Historia de la música medieval y del rock de los años 60: polifonía, instrumentos y The Beatles

Música2,98 KB

La polifonía medieval

Non s. IX aparece a polifonía. Os dous grandes tipos son:

  • Organum (s. IX-X):

    Forma máis antiga da polifonía. Consistía na voz principal, procedente do canto gregoriano, e unha segunda voz que cantaba paralela a distancia de cuarta ou quinta.

  • Discantus:

    Independencia da segunda voz, que xa non debe estar paralela á voz principal. Permite que as dúas voces cheguen a cruzarse.

Ars Antiqua (s. XII-XIII)

Aumentan o número de voces no canto e fanse máis independentes.

  • Conductus: o compositor compoñía todas as voces (a voz principal non procede do canto gregoriano, compónse como o resto).
  • Motete: forma polifónica máis desenvolvida, onde cada voz tiña un texto diferente.

Centros importantes: Abadía de San Marcial, Notre-Dame e Catedral de Santiago de Compostela.

Ars Nova (s. XIV-XV)

Título dun tratado que recollía novas técnicas de composición da época para substituír a Ars Antiqua en consonancia co espírito gótico.

Características principais

  • O motete é unha forma musical destacada.
  • A música compónse para ser gozada sen un fin concreto.
  • Existe maior liberdade para o compositor, que deixa de ser anónimo.
  • Aumentan as composicións de música profana. Destaca Guillaume de Machaut.

A música medieval en España

A canción profana chamábase cantiga. Tipos:

  • Cantigas de amor
  • Cantigas de amigo
  • Cantigas de escarnio ou maldizer

Todas as cantigas están recollidas nunha serie de cancioneiros. Alfonso X, Martín Codax, Xoán Cangas e Mendiño son destacados.

O documento máis destacado é o Llibre Vermell do Mosteiro de Montserrat (Barcelona).

Instrumentos medievales

Cordófonos

Fídula e laúde, arpas, salterios, organistrum.

Aerófonos

Añafís, flautas traveseiras, chirimías, gaita, órgano.

Idiófonos e membranófonos

Címbalos, xogo de campás, chifre e tamboril.

Os anos 60

A finais dos 50 o rock and roll entra en decadencia. O twist releva o seu triunfo como baile e convértese na moda da época. Inglaterra revolucionará o mundo musical cos Beatles e os Rolling Stones.

The Beatles

O seu éxito vai unido inevitablemente a Liverpool. Triunfaron en todo o mundo, arrasando en EE. UU., algo pouco frecuente entre os artistas ingleses.

The Rolling Stones

Mentres os Beatles amosaban un son limpo e unha aparencia impecable, estes eran todo o contrario, e iso contribuíu a alimentar o que todos crían que era unha rivalidade entre ambos grupos musicais.

Descargar

PDF Word HTML