Literatura Galega do Exilio entre 1936 e 1976: Poesía, Prosa e Teatro

Lengua y literatura6,15 KB

1. A Literatura do Exilio entre 1936 e 1976

Na capital arxentina entran en contacto os emigrados antes da sublevación militar cos exiliados. Ramón Valenzuela e Silvio Santiago, este último autor de Vilardevós, son boa testemuña diso.

2. Características Xerais

As circunstancias sociopolíticas nas que os exiliados e emigrantes desenrolan a súa obra motivan e marcan profundamente a súa creación:

  • A poesía da 1ª etapa do exilio: Está marcada pola esperanza do regreso e ten un ton de denuncia.
  • A nostalxia: Despois aparece a nostalxia pola patria perdida, cun compoñente mitificador a partir da idealización das lembranzas do pasado e da reivindicación do pasado histórico de Galicia.
  • A novela: Ten éxito o relato realista de acción, a aventura persoal da guerra e da fuxida de España. Está presente a nostalxia por Galicia, á que idealizan.
  • O teatro: O teatro popular galego no exilio pretende manter viva a tradición e o conxunto de costumes e crenzas que forman o patrimonio cultural do pobo.

Á marxe duns poucos títulos como Os vellos non deben de namorarse e A esmorga, o panorama no exilio presenta obras nas que foi máis a vontade e o sentimento ca o acerto estético, a indignación e a reivindicación ca o rigor formal.

3. Autores Representativos

3.1. Poesía

  • Emilio Pita: Naceu na Coruña en 1909 e emigrou de neno á Arxentina. No exilio compuxo o libro de poemas Jacobus Land, que mostra a guerra civil en Galicia no medio da nostalxia da natureza galega, e O ronsel verdegal (1964).
  • Luis Seoane: Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1910. No 1936 exiliouse en Bos Aires, sendo un iniciador do movemento cultural galego nesta cidade. Foi tamén xornalista, crítico de arte e literatura, e o máis completo artista plástico de Galicia da época. A súa poesía iníciase en 1952 con Fardel de exiliado, que canta a epopea da emigración galega, vítima da sociopolítica, nunha liña crítica herddeira da poesía de Curros. Outras obras son Na bretema, sant-lago (na que o espazo é a Galicia medieval), As cicatrices e A maior abondamento. Os eixos da súa poesía son o sociopolítico, o histórico-cultural e o mundo artístico.
  • Lorenzo Varela: Fillo de emigrantes galegos, naceu na Habana en 1917. Foi redactor da revista Romance ata que Octavio Paz o incorpora á revista Taller. En 1944 publica Catro poemas para catro gravados, que son poemas sobre María Pita, Roi Xordo, Ataúlfo e María Balteira, ademais de María Pita e tres retratos medievais. A súa obra máis importante é Lonxe, libro ilustrado por Seoane, dominado pola angustia do desterro, pola plenitude sensual e viva, cunha visión onírica da lonxanía de Galicia. Destacan tamén tres volumes de poesía: Romances galegos, Poema en 4 tempos e Cancioneiro, nos que conflúen correntes das vangardas.

3.2. Narrativa

  • Ramón Valenzuela (1914-1980): Estivo no Partido Galeguista e colaborou en Galicia Emigrante con narracións. Escribiu O naranxo (1957) e a novela Non agardei por ninguén, cuxa acción se desenvolve na guerra civil. Esta temática continúa en Era tempo d'apandar, ambientada na posguerra.
  • Silvio Santiago (1903-1974): Naceu en Vilardevós e fuxiu a Portugal pola guerra. Escribiu no exilio caraqueño Vilardevós, que publicaría en Galicia, caracterizado pola sinxeleza técnica, a crítica social e a mostra de costumes populares valéndose das lembranzas do medio rural. Tamén escribiu O silencio redimido, novela autobiográfica que relata a súa condena, fuxida e desterro.
  • Eduardo Blanco Amor: Publica en Bos Aires A esmorga, novela considerada como o punto de arranque da narrativa moderna galega. Tamén fará de dramaturgo no exilio. Colabora co xornal La Nación e, como corresponsal, viaxa a España, onde aproveita para contactar coa Xeración Nós e coa Xeración do 27, en especial con Lorca e Alberti.

A Narrativa de Blanco Amor

  • A esmorga: Centrada nos obreiros sen cualificación e mundos de marxinación.
  • Xente ao lonxe: Centrada no proletariado que loita polos seus dereitos.
  • La catedral y el niño: Centrada na pequena burguesía.
  • Los miedos: Centrada na burguesía de procedencia fidalga.

Análise de obras clave:

  • A esmorga (Bos Aires, 1959): Censurada en Bos Aires e mutilada en Galaxia. Consta de 5 capítulos. Declarando ante un xuíz mudo, Cibrán nárranos a esmorga. O espazo histórico é Auria durante a restauración monárquica no século XIX, con ambients urbanos e suburbiais e forte presenza da violencia persoal e institucional. É tamén unha novela de aprendizaxe (os ambientes forman a madureza psicolóxica e ideolóxica do narrador-protagonista), novela social (conflitos de clase) e novela histórica (matanza en Oseira situada na primeira década do século XX).
  • Os biosbardos: 7 relatos narrados en primeira persoa por narradores infantis e adolescentes. Ambientados no espazo urbano de Auria nas dúas primeiras décadas do século XX.

3.3. Teatro

Teatro Popular

Manuel V. Buxán fundou a compañía de teatro Maruxa Villanueva, na que estiberon dous dos mellores actores galegos. Escribiu obras como Se o sei... non volvo á casa, A xustiza dun muiñeiro, O ferreiro de Santalla, seguindo a temática de Os vellos non deben de namorarse. Dende aquela publicáronse 3 tomos.

Teatro Culto

Destacan obras como Os vellos non deben de namorarse (Castelao), A soldadeira (Seoane) e Midas (Díaz Pardo). Blanco Amor tamén escribiu pezas teatrais, entre elas Farsas para títeres.

Descargar

PDF Word HTML