Literatura Galega: Cunqueiro, Fole e a Nova Narrativa Galega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5 KB

Unidade 5: Literatura

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo. Comezou o seu labor literario, plasmado en libros de poesía: Mar ao norde, Poemas do sí e non e Cantiga nova que se chama riveira. Cando se fundou a editorial Galaxia, comezou a escribir textos narrativos en galego: Merlín e familia, As crónicas do sachantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.

Chegou a ser director. Nesta etapa publicou outros tres libros de narracións breves: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.

Finou en Vigo. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Os mundos narrativos de Cunqueiro

Cunqueiro foi un autor orixinalísimo que mesturou realidade e fantasía. Coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros que ben poderían pertencer á vida cotiá.

Os personaxes das súas obras proceden de vellos mitos doutras culturas. En Merlín e familia, o protagonista é o mago Merlín, que acompañaba ao rei Artur nas súas aventuras e que, retirado en terras galegas, vive na compaña da raíña Xenebra. En Se o vello Sinbad volvese ás illas, o personaxe principal é o mesmo Sinbad de As mil e unha noites, que rememora e conta as súas antigas aventuras.

O humor é outra das características máis destacadas de Cunqueiro.

A obra poética e teatral de Cunqueiro

Despois da guerra publicou Dona do corpo delgado e unha serie de poemas dispersos: Herbo aquí ou acolá.

Tamén escribiu textos teatrais:

  • A noite vai coma un río.
  • O incerto señor don Hamlet.
  • Príncipe de Dinamarca.

Anxel Fole

Anxel Fole naceu en Lugo. A represión desatada tras a guerra fixo que marchase ás terras do Courel. Fole regresou a Lugo e comezou a traballar como periodista no xornal El Progreso. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

A obra narrativa de Fole

Os catro libros principais que publicou son volumes de contos: A lus do candil e Terra Branca. Ambos reflicten o mundo rural das terras do Courel, nos que se recollen os relatos que varias persoas narran nunha das longas conversas ao redor da lareira ou dunha mesa.

A segunda etapa do autor está representada por Contos da néboa e Historias que ninguén cre, ambientadas xa no mundo urbano da cidade de Lugo, nas que están presentes elementos de medo e misterio. Como contraste atopamos tamén un certo ton de humor.

Emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o seu galego é o recollido entre a xente das terras do Courel, con abundantes dialectalismos. Móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos.

Novas voces na literatura

A nova narrativa galega

Foi un movemento renovador da narrativa entre 1950 e 1970, caracterizado por:

  • Autores e autoras novos e con formación universitaria.
  • Rachar coas formas de narrar tradicionais.
  • Renunciar á linealidade temporal e á localización espacial concreta.
  • Espazos urbanos.
  • Dar entrada ao mundo dos soños.
  • Concibir o ser humano como un obxecto máis.
  • Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo.
  • Recibir influencias do nouveau roman francés e de escritores como Kafka e Camus, entre outros.

Os autores da nova narrativa

O autor máis destacado do movemento foi Gonzalo R. Mourullo, con Memorias de Tains.

Camilo G. Suárez Llanos publicou parte da súa obra co pseudónimo de Camilo Gonsar, con Cara a Times Square.

Xosé Neira Vilas

Non pertence á nova narrativa, pero escribe neste período Memorias dun neno labrego, obra realista na que se reflicte toda unha xeración de nenos e nenas nacidos na ditadura.

Xosé Luis Méndez Ferrín

Ferrín é unha figura clave para entender a nova narrativa e a poesía. Entre as súas obras destacan Percival e outras historias, O crepúsculo das formigas e a novela Arrabalde do norte, relato breve cargado de simboloxía política, Retorno a Tagen Ata e, a partir de 1980, Arraianos.

Os seus temas son moi diversos, desde relatos realistas até outros con claro fondo político. En poesía publicou Con pólvora e magnolias.

Carlos Casares

Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. Entre as súas novelas figura Ilustrísima.

María Xosé Queizán

A Nova Narrativa supón a incorporación de voces femininas, entre elas Xohana Torres, coa novela Adiós María, e María Xosé Queizán. É destacable o seu labor como teórica do movemento feminista.

Da súa obra narrativa cabe citar A orella no burato, novela marcada polas técnicas obxectalistas. Desde unha perspectiva feminista publicou Amántia.