Humanismo, Renacemento e Reforma: Historia Moderna

Ciencias sociales4,9 KB

O Humanismo

O humanismo é unha corrente cultural que nace no século XIV pero ten a súa plenitude no século XV e principios do XVI, cunha nova forma de interpretar o mundo.

Características do Humanismo

  • Antropocentrismo: Importancia do ser humano; aínda que seguía a fe en Deus, xa non era a base de todo.
  • Inspiración na antigüidade: Volvendo aos textos clásicos de Grecia e Roma para inspirarse na literatura, filosofía e arte. Importancia da razón e da experiencia, observando os fenómenos da natureza e razoando as súas causas e efectos, base do actual sistema científico.
  • Individualismo: Coa importancia da biografía tanto de persoas importantes actuais como antigas.
  • Linguas vernáculas: Pasan a ser usadas, deixando de lado o latín.

Estas ideas difundíronse por Europa (tamén con viaxes e correos) por medio das academias e universidades, e tivo na imprenta de 1440 (Gutenberg) unha gran axuda ao poder imprimir máis libros e máis baratos.

Autores principais: Erasmo de Rotterdam, Thomas More, Antonio de Lebrija, Isotta Nogarola.


O Renacemento

O Renacemento é unha corrente artística que se desenvolve no século XV (Quattrocento) e no século XVI (Cinquecento).

Características do Renacemento

  • Interese no ser humano, rompendo a tradición medieval (Deus como centro).
  • Ideal de beleza e a inspiración na antigüidade clásica.

Nace na actual Italia, que era unha suma de cidades-estado onde aparecen os mecenas (persoas poderosas que acollen artistas e gastaban moito en crear edificios e decoralos).

Avances nas ciencias

O saber debía razoarse e demostrarse con experimentos para comprobar a súa verdade:

  • Astronomía: Teoría heliocéntrica (Copérnico), a Terra xira arredor do Sol.
  • Medicina: Tratados de anatomía (Vesalio) ou funcionamento do corpo (Miguel Servet coa circulación pulmonar do sangue).
  • Cartografía: Primeira proxección xeográfica dun mapa (Mercator) ou do primeiro atlas.
  • Técnica: Da Vinci co deseño de complexos mecanismos e máquinas.



Relixión: A Reforma e a Contrarreforma

Permítese interpretar a Biblia sen depender de eclesiásticos, e empérzanse a cuestionar os dogmas relixiosos e a alta xerarquía católica. Venta de indulxencias (perdón eclesiástico dos pecados a cambio de diñeiro).

Martiño Lutero publica 95 tese nas que critica ao papa e expón as bases para mellorar a doutrina cristiá (a Reforma), na que se suprimen dogmas:

  1. Relación directa con Deus (sen sacerdotes).
  2. O papa non é a máxima autoridade (a Biblia si).
  3. Só dous sacramentos: bautismo e eucaristía.
  4. Celibato opcional para o clero.

Novas doutrinas

  • Calvinismo: Estrito (hugonotes, puritanos).
  • Anglicanismo: Separación de Roma (Henrique VIII).

A Contrarreforma

Movemento de renovación interna da Igrexa Católica para responder á reforma protestante, creando unhas normas no Concilio de Trento:

  1. Reafirma os sacramentos e a autoridade do papa.
  2. Fundación de seminarios.
  3. Catecismos e novas ordes relixiosas (xesuítas).

Economía, Sociedade e Cultura na Idade Moderna

Economía

  • Agricultura: Maior demanda de alimentos e alza de prezos (aumento de poboación). Créanse novas terras e melloran as técnicas agrícolas (barbeito e rotación trienal).
  • Artesanía: Chegan materiais preciosos de América, o comercio expándese e seguen os gremios nas cidades. Aumenta a produción naval, a fabricación de armas, a minería e aparece a imprenta.
  • Comercio: As actividades portuarias medran; nas terrestres diminúe o comercio no Mediterráneo. Destaca o comercio de escravos africanos. Os comerciantes navais asociaciónse para reducir os riscos en compañías mercantís. Aparecen familias dedicadas á banca que daban crédito aos comerciantes, esténdese o uso de letras de cambio e cheques que permitían non levar moito efectivo, e aparecen bancos públicos.

Demografía

Aumento de poboación por melloras económicas e control de epidemias.

Sociedade

  • Burguesía: Comerciantes e profesionais con poder nas cidades.
  • Mulleres: Dependen dos homes, sen educación, agás as mulleres que ingresan en conventos (as que non se casaban), e podían ter certo poder alí. Oficios fortemente feminizados: costureiras, serventas, cociñeiras. Figuras destacadas: Santa Tareixa de Xesús, Sofonisba Anguissola.

Descargar

PDF Word HTML