Historia del Antiguo Régimen, la Ilustración y el Despotismo Ilustrado

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 9,16 KB

A Ilustración e o Antiguo Réxime

Nos séculos XVII e XVIII, a maior parte dos países europeos estiveron sometidos a un sistema sociopolítico chamado Antigo Réxime. As súas características principais eran as seguintes:

  • Monarquía absoluta: O monarca era rei por dereito divino e podía exercer todos os poderes do Estado.
  • Intervención na economía: Estaba sustentada nas actividades agrarias, o comercio e a artesanía das cidades.
  • Sociedade estamental: Unha sociedade dividida en estamentos (nobreza, clero, burguesía e labregos).
  • Principio de autoridade: O coñecemento sometíase á autoridade dos mestres antigos.

O Pensamiento Ilustrado

No século XVIII desenvolveuse en Europa un movemento que pretendía iluminar o ser humano e facer desaparecer o Antigo Réxime, chamado Ilustración. Tiña dous piares fundamentais:

  • A razón: Dirixe o coñecemento e facilita a comprensión científica do universo.
  • O espírito crítico: Desenvolve o exercicio da razón e permite poñer en dúbida o que non se corresponda co entendemento razoable.

As achegas da Ilustración manifestáronse nunha dobre vertente, xa que constituíron unha fonte de oposición ás institucións do Antigo Réxime e presentaron unha revolución cultural que pretendía o progreso económico e a modernización das artes e das ciencias. A Ilustración atacou con forza as tres herdanzas do pasado que consideraba máis irracionais: a monarquía absoluta, a sociedade estamental e a superstición.

Os Ilustrados

Os pensadores ilustrados foron chamados filósofos polos seus contemporáneos. Nesta época destacaron os seguintes ilustrados franceses:

  • Voltaire
  • Montesquieu
  • Rousseau
  • Diderot e D'Alembert

A Crise do Antigo Réxime

O liberalismo e os modelos parlamentarios

Aínda que a monarquía absoluta era a máis común na Europa do século XVII, xurdían novos modelos políticos inspirados nos principios do liberalismo. O liberalismo afirmaba que a soberanía, a autoridade e o goberno dun país residían no pobo. Este principio sentou as bases da monarquía parlamentaria e foi adoptado principalmente en Gran Bretaña e nas Provincias Unidas (os Países Baixos).

  1. Gran Bretaña: Tras un período revolucionario no século XVII, os ingleses lograron que o seu monarca asinase unha declaración de dereitos pola que se establecía un sistema de goberno no que o Parlamento obtiña amplos poderes. Esta monarquía parlamentaria británica inspirou os ilustrados franceses do século XVIII.
  2. Provincias Unidas (os Países Baixos): Tamén se adoptó o parlamentarismo tras a súa independencia da monarquía hispánica. A monarquía foi substituída por unha xefatura de Estado electiva; tratábase dunha república parlamentaria.

O despotismo ilustrado

No século XVIII, algúns dos monarcas absolutistas europeos aceptaron os principios da Ilustración, que impulsaban o progreso económico e cultural, aínda que rexeitaban as súas ideas políticas. Estes monarcas son coñecidos como déspotas ilustrados: déspotas porque seguiron gobernando co máis férreo absolutismo, e ilustrados porque demostraron un grande interese pola modernización económica e cultural dos seus países. O lema destas monarquías era: “Todo para o pobo, pero sen o pobo”. O monarca tiña que gobernar para aumentar a riqueza e a prosperidade dos seus súbditos, pero á vez negáballes a súa capacidade de decisión política.

Novas teorías políticas e económicas

Desde o século XVIII, o liberalismo abrangeu dous grandes campos: un no pensamento político e outro nas teorías económicas.

O liberalismo político e a crítica da sociedade estamental

No século XVIII mantiñase a sociedade estamental herdada da Idade Media. O grupo social máis dinámico e poderoso pasara a ser a burguesía. Non obstante, seguía formando parte do estamento inferior ou terceiro estado, xunto coas clases populares, das cales estaba cada vez máis afastada. Paralelamente, produciuse o descrédito dos estamentos privilexiados (nobreza e clero). O terceiro estado mantiña aos privilexiados cos seus impostos e considerábaos parásitos sociais.

As novas teorías económicas

Fronte á intervención do Estado na economía, os ilustrados defendían a liberalización. Formuláronse dúas teorías económicas:

  • A fisiocracia: Argumentaba que a principal fonte de riqueza era a agricultura e que, para que esta prosperase, era necesario asegurar a propiedade privada da terra.
  • O liberalismo económico: Sostiña que os intercambios no mercado debían ser libres, rexidos só pola oferta de produtos e pola demanda dos consumidores.

As Colonias Americanas e a Metrópole

Os primeiros colonos británicos chegáran a América do norte no ano 1620 a bordo do navío Mayflower. No século XVIII eran xa aproximadamente 300 000, e as súas relacións coa metrópole eran cada vez máis tensas. O principal tema de fricción eran os impostos, porque os colonos consideraban ilegais moitos dos que lles impoñía o Parlamento británico, unha institución na que, polo demais, non tiñan representantes.

Cansados dos impostos sobre o azucre e sobre o té, en decembro de 1773 os colonos americanos guindaron ao mar o cargamento de té de dous barcos ingleses que atracaran no porto de Boston. Así comezaron as hostilidades. Tras varios actos de rebeldía, as 13 colonias británicas publicaron en 1776 a súa Declaración de Independencia. Despois dunha longa guerra, Gran Bretaña aceptouna e, en 1783, asinouse a Paz de Versalhes.

A Guerra de Sucesión

Felipe V soamente se puido facer coa coroa española despois dun duro enfrontamento que se librou en dous ámbitos:

  • Europa: O conflito europeo debeuse a que algunhas potencias, especialmente Gran Bretaña, as Provincias Unidas e o Sacro Imperio, temían que ao reinar a Casa de Borbón en Francia e en España, os dous reinos se unisen. Para evitar esta alteración do equilibrio europeo, propoñían como rei ao arquiduque Carlos de Austria, quen tamén alegaba dereitos ao trono español.
  • España: O problema sucesorio derivou nunha guerra civil en España. Nel enfrontáronse os partidarios de Felipe V, que eran maioría nos reinos de Castela, cos de Carlos de Austria, que tiña os seus apoios na Coroa de Aragón. Estes últimos temían que os Borbóns impuxesen en España o modelo de Estado centralizado e absolutista que practicaban en Francia.

A guerra acabou coa Paz de Utrecht (1713-1714), un conxunto de tratados nos que se facía unha repartición territorial onde España cedía territorios a Austria, Gran Bretaña e Saboia.

Os Decretos de Nova Planta

Unha das primeiras medidas de Felipe V dirixiuse contra os territorios da Coroa de Aragón que se lle enfrontaran na guerra de sucesión. Coa publicación dos Decretos de Nova Planta, quedaron aboliídos todos os foros e privilexios de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca, e tamén se suprimiron as súas Cortes. Desde entón, rexeríanse polas mesmas leis ca Castela. Este proceso coñécese como centralización.

Como sinalaba o propio decreto, considerando que os reinos de Aragón e Valencia perderan os seus foros e privilexios pola rebelión que cometeron, e engadindo o dereito de conquista, xulgouse preciso reducir todos os reinos de España á uniformidade das leis de Castela.

Política Interior e Exterior dos Borbóns

Os Borbóns implantaron en España o modelo absolutista francés. Na política interior centráronse en dous obxectivos:

  1. Fortalecer o absolutismo: Debilitaron o poder da nobreza hereditaria e intentaron aumentar o poder do monarca fronte ao da Igrexa (política coñecida como regalismo).
  2. Crear institucións: Estas debían adecuar se ao novo tipo de Estado centralizado, como as secretarias de Estado.

A política exterior estivo condicionada polos pactos de familia dos monarcas que sucederon a Felipe V. O máis destacado foi Carlos III, que pasou á historia como o modelo de monarca déspota ilustrado en España.

Reformas Económicas

Para lograr a modernización do país, leváronse a cabo as seguintes reformas:

  • O fomento da industria: Fundación das reais fábricas e de diferentes escolas de artes e oficios.
  • O desenvolvemento do comercio: Puxese fin ao monopolio de Sevilla e Cádiz, permitindo que novos portos españois puidesen comerciar con América.
  • Vías de comunicación: Melloráronse coa construción dunha rede radial de estradas.
  • A modernización da agricultura: O Estado inspirouse nas propostas fisiócratas para modernizar a agricultura.