Lirismo galego-portugués: etapas e cancioneiros medievais

Lengua y literaturaActualizado el 3,09 KB

Resumen

O texto repasa as etapas do lirismo galego-portugués, desde a fase pre-afonsina ata a decadencia do século XV, e sinala os poetas e as cortes que o impulsaron. Tamén describe os principais testemuñas manuscritos, como o Pergamiño Vindel e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.

Puntos clave

  • Etapa pre-afonsina: difusión do lirismo galego-portugués con apoio das cortes e nobres, con poetas como Martín Códax, Meendinho e Bernal de Bonaval.
  • Etapa afonsina: abrangue os reinados de Afonso III e Afonso X; a corte de Afonso X foi o principal centro difusor e o rei compuxo cantigas amorosas e satíricas e dirixiu as Cantigas de Santa Maria.
  • Etapa dionisíaca: o centro difusor pasa de Castela a Portugal durante o reinado de Don Dinís, con poetas como Johán Zorro e Johán Méndiz de Briteiros.
  • Etapa pos-dionisíaca: os gustos cortesáns mudan cara aos libros de liñaxes e á prosa histórica; D. Pedro de Portugal promove a recompilación do Libro das Cantigas.
  • Etapa de decadencia: no século XV Portugal e Castela consolidan as súas literaturas nacionais e o galego mantén un cultivo residual, como en Macías do Padrón (Cancioneiro de Baena).
  • Pergamiño Vindel: folla solta de cancioneiro que recolle as 7 cantigas de Martín Códax, descuberta a comezos do século XX.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: a recompilación máis ampla da lírica medieval, con 1647 cantigas de preto de 150 autores.

Ponte a prueba

Etapa pre-afonsina ou de adaptación: Hai unha rápida difusión do lirismo galego-portugués en todo o occidente peninsular, contando co apoio das cortes rexias e de nobres como os Trastámaras en Galicia e os Sousas e Soberousas en Portugal. Pertencen a esta etapa os poetas máis antigos dos cancioneiros como Martín Códax, Meendinho e Bernal de Bonaval.
Etapa afonsina ou período áureo: Abrangue os reinados de Afonso III en Portugal e Afonso X en Galicia, León e Castela. O principal centro difusor do lirismo galego sitúase na corte literaria de Afonso X. Este favorece o castelán na administración e promove a creación dunha prosa histórica e xurídica nesta lingua. O galego segue mantendo a súa puxanza como lingua poética e o rei contribúe a ela cun importante número de composicións amorosas e satíricas, amais de dirixir a compilación das Cantigas de Santa Maria. Ao amparo da corte castelá troban poetas como Johan García de Guilhade, Joán Airas de Santiago, Airas Nunes, etc.
Etapa dionisíaca ou período arxénteo: Da morte de Afonso X ata a morte de Don Dinís, o centro difusor do lirismo galego-portugués desprázase de Castela a Portugal. Don Dinís herda deste o gusto polas letras e rodéase dunha corte literaria comparábel á do seu avó, da que forman parte, ademais do propio rei, Johán Zorro, Johán Méndiz de Briteiros, Johán da Guarda, etc.
Etapa pos-dionisíaca ou de recompilación: Os gustos literarios cortesáns mudan a favor dos libros de liñaxes, a prosa histórica e de ficción. D. Pedro de Portugal promove entón a recompilación do Libro das Cantigas, o que deu lugar á rama italiana da nosa tradición manuscrita.
Etapa de decadencia ou escola galego-castelá: Portugal e Castela consolidan no século XV as súas literaturas nacionais, mentres Galiza, que ve fracasar, entra nunha fonda crise social e económica. O galego mantén o cultivo literario residual en poetas como Macías do Padrón, recollido no Cancioneiro de Baena.
Pergamiño Vindel: Trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido ou, probablemente, dunha folla voandeira das que os xograres utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle as 7 cantigas de Martín Códax e foi descuberta a comezos do século XX.
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: conservada en Colocci-Brancuti en honor ao seu autor e ao nobre italiano. É a recompilación máis ampla da nosa lírica medieval, con 1647 cantigas de todos os xéneros pertencentes a preto de 150 autores; tamén é unha copia indirecta dun códice trecentista, o Livro do Conde D. Pedro de Portugal, que a mediados do século XIV realizou o inventario definitivo da nosa lírica trobadoresca, cando esta entraba na fase de declive.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que cancioneiros conservan a lírica galego-portuguesa?

O texto cita o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, a recompilación máis ampla, con 1647 cantigas, e o Cancioneiro de Baena, onde aparece Macías do Padrón. Tamén menciona o Pergamiño Vindel, que recolle as 7 cantigas de Martín Códax.

Cal foi o papel de Afonso X na lírica galega?

Afonso X converteu a súa corte no principal centro difusor do lirismo galego e compuxo cantigas amorosas e satíricas. Ademais dirixiu a compilación das Cantigas de Santa Maria.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal era o principal centro difusor do lirismo galego durante a etapa afonsina?
2. Que rei promoveu a recompilación do Libro das Cantigas?
3. Cantas cantigas de Martín Códax recolle o Pergamiño Vindel?
4. Que poeta aparece no Cancioneiro de Baena na etapa de decadencia?
5. Cantas cantigas contén o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa?
6. Que etapa sitúa o centro difusor do lirismo en Portugal?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.