Impacto Económico del Sector Terciario y la Dinámica del Comercio Global
Importancia dos Servizos
Os servizos son as actividades que non producen bens materiais e van destinadas a atender as necesidades das persoas.
O sector terciario ten cada vez máis importancia desde o século XX. Agora estase producindo unha terciarización económica e do emprego.
Tipos de Servizos
- Servizos públicos: Lévaos o Estado co diñeiro dos impostos dos cidadáns. A súa función é organizar a cidade e satisfacer as necesidades dos cidadáns.
- Servizos privados: Ofrecenos empresas privadas ou persoas particulares e eses servizos os pagan os consumidores. A finalidade principal é obter un beneficio económico.
Deslocalización dos Servizos
Os servizos sitúanse nas áreas urbanas, onde hai máis poboación e empresas. Os servizos máis cualificados e avanzados adoitanse localizar en grandes áreas metropolitanas formando distritos de negocios, mentres que as administracións públicas, os comerzos e os servizos sociais localízanse máis dispersos.
As deslocalizacións dos servizos son as empresas dos países desenvolvidos que transladan algúns dos seus servizos a países en desenvolvemento.
Os servizos cualificados transládanse a países en desenvolvemento como Europa oriental, México ou China e os gobernos destes países favorecen esta situación.
Factores da Actividade Comercial
O comercio é o conxunto de actividades de intercambio de bens e servizos entre os produtores e os consumidores. Hai varios factores que inflúen:
- O desenvolvemento dos transportes e das súas infraestruturas. Os medios de transporte modernos e unha boa rede de comunicación favorecen o comercio.
- A densidade de poboación. Onde hai máis poboación hai máis posibilidades de mercado.
- O nivel adquisitivo das persoas. A máis poder adquisitivo, máis consumo.
Comercio Interior e Comercio Exterior
O comercio interior comprende as actividades comerciais que se realizan dentro das fronteiras dun país. Intermediarios comerciais:
- Os comerciantes polo miúdo ou retallistas. Son comerciantes que venden directamente ao consumidor.
- Os almacenistas ou comerciantes ao por xunto. Son comerciantes ou empresas que compran grandes cantidades aos produtores para vendelas despois aos comerciantes. Os produtos adoitan almacenarse en mercados centrais.
O comercio exterior comprende as actividades comerciais que se realizan entre países. As compras de produtos estranxeiros chámanse importacións e os produtos que se venden a outros países son exportacións. A diferenza entre estes dous chámase balanza comercial.