Historia e Evolución da Lingua Galega: Século XX, Rexurdimiento e Dieste
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,02 KB
A Lingua Galega entre 1900 e 1936
Nos comezos do século XX fixeron realidade a Real Academia Galega, as Irmandades da Fala, a Xeración Nós, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. Con eles, o galego pasou a ser utilizado fóra dos ámbitos literarios.
Da man das Irmandades, nacen diversas editoriais como Céltica, Lar e, a máis importante desta época, a Editorial Nós, que publicará as obras máis relevantes do Grupo Nós. Os obxectivos dos homes das Irmandades eran conseguir:
- A oficialidade do galego.
- O aumento das publicacións en galego.
- A presenza do galego no ensino.
Outro colectivo importante na recuperación do galego foi o Grupo Nós, creadores da prosa literaria moderna en lingua galega e membros do Seminario de Estudos Galegos. A súa empresa colectiva máis importante é a revista Nós, que aparece por primeira vez en 1920, dirixida por Vicente Risco e con Castelao como responsable artístico.
En 1923, un grupo de universitarios (Bouza Brey, Filgueira Valverde) fundan o Seminario de Estudos Galegos, chegando a aprobar e publicar unhas normas ortográficas en 1933. No ano 1931 prodúcese a fundación do Partido Galeguista, que pretende elaborar o Estatuto de Autonomía en 1936, aínda que non chegou a entrar en vigor por mor do golpe militar.
Contexto Lingüístico e Ruptura
Lingüisticamente, a carencia dunhas normas e dunha lingua estándar fai que os autores desta época teñan que seguir acudindo ao castelán ou ao portugués en certas ocasións. Todo isto fai que a lingua dos autores deste período se caracterice por posuí:
- Castelanismos.
- Lusismos.
- Dialectismos.
- Vulgarismos.
O alzamento militar en 1936 supuxo unha rutura con este rexurdir da cultura e da lingua galega da man de Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Bóveda e moitos outros que morreron, se exiliaron ou calaron na súa defensa do galego.
O Galego entre 1936 e 1975
A sublevación militar do 36 supuxo a desaparición do uso público do galego, así como a prohibición e persecución de todo tipo de organizacións que promovían o seu uso. Os dirixentes galeguistas foron fusilados, encarcerados, exiliados e represaliados. Durante o franquismo, o único idioma válido legalmente era o castelán.
O uso do galego mantense na emigración e no exilio, na chamada "Galicia exterior". O foco máis importante foi a cidade de Bos Aires, a onde chegou exiliado Castelao, pero tamén México e Londres, onde funcionou un programa de radio que emitía espazos en lingua galega.
Resistencia e Recuperación Cultural
Na década dos anos 50, asistídese en Galicia aos primeiros síntomes de recuperación cultural paulatina:
- Apareceron revistas como Xistral.
- Xurdiron editoriais que facilitan a publicación de libros en galego.
- Apareceu o xornal La Noche de Santiago de Compostela.
Con todo, o feito máis significativo da década dos cincuenta foi o nacemento, en 1951, da Editorial Galaxia. Algúns nomes importantes desta Xeración Galaxia son Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e Carlos Maside.
Nos anos 60 asistimos á reivindicación do galego non só no campo cultural, senón tamén noutros ámbitos. Aparecen asociacións nas principais vilas galegas que serán focos de resistencia ideolóxica ao franquismo; as máis importantes foron "O Galo" en Santiago e "O Facho" na Coruña. Na clandestinidade xrompen tamén dous partidos políticos de ideoloxía nacionalista de esquerda:
- PSG (Partido Socialista de Galicia).
- UPG (Unión do Pobo Galego).
Ambos teñen como dous obxectivos irrenunciables a defensa do galego como lingua oficial e a obrigatoriedade do seu uso no ensino. A eles uniuse o movemento musical Voces Ceibes, que puxeron música a poemas de Celso Emilio Ferreiro e Manuel María Cabanillas.
O galego vai conseguindo certa tolerancia na esfera oficial, como evidencia o feito de que, desde 1963, a Real Academia Galega obtén autorización para celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de maio. A estes avances positivos no proceso de recuperación da lingua compre opoñer o abandono do campo galego a favor da cidade e a extensión da escolarización exclusivamente en castelán.
Rafael Dieste e a súa Obra
Obra Narrativa
Dos arquivos do trasno: O libro ábrese cunha introdución que condensa unha moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios.
- A psicoloxía: Dieste retrata en historias diferentes a psicoloxía das xentes galegas: a bondade, o espírito emprendedor, o orgullo e o amor propio. Destacan o ambiente mariñeiro e a dignidade dos personaxes que conforman a unidade estética destes contos.
- Experiencias extraordinarias: Estes relatos teñen un final aberto e sorprendente que deixa ao lector coa incerteza sobre esas experiencias extraordinarias, mais non sobrenaturais.
Algunhas narracións de Dos arquivos do trasno son cousas ao xeito das de Castelao, se ben Dieste mantén unha maior distancia respecto aos asuntos dos seus contos. Dieste utiliza a técnica da apelación aos oíntes e os ambientes tabernarios para dar idea do colectivo galego. Os narradores utilizan un ton serio e confidencial, e o discurso é sinxelo, con párrafos breves en consonancia cos ambientes íntimos e humildes dos contos.
Obra Teatral
A fiestra baldeira é unha comedia de carácter simbólico que ten unha estrutura clásica:
- Primeiro lance: Ten lugar a presentación dos personaxes.
- Segundo lance: O conflito desenvólvese coa acumulación de efectos teatrais que poñen de relevo a habilidade de Dieste como dramaturgo.
- Terceiro lance: Ten lugar o desenlace feliz de reconciliación co pasado e reivindicacións do pobo mariñeiro.