéticas como o neotrobadorismo, o hilozoísmo, o popularismo e o ruralismo, como os de Álvarez Blázquez (Poemas de ti e de min).

Na década dos 50 conviven dúas promocións: a de ENLACE e a das FESTAS MINERVAIS. Os primeiros teñen influencias da Xeración do 27 e da Vangarda Galega. Son Antón Tovar, Luz Pozo e Cuña Novas. A segunda dase a coñecer a través das convocatorias das Festas Minervais. Integran o grupo Manuel María, Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín ou Bernardino Graña. A década ábrese coa publicación de Triscos de Luis Pimentel. Seguen a liña de Pimentel, Eduardo Moreiras con A realidade esencial, Luz Pozo con O paxaro na boca, ou Pura Vázquez con Íntimas, Maturidade. Tamén ve a luz Muiñeiro de bretemas.

Nace a escola de Tébara, que se abre coa obra de Cuña Novas, O Fabulario Novo. Terá a súa continuidade no grupo poético Brais Pinto, grupo de estudantes galegos en Madrid, integrado por Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo e o propio Méndez Ferrín. Aparece no panorama literario galego o poeta lucense Uxío Novoneyra, que con Os eidos achega unha nova reinterpretación da comuñón do poeta coa paisaxe da Serra do Courel. Xosé María Díaz Castro publica Nimbos.

Nesta década sae a obra máis significativa da posguerra, Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, que é un canto á liberdade. Terá repercusións en poetas como Bernardino Graña con Profecía do mar, García Bodaño con Ao pé de cada hora, e López Casanova con Palabra de honor.

Nos anos 70 aparece unha nova fornada de poetas que rompen co socialrealismo: Darío Xohán Cabana con Romanceiro da Terra Chá, Elexía nunha escuridade mortal, Rábade Paredes, etc. A ruptura definitiva prodúcese coa publicación da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín, con obras como Con pólvora e magnolias. Coa obra de Alfonso Pexegueiro Seragoña, xorden diferentes grupos poéticos que rompen co socialrealismo:

  • Cravo Fondo: integrado por Ramiro Fonte con As cidades da nada, Xulio Valcárcel con Véspera do día, e Xesús Rábade. Defenden a poesía como arte.
  • Alén e Rompente: formado por Mato Fondo, Salinas Portugal con Os habitantes da culpa, e Xosé Ramón Pena. Caracterízase pola renovación estética e lingüística.
  • Grupo Tres Tristes Tigres: os seus membros dánse a coñecer a partir de 1975, publican o seu primeiro libro, Silabario da turbina, e o boletín Fora as vosas suxas mans de Manoel-Antonio, e a serie Tres tristes tigres. O grupo conformano Antón Reixa con As ladillas do travesti, A. Avendaño con Facer pulgarcitos tres, e M. Romón con Gallegsa Koskoschka non.

Arredor das cidades da Coruña e Vigo articúlanse dúas escolas. A da Coruña plasma o seu labor en dous volumes, De amor e desamor, no que participan Manuel Rivas con Balada nas praias do oeste, Xavier Seoane con A caluga do paxaro, e Fernán Vello con Selvas de amor e tránsito. O grupo de Vigo formano Álvarez Caccamo con A praia das Furnas, Ramiro Fonte e Román Raña. Os dous grupos caracterízanse polo **rigor formal**, o **culturalismo**, a **emoción** e o **intimismo**, entre outros rasgos.

Á marxe destes grupos desenvolven a súa produción os poetas Darío Xohán Cabana con Verbas a un irmán, Claudio Rodríguez Fer con Poemas de amor sen morte e Vicente Araguas. Proliferan certames e concursos como o Esquío, o Celso Emilio Ferreiro, o Martín Codax ou a Lilia Doura, revistas como Nordés, Dorna, e editoriais como Espiral Maior, que lle dan un papel protagonista á poesía.

Na década dos 90 aparecen voces innovadoras que exploran novos núcleos. Métricamente conviven poetas como Miro Villar, que recuperan o soneto de ausencias pretéritas, co verso libre, cegando en moitos casos o prosaísmo. Nas poetisas Yolanda Castaño con Vivimos no ciclo das epifanías e Emma Pedreira con Diario bautismal dunha anarquista morta.

Tendencias da narrativa galega de posguerra. Autores e obras

A Guerra Civil española supuxo unha crebra moi importante no cosmos literario galego. Este trasládase ao exilio, sobre todo a Bos Aires, onde se vai publicar unha das obras máis importantes da posguerra, A esmorga, de Blanco Amor. Será precisamente no ano 1951 cando saia a primeira novela galega de posguerra, A xente da barreira, de Ricardo Carballo Calero. Así verán a luz obras de autores como Xosé Fole, Álvaro Cunqueiro ou Blanco Amor.

Fole publica dous dos seus libros de relatos, A luz do candil e Terra brava; e Cunqueiro publica Merlín e familia e As crónicas do sochantre. As obras de Fole retratan o cosmos das terras lucenses. Cunqueiro explora o mundo fantástico da materia de Bretaña medieval.

Publícase unha das obras máis importantes da narrativa galega de posguerra: A esmorga, de Blanco Amor. Constitúe a entrada definitiva da novelística galega no eido da narrativa moderna.

Na década dos 60 déuse a coñecer a nova narrativa galega, un grupo de escritores mozos que abren as súas inquietudes novelísticas ás correntes e autores europeos. Experimentan e exploran as diferentes posibilidades técnicas e temáticas. Pertencen a este grupo Ferrín con Percival e outras historias, Casares con Vento ferido, Mourullo con Memorias de Tains ou Xohana Torres con Adeus María.

Contemporáneo deste grupo de escritores é Neira Vilas, un dos autores galegos de máis éxito. Malia a súa coincidencia cronolóxica cos autores da nova narrativa galega, a súa produción está moi afastada técnica e temáticamente deste movemento.

A partir da década dos setenta, e sobre todo dos oitenta, prodúcese a **eclosión definitiva da narrativa galega**, cun número importante de novos narradores e de obras de gran calidade. É o caso de Manuel Rivas e de premios literarios como o Premio Lazarillo.

O teatro galego do século XX. Tendencias, autores e obras

O xénero dramático foi un dos ámbitos onde o proceso de normalización resultou máis complicado. Esta preocupación polo teatro foi unha constante para os homes das Irmandades da Fala. Catro son as liñas temáticas:

  • Social, centrada no tema do caciquismo, con obras como A pótoa de Lugris Freire e A patria do labrego de Villar Ponte.
  • Costumista, con obras dos xéneros menores como o sainete.
  • Histórica, recreando momentos fugaces da historia galega, con obras como A torre de Peito Burdelo de Galo Salinas ou Pedro Madruga de Cuveiro Piñol.
  • Teatro lírico, centrado na zarzuela e na opereta, como Os artabros de Francisco de la Iglesia.

Destacan autores como Cotarelo Valledor ou Cabanillas. Cotarelo foi autor de varias pezas teatrais: Trebón, Sinxebra, Hóstia e Beiramar. Cabanillas é autor de dúas pezas teatrais: A man da santiña e O mariscal.

A Guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral galega á emigración. En Bos Aires vaise representar a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, e desenvólvese un programa estable de representacións teatrais da man de Varela Buxán. Buxán é un dos grandes promotores do teatro galego en América. O seu teatro é un teatro rural, popular e cómico. Son obra de Varela Buxán O ferreiro de Santán, O cego de Fornelos, A taberna sen dono, etc.

A partir da posguerra reactívase en Galicia a produción teatral, a través dunha serie de iniciativas como a Mostra de Teatro de Ribadavia e o Concurso de Teatro Abrente. Xa máis recente e importante é a creación do Centro Dramático Galego, compañía teatral pública estable.

Podemos establecer tres xeracións:

  • Primeira xeración de posguerra: destacan dous autores, Daniel Cortezón e Manuel María. O primeiro é autor de obras de temática histórica como Prisciliano, Xelmírez ou A gloria de Compostela, Os irmandiños, Pedro Madruga, A diáspora. Manuel María é autor de Auto da taberneira, Auto do labrego, Auto do mariñeiro, Auto da costureira, Edipo, Barriga verde.
  • Segunda xeración: relacionada coa Mostra de Teatro de Ribadavia e o Concurso de Teatro Abrente. Destacan autores como Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. Lourenzo é unha das figuras máis significativas; as súas obras son Romaría, As covas do demo, Viaxe ao país de Ningunures, Todos os fillos de Galaad, Erros e ferros de Pedro Madruga e a triloxía Veladas indecentes. O dramaturgo Euloxio Ruibal dáse a coñecer coa obra Zardigot; ademais é autor de O cabodano, Cousas da morte e Sombra do bon cabaleiro. Roberto Vidal Bolaño é promotor teatral, ademais de gañador do Concurso de Teatro Abrente, coas obras Laudamuco, Señor de Ningunures ou Ladaíñas pola morte do Meco. Tamén é autor de Bailadela da morta ditosa, A ópera de A Patacón e a comedia A burla do galo.
  • Terceira xeración: moi condicionada pola posta en marcha do Centro Dramático Galego. Dentro desta xeración de dramaturgos máis novos destacan Cándido Pazó e Miguel Anxo Murado. O primeiro é autor de O merlo branco, Commedia, un xoguete para Goldoni e Raíña de pedra. Miguel Anxo Murado é autor dunha peza ambientada na Galicia do século XVIII, A grande noite de Fiz, e de Historia peregrina.

Cómpre engadir o labor das compañías teatrais profesionais e afeccionadas que enchen os escenarios galegos coa representación das pezas de autores galegos.

Descargar

PDF Word HTML